O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Con esta terceira entrega, que ten como protagonista o labor de “J. Cesar “, como corresponsal do xornal “La Región” no Irixo, durante alomenos unha década, non se descarta a posibilidade de que eu ou outra persoa lle dea outra volta á súa produción escrita como corresponsal-xornalista ou como creador literario entre a ficción e a realidade popular. Ambas facetas xa quedan abondo recollidas -aínda que adaptadas para a súa difusión neste medio- nas dús reportaxes anteriores que  foron reservadas a tal fin.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 Pois ben, co obxectivo de sistematizar esa recopilación de colaboracións de toda unha década, procurouse un exercizo de  clasificación temática adaptada ao caso -outra cousa é que resulte didáctico-. Xa vimos que non se trata dunha ordenación  segundo subxéneros peridodísticos (nova, crónica, reportaxe, entrevista, opinión…) seccións (Nacional, local, comarcal, deporte, economía)…, senón de temas de interese local, moitos deles reiterados en distintos momentos, cuxo obxectivo prioritario foi de sistematización, tanto para o que escribe como para as persoas receptoras destas liñas. 

(La Región: 24-02-1967. J. César.)

  Nesta liña argumental, presentamos a continuación os seguintes apartados referidos a: infraestruturas (vías de comunicación/concentraciónparcelaria; administración local e sindical, sociedade (eventos, homenaxes, inauguracións, necrolóxicas, enlaces, ). 

 1.-Infraestruturas. En “El municipio a través de sus vías de comunicación”, Julio pon de manifesto as carencias que se viñan arrastrando desde había tempo nos camiños, que foron despois as “pistas” interiores, e a estrada central, pero que nesa década 1960-70 empezaban a dar síntomas de certa normalidade, pero sempre contando coa colaboración da veciñanza, tanto pola súa imprescindible man de obra, coma pola cesión gratuíta da maior parte do terreo, cando non era suficiente o ancho dos vellos camiños que ían dun lugar a outro.

 Comenta que nese momento está resolto o problema nas parroquias do Campo e Cusanca, así como da conexión cara á Ermida do Campo, Parada, Froufe e seguen a traballar na ampliación cara a Loureiro, Corneda, Cangues…que a parroquia de Reádigos “la más incomunicada, rompe su pasividad  y trabaja en la construcción  de una que parte de Ventosa y otra desde A Bugalleira de  Arrriba pasando por la Pena de la Sela a Santiso y Saavedra..”


Si bien la totalidad de estas pistas -las ya existentes- carecen de firme necesario que consolide el terreno de circulación…todo hace suponer que en un futuro cercano el municipio estará totalemnte comunicado y los núcleos parroquiales contarán con las vías de acceso necesarias que aportarán los más valiosos al desarrollo económico de los pueblos”.

 Un ano antes xa lle dera translado á Xefatura de Obras Públicas do estado lamentable no que se atopaba a estrada O Carballiño-Lalín.

 Dese estado de abandono aínda podemos dar fe algúns dos que por aquel entón empezabamos a compartir vehículo nos coches de liña ou os primeiros que foron chegando á entrada dos lugares -os garaxes de “bloque” e cubertas de “Uralita”  son un bo exemplo do feísmo herdado daquel entón-, ata que puideron chegar á  portada ou dentro do curro para aparcadoiro. O Furo da Bugalleira como camineiro, a pesar da súa preocupación, non daba reparado os croios de punta co pouco xabre que ía quedando no centro e nas beiravías.

 Ás veces as denuncias públicas de Julio víanse amplificadas por outras persoas da súa contorna que con moita ironía e cargadas de humor  poñían o dedo sobre a mesma chaga catro anos despois en 1970. Así foi o caso de M. V. C., veciño de Dadín, que por aquel entón exercía como Funcionario na Alcaldía e se desprazaba con moita frecuencia ao Carballiño. Ao ano seguinte inaugúrase o asfaltado do firme.

La Región: 29-03-197O relato completo, un alarde de ironía e humor mordaz.

