O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo

Neste día catro dun febreiro solleiro presentouse no Carballiño unha boa representación de comparsas da bisbarra. Algunhas delas, como a do Irixo, xa fixeran a súa actuación-ensaio nos días previos no propio concello. Os Parrandas desfilaran na capital, entre os lugares das Laxas e da Ponte, partindo desde O Coto ao pé da Residencia de maiores Pena da Sela, ata o pavillón municipal. As beirarrúas estaban atestadas de rapazada e maiores, porque escoitaran que este ano ía ser especial, que ían superar a “coscada” do ano pasado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 Desfile no Carballiño. Preparativos do galiñeiro. Poleiro antigo.

Abofé que non defraudaron; as expectativas cumprironse sobradamente, cando nun número de oitenta e cinco participantes empezaron a saír da casca do ovo, escondidos entre os carballos e os piñeiros galos, galiñas, poliños, perús reais, faisáns, dous quicos, raposos e galiñeiros –homes que se adican ao coidado das galiñas, ademais do recinto propio das galiñas-.”O galiñeiro acollía os motivos propios da súa función: a galiña chocando, os froitos típicos da súa alimentación, como era antes, a base de millo, verzas, trigo, fariña para amasarlle aos poliños  despois de debullar o millo, ir ao muíño e pasar a fariña pola peneira por se algún dos pitiños se atragoaba.

 A escoucha do millo, aínda que manual, máis rápida cá de “espiga contra espiga”. Os carolos, bos para o lume. Galiñeiros, e galiñas desplumadas á conta do entroido.

No curro da casa tradicional, co galiñeiro “familiar” debaixo da solaina, o cuberto para os apeiros, acceso á cociña de lareira e  outro “industrial” illado  (cara 1950)

Tamén se vían por alí algúns outros obxectos como a máquina de debullar, os caldeiros e as tinas de cinc, de tanto uso na depauperada economía familiar. Presidindo o galiñeiro, á espreita, unha alimaña que non sabía que á entrada daquel agardábao un garamelo amañado, para que non repetira  ese mal costume de entrar, matar a todo bicho vivente de dúas patas, peteiro, plumas e crista vermella, como era a súa práctica habitual, deixalas estragadas, e cando se vía farto simulaba que  durmía e xa non sería a primeira vez que o pillan coa soneca e o lanzan fóra do galiñeiro e se bota a fuxir como un lóstrego. -Polo que se ve, o de raposo ou golpe élle ben acaído a aquelas  persoas que destacan pola súa cualidade de astuto, arteiro, aínda que con certa connotación negativa-.

 Con respecto á coordinación da iniciativa, é unha xunta directiva a que decide o disfraz colectivo e se responsabiliza da adquisición das prendas necesarias para a representación. Unha vez reunido o material e as persoas necesarias, cadaquén encárgase da confección do seu.

 O taller e centro de reunións foi na antiga escola de Casares, que recobraba vida nestes días, onde o campo de recreo estaba ateigado de coches, mentres no interior se estaba a “coser e cantar” a bo ritmo para completar o baile no pavillón municipal, mentres se daban os últimos retoques ao galiñeiro pola parte de Loureiro.

 En fin, todo un alarde de vontade, ilusión e traballo para completar