Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao tempo que lle dicía retranqueiramente: “A moitos Gobernadores Civís coñecín eu, si señor!”. E alá que marcha sen falar unha palabra de máis.
Vén a conto esta anécdota porque eu tamén coñecín e tratei a un deles, a Virginio Fuentes Martínez, un valenciano, que o goberno presidido por Felipe González nomeou acertadamente Gobernador Civil de Pontevedra no ano 1982. Coido que estaba adscrito a Izquierda Socialista, unha das correntes organizadas dentro do PSOE.
Durante os catro anos que permaneceu no cargo tivemos ocasións para participarmos en actos que eu organizaba no Concello de Redondela na miña etapa de responsable das áreas de cultura e lingua. Durante este tempo Virginio Fuentes fixera un meritorio esforzo por inculturizarse no país. Mesmo chegou a pronunciar en galego algunhas intervencións públicas e a escribir varias colaboracións periodísticas no noso idioma. Recordo escoitarlle un emocionado discurso sobre Castelao e o galeguismo o día que inauguramos na alameda o monumento ao autor do “Sempre en Galiza” en 1986.
Virginio Fuentes tivo que afrontar os desmáns de antigos policías da Brigada-Político Social atrincheirados na Comisaria de Vigo. Funcionarios corruptos que protagonizaron durante o franquismo as vilezas e torturas máis inhumanas que se poidan imaxinar. Aquel grupo de delincuentes protagonizaron nos comezos da trapalleira transición democrática toda caste de falcatruadas. Virginio, por exemplo, tiña a intuición de que a bomba que se puxera no Cine Vigo o día do estreo da película de Pilar Miró, “El críme de Cuenca”, para impedir a proxección do filme, fora cousa deles. Aquel atentado puido ser realizado presumiblemente coa cobertura do comisario-xefe en Vigo, Antonio Rosino Blanco, que daquela codirixía os GAL, tal e como quedou acreditado na sentenza que o condenou por pertenza a banda armada pola tivo que cumprir varios anos de prisión.
Virginio contárame como un presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra alertaba aos seus amigos contrabandistas cada vez que o Ministerio do Interior preparaba un operativo para a súa detención. Co tempo, víase vir, acabaron creando unha organización criminal dedicada á distribución de droga en cantidades industriais, causando centos de mortes.
A miña admiración por Virginio Fuentes foi medrando ao tempo que fomos afortalando a nosa amizade e complicidade. No tempo que dirixíu o Goberno Civil demostrou ter un talento político superior á media dos gobernantes de entón, e un talante exquisito nos diálogos cos interlocutores sociais e institucionais que acudían ao seu despacho. Esto manifestábase nas simpantías que espertaba. Por estes méritos foi merecente das louvanzas da meirande parte dos axentes sociais.
Tiven a oportunidade de comprobar que era un político de acentuadas conviccións democráticas co gallo dun suceso que me aconteceu en 1984. Naquela altura era eu, como queda dito, funcionario do Concello de Redondela. Virginio Fuentes concedeume o privilexio nada común de someter a un tenso interrogatorio na alcaldia do Concello de Redondela ao comisario-xefe de policía, Jorge Mosquera, que me torturara en tempos da ditadura, por provocar a miña detención en marzo de 1984 reactualizando unha “orde de busca e captura” ditada en outubro de 1975, e que fora amnistiada por lei en xuño de 1976. Virginio Fuentes mandarao ir a Redondela para darme explicacións daquela detención ilegal. Do que aconteceu ali durante hora e media pode dar conta o entón alcalde Xaime Rei Barreiro que o presenciou. Nunca puido imaxinar aquel torturador que algún día o torturado íao interrogar a el. Nunca tiven na miña vida tamaña satisafación.
Romedando a Ánxel Fole, eu si que podo dicir que coñecín gobernadores civís, pero ningún como Virginio Fuentes Martínez, un político de conduta intachable, que prestixiou a institución que dirixíu en Pontevedra, accesible á cidadanía, repartindo con todos a empatía que o caracterizaba. Del podería contar algunhas anécdotas máis, todas reveladoras dunha rexa personalidade. Os gobernadores civís e subdelegados do Goberno que o sucederon tempos despois non superaron o seu maxistral exemplo. Virginio Fuentes deixou unha imborrable memoria en Pontevedra que algúns rememoraremos cantas veces nos sexa posible.
* Directivo da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”