  Nalgunha ocasión “Nuestro Corresponsal” solicita se teña en conta  a petición  dalgunha obra menor e o agradecemento pola súa realización: A ponte do Xeixo cara Saavedra (12-03-1966;  en construción: 16-11-1967);  así como a inauguración de varias obras (28-08-1970) nas que participa o alcalde do Carballiño, Javier Perea Rodríguez,  Gisleno Otero Lois, alcalde do Irixo; Consejo Local del Movimiento: Traída de aguas a Subirol-Froufese aprovechó el preciado líquido de fuentes naturales para encauzarlo a la utilidad pública”;”Puente en la Condomiña de Campo”. “Para cómodo y buen servicio entre los núcleos parroquiales de Cangues y Loureiro  -afincados sobre fértil valle y con importante riqueza forestal- se construyó un amplio y sólido puente sobre el río Pedriña”. “Un pozo para regadío en Dadín…que por hallarse en el corazón del pueblo se estima de valor incalculable esta constrcción”.

 Todos eles  “contando con los presupuestos  facilitados por el Ayuntamiento y prestación personal del vecindario” .

 Un ano  (27-08-1971) maís tarde tamén se dá conta doutras inauguracións, “con motivo del 18 de julio”: Traídas de augas a: Espiñeira, Froufe, Cebral, Silvares, Cusanca, Coto, Subirol Sidre, Barro de Loureiro, Quintero, Alén y Alemparte (se aprovecho el preciado…).

GIsleno Otero Lois, xunto co Gobernador Civil, inaugura a estrada a Meixe

 Fuente con lavadero-abrevadero en Santiso; Alumbrado publico en el Enfreado y reformas en la Casas Consistorial, además de una subvencióa de 100.000 psts para la pista a Cebral.Auga a Nogueiroa (3-12-1972); Construcción de tranformador en Lajas (21-05-1969); Luz eléctrica na Seara (7-10-1964):”Concluye la campaña de electrificación”. Despois de dar a boa nova engade Julio: “Gracias a la ayuda consignada oficialmente y al celo de la primera autoridad local, don Gisleno Otero Lois, amén de las aportaciones del vecindario, el sueño se convierte en realidad al alumbrar hace días, en un atardecer jamás olvidado por marcar la más brillante faceta de la vida de esta pequeña aldea, las lámparas en cada una de las moradas que tantos años vivieron sumidas en las tinieblas del atraso”.

Outra das grandes obras levada a cabo durante o mandato de Gisleno foi o inicio da construción do Grupo Escolar na Ponte (2 de maio de 1972), que supón a clausura de todas as escolas do concello e a ruína actual da maioría delas ou empregadas para fins non escolares. Disque, na construción do “Grupo” tería unha influencia relevante o inspector Emilio Nogueira Dacosta (natural Da Costa-Cusanca), e o presidente da Camara Agraria Cesáreo Villaverde.

 Por todo o anterior, no ámbito  das infraestruturas, as décadas dos anos sesenta-setenta poden avaliarse positivamente contando coa demanda social coa axuda da administración, pero imposible de realizarse de non ser pola entrega e o sacrificio do vecindario, tanto polo traballo como pola cesión do terreo e a aportación económica. A modo de exemplo, e con respecto ao servizo de Telefónica, ao comenzo chegou aos lugares a  algún domicilio particular o teléfono público, pero cando se trataba de liñas de uso particular foron moitas as familias as que se viron forzadas a pagar elevadas cantidades de diñeiro para sufragar o tendido e o acceso á liña.

Como diciamos na primeira colaboración, na que Julio actuaba como Corresponsal, se poñía de manifesto unha petición que se valoraba como urxente, tanto por parte daquel como do alcalde de turno: A Concentración Parcelaria. A opinión de Gisleno fora contundente, tal e como estaba observando a evolución dos acontecementos. Nesa ocasión, das poucas nas que o Ministerio estaba colaborando para executala no Campo e Cusanca, foi paralizada cando estaba practicamente materializada, coas pistas feitas -de non ser por estas, quizais se retrasaran tempo abondo os accesos á maioria dos lugares das dúas parroquias-. Fálouse de manipulación, nepotismo,  favoritismo, caciquismo…evidentemente ilexítimo pero quizais fose un mal menor, comparado coas consecuencias que está a ter na actualidade. Os datos eran -son- arrepiantes: 18.175 parcelas, 810 Has., 1.022 propietarios; tamaño medio das parcelas: 4,46 áreas; cada propietario: unhas 16 parcelas  -creo que máis, aínda hoxe-; superficie total por propietario: 80 áreas aprox. A modo de curiosidade, lembro que a veiga de Casares, por onde pasa a pista para Marnotes, estaba sementada de centeo, e aínda verde fora segado para o gando. Ata o mesmo don David Ureña, párroco no Campo, apoiara a revolta veciñal en contra do proxecto.

 A chegada das primeiras televisións ás tabernas fora acollida con moita ilusión e curiosidade. De entrada son moitas as dificultades para a emisión cun mínimo de calidade e continuidade. A reclamación de Julio, a modo de portavoz de moitas das carencias que estaban no día a día do concello, non se fixo esperar: “LA TELEVISIÓN EN EL MUNICIPIO” (La Región:10-02-1970).

 “ Si durante los días de riguroso invierno, numerosas y casi continuas, sufrimos las consecuencias de un deficiente servicio en el suministro de energía eléctrica, con la consiguiente desesperación del paciente abonado que sufre y calla, no sin antes poner el grito en el cielo, ahora para colmo de desdichas, un nuevo problema se plantea en torno a la televisión, que dada su permanencia y no vislumbrándose posibilidad de mejoría, merece se tome en consideración.

 De forma totalmente inexplicable y desconociendo los móviles de tal cuestión -la parte técnica tiene la palabra- el funcionamiento de televisores en la casi totalidad del municipio está supeditado a una serie de continuas interferencias que dificultan la perfecta visión. La vibración de imagen, deformación y desdoble de la figura en la pantalla, presentando a veces caras raras, y la recepción de imagen que parece en negativo, se alternan mutuamente para aguar la velada y tener que prescindir de este moderno medio  informativo ante la persistencia de tan lamentable circunstancia.

 …en fin,  parece ser como si en este municipio encontrasen feliz campo de acción los duros contratiempos, hostigándolos de una forma u otra para mantener en vilo a la población, que al fin y al cabo son seres que tienen derecho a gozar de los beneficios como el que vive en ciudades o pueblos de elevado censo”. (J. César).

 -En fin, podía dicilo máis alto nun mitin, pero non máis claro nin contundente, no xornal.

2.-Administración local e sindical.

 En realidade, tanto os temas anteriores como algúns dos que seguen están interrelacionados, se temos en conta que a maior parte do que se está a comentar pasaba obrigatoriamente pola man da máxima autoridade local: O alcalde.

 Desta volta traemos a esta crónica algún  motivo que, polo seu titular, nun primeiro momento pode sorprender, dado o contexto da situación política da ditadura, e o que parece propoñerse como algo asambleario. Así, o 16 de setembro de 1964, Julio publica unha “tira” baixo o titular de “CELEBRACIÓN DE CONCEJOS ABIERTOS” na que recolle, entre outras curiosidades que :”En concejos abiertos celebrados recientemente en las distiantas parroquias del municipio, bajo la presidencia del alcalde don Gisleno O. L., y con asistencia de alcalde de barrio y público en general, se trataron cuestiones referentes a problemas de importancia vital para bien y mejora del municipio.

Parroquias de Froufe y “Carballeda”

El vecindario expuso cuantos problemas radican en el área de sus pueblos y que necesitan urgente solución, mostrándose sumamente complacidos por el interés desarrollado en bien de sus intereses.”

 Despois de numerar todas as necesidades que cada lugar presentaba…Julio fai a seguinte reflexión do que xa daquela se presaxiaba:

 “El plan de mejoras en el medio rural, emprendido hace tiempo, pero actualmente tratado con mayor celo e interés, es punto clave para la protección de los valores agrícolas, animando al labrador a cultivar sus tierras y haciendo factible la vida dentro del medio rural, con lo cual se conseguirá desterrar poco a poco, el abandono que día a día, como aguda enfermedad, va en continuo aumento y relega las tierras de labor a su primitivo estado de esterilidad”. 

Con respecto ao servizo de Extensión agraria do Carballiño, Julio xa dera conta con anterioridade da celebración dun “CURSILLO SOBRE ALIMENTACIÓN Y MEJORA GANADERA”, no Carballiño, en outubro de 1966, no que participaron varios ponentes, entre os que se atopaba o veterinario titular do Irixo, don Pedro Álvarez Beltrán, ademais de visitar a granxa de Fontefiz, algunha finca particular onde se mostrou o proceso de ensilado, expresando a vontade de  ir “introduciendo métodos nuevos que pronto darán el fruto deseado en torno a la  ganadería”. (La Región: 22-11-1966). –Desgrazadamente o exemplo non deu os froitos agardados-.

“Hermandad de Labradores, maestros y otros asistentes:11-03-51.Actos del radiomensaje del Papa Pío XII dirigido a los sindicatos españoles”. Aí podemos identificar ao que ía ser “Nuestro corresponsal J. César”, ao mestre e alcalde Avelino Penelas, ao mestre Florentino, a don David Ureña, cura do Campo, outros veciños da Ponte, As Laxas, Saavedra

3.-Sociedade. Neste apartado inclúense todas aquelas novas que o corresponsal J. César considerou que eran merecedoras de atención naquel momento e teñen como protagonista a alguén de xeito individual ou eventos colectivos.

Na escola de Casares do Campo, inaugurada en 1958 segundo a placa  co xugo e as frechas na lumieira. Cara 1966, don Florentino e dona Rosa na compaña dos naipelos de Marnotes, A Reguega, Orosa, Menaz, O Cardedo e Casares

 Estado actual do sólido edificio ao que se lle derrubaron os pendellos adxuntos en cada extremo. Conta cun amplo campo adxunto cedido de balde pola veciñanza.

 Nun primeiro grupo incluímos os nomes daquelas persoas que, por unha ou outra razón deixaron algunha pegada singular entre a veciñanza. Así foi o caso do párroco de Dadín, don Manuel Rodríguez Mouriño, co que Julio mantivo unha fonda amizade, ao que lle adica unha extensa loanza con motivo de “Sus bodas de oro parroquiales”:

“En este glorioso día en que la iglesia celebra la festividad de Pedro y Pablo, los fieles de una parroquia a la que Pedro da su nombre por haber sido elegido su Patrón, vibrarán gozosos ante el fausto acontecimeinto que hoy va a registrarse. Su venerable párroco, pastor de esta grey, celebra sus bodas de oro parroquiales, que simbolizan el regalo con que Dios quiere premiar su labor apostólica al depararle la dicha de alcanzar meta tan jubilosa”.

 Julio, como persoa moi cercana a don Manuel, despois de trazar a biografía do homenaxeado e resumir o cúmulo de virtudes que concorrían neste, conclúe o derradeiro parágrafo con estas  sentidas verbas:

“En esta fecha jubilosa para él y grata  para sus feligreses, este Corresponsal, hijo espiritual de su parroquia, no puede sentirse ajeno a lo significativo de la jornada, y aun cuando su labor es callada y su deseo pasar inadvertido a los ojos del mundo exterior, tal es su grado de humildad, le ruego acepte esta humilde reseña de su vida, que entraña y exterioriza el afecto, simpatía y cariño de su pueblo, como la mejor muestra de adhesión y el deseo de que su vida se prolongue venturosos años, con la seguridad de que cuando la hora final llegue su recuerdo permanecerá latente entre sus feligreses.” (La Región: 29-06-1969).

 -Con respecto á opinión de Julio, eu reitero a mesma opinión sobre don Manuel, na medida que comparto parroquia con ambos os dous, ademais de estarlle agradecido en nome do meu pai, pola súa intercesión nun conflito de “mangos”con outro cura da parroquia limítrofe da Cidá-  –Que a terra lles sexa leve.

NECROLÓXICAS

 Houbo outras moitas persoas ás que adicou un sentido recordo, unhas de maior relevancia, e outras de entre o común. Entre as primeiras lémbrase do aniversario de dona Manuela Rodríguez Macía, cabeza de familia de recoñecida traxectoria política con casa grande, pombal, hórreo e  extensos bens (La Región: 20-01-1966); así como de don Manuel López Suárez, da mesma familia que dona Manuela: “El virtuoso sacerdote, miembro de una familia de relevante prestigio, estima y consideración en el -ambito comarcal, no vaciló en consagrar su vida a la sublime misión de discípulo de Cristo.”(La Región. 20-03-1970).

 Publica tamén unha extensa crónica do que fora párroco de Corneda, natural de Torcela, falecido á idade de 45 anos, sendo arcipreste do concello do Irixo: DonGerardo Vázquez Álvarez( La Región:28-11-1970).

 En lembranza de persoas do seu “gremio” (industrial), tamén lles tributa unha homenaxe a Jesús Parada Varela e á súa dona Dolores Muñoz Lois (dos de Gaván) por “el fallecimiento de de esta virtuosa señora, madre ejemplar y adornada con las valiosas virtudes de un buen sentido de la caridad, afabilidad y responsabilidad en el cumplimiento de sus deberes, tanto cristianos como sociales, causó hondo y profundo sentir entre sus convecinos y quienes tuvieron la dicha de tratarla personalmente durante la permanencia en esta vida.”  (La Región:12-04-1972).

 Con anterioridade xa adicara unhas verbas garimosas  para o seu conveciño, tamén “industrial”,José Corral Valeiras, marido de María Alvarez Conde (dos do Conde de Dadín, cos que estaba emparentada a ilustre poeta Carmen Conde Abellán (1907-1996), primeira muller en ingresar na Real Academia Española. (La Región:  14-02-1970).

 Como necrolóxica de impacto foi aquela cuxo titular rezaba así: “FALLECIMIENTO DE DOS HERMANOS CENTENARIOS”. “Se registró en la parroquia de Loureiro, de este municipio, de la cual eran naturales y vecinos los hermanos Casimiro Lois Bernárdez de 101 años de edad y doña Vicenta, que rebasaba los 102” (La Región:11-11-1971). Da mesma parroquia tamén se fixera eco da morte aos 98 anos de  María Conde Cerdeira, viuda de  Andrés Bernárdez, perteneciente a familia muy conocida en el ámbito municipal (La Región: 11-11-1971).

 Polo que vemos, incluso  nestas breves notas necrolóxicas, a modo de cartas de despedida e de afecto coas familias, Julio non aforra en adxectivos para enxalzar a persoas que tiveron unha presenza máis ou menos recoñecida entre o vecindario. Polo que podemos afirmar que, incluso el se eseraba escribindo, maís alá do virtuosismo da persoa obxecto de atención.

 Se a morte lle ofrecía a posibilidade de recrearse na escrita, non o ían ser menos as celebracións matrimoniais. Neste caso diríase que “pecou” un pouco de localista polos casos que puiden recoller, na súa maioría do lugar de Dadín –ou acaso, porque era o centro de atención local!.

ENLACES

 Desde logo, o primeiro caso de enlace matrimonial relatado por Julio non era para menos porque se trata dunha das netas de don Hermesindo e dona Elvira de Dadín (Os da Casa Grande): ENLACE GONZÁLEZ GURRIARÁN-RIONEGRO PÉREZ.

Vexamos con algúns exemplos, se Julio estivo á altura das circunstancias para relatar tan senlleira crónica de sociedade. –Ollo aos adxectivos!

“En la iglesia parroquial de San Pedro de Dadín, profusamente engalanada, santificaron sus amores la bella y distinguida señorita María del Pilar Rionegro Pérez y el joven don Elías González Gurriarán.

 Bendijo la sagrada unión el reverendo don Andrés Vázquez…

 La novia hizo su entrada en el templo dando el brazo a su tío y padrino… y él de rigurosa etiqueta daba el suyo…. Portaban las arras y alianzas los niños…La novía vestía modelo de faya natural, con adornos de pedrería y tocado de rosas blancas, con velo de tul de seda natural y portaba un ramo de rosas.

 Firmaron como testigos por parte de la novia, sus tíos Ricardo Martín Esperanza, director de la Caja Provincial de Ahorrros y don Alfonso Pérez López, industrial de Orense. Por parte del novio, sus hermanos don Luís y don Jorge.

 Ostentaba la representación judicial el tío de la desposada, don Ramón Pérez López, secretario de la Delegación de Trabajo de Vigo.

 Banquete en la casa de la novia….

 Nuestra más cordial enhorabuena.(La Región: 4-07-1964). Inclúese foto dos desposados.

-Calquera pensaría que Julio fose un especialista nas crónicas de sociedade. Ou da prensa do corazón…Ou non?

      Nesta sección de sociedade seguiron outras como as celebradas, tamén en Dadín entre: “la encantadora señorita Olga López Fos y el joven Juan Bravo Pregigueiro, participa como cura don Manuel,-quien dirigió a los contrayentes hermosa plática alusiva al acto-; la representación judicial fue ostentada por Manuel Villanueva

  La Región: 04-07-1964; 10-11-1971) (De nuestro corresponsal J. César)

Castro, firmaron como testigos: don Gisleno Otero Nóvoa, don Manuel Gil, don Ramón Taboada, don Juan Penedo y don Julio Taboada. Almuerzo en la Casa Azul de Carballino” (La Región 25-10-1972).

No ano 1970 foron Elisa Pérez López de Dadín y el “joven” Manuel Novoa Domínguez os que seguiron a mesma senda. Con espléndido almuerzo en Casa Celia de Carballino y “deseamos a la feliz pareja eterna luna de miel”.

    Nese mesmo ano: “NUEVO HOGAR”: “Han contraído matrimonio la encantadora señorita María Elvira Taboada Pousa y el joven José Martínez Estévez. Ella de conocida familia de la localidad y el de Salceda de Caselas (Porriño). Suculento banquete en el restaurante Casa Azul” (La Región 29-01-1970).

    Noutra ocasión infórmanos que na parroquia de Parada contrae matrimonio Adelina Diéguez Fernández, hija del industrial Antonio Diéguez Teira y el joven Edelmiro Iglesias Nogueira, de conocida familia de Dadín”.Con banquete “hasta altas horas de la madrugada en casa de la novia” (La Región: 22-02-1969)

     Na parroquia do Campo dá noticia de “ENLACE VILLAVERDE GARCÍA-PEREZ FRNÁNDEZ” “Ante el altar mayor de la iglesia parroquial de S. M. del Campo, artisticamente engalanada, santificaron sus amores, el pasado día tres, la encantadora señorita Felisinda Pérez García y don Cesáreo Villaverde García.

  Ofició y bendijo la sagrada unión el reverendo don Emilio Duro Peña de la S.I. Catedral de Orense, quien en magistral oratoria dirigió a los contrayentes emotiva plática alusiva al acto.

   Están representados como testigos varios  mestres: Manuel Gil, Florentino, J. Antonio; don Pedro, veterinario, Edelmiro Nogueira, capitán de Infantería, Gisleno, alcalde, Raúl Hidalgo, médico…A continuación espléndido banquete en sala de fiestas Reque, que se prolongó durante varias horas.

    Felicitamos a los contrayentes y, de manera especial, a Cesáreo Villaverde Estévez, secretario de la Hermandad Sindical. (La Región 9-09-1964).

  Damos por conluída esta sección adicada aos enlaces celebrados nalgunhas das parroquias do concello coa unión de  SALGADO PÉREZ-PÉREZ BERNÁRDEZ na igrexa parroquial do Campo.Trátase de Rosa María Sela Pérez Bernárdez, filla de don Florentino e dona Rosa, mestres. O banquete celebraríase “cun espléndido almuerzo servido en el Hotel Esclavo”. (La Región: 10-11-1971).

      Aclaración: Na anterior reportaxe, que como saben as sempre senlleiras persoas que ata a presente  se teñen achegado ata aquí, advertira que aquela sería a derradeira adicada a “J. César” como “Nuestro Corresponsal” de “La Región” no Irixo.

      Pois non, mais, prometo pola virxe da Pena da Sela, que a seguinte será, non a última, senón a derradeira, porque comprenderán vostedes que desta volta para celebrarmos o Entroido xa  imos indo. Grazas.

     Xulio Dobarro Ferradás

     O Irixo-Saavedra: 28 de febreiro de 2025.


Outros artigos de Xulio Dobarro

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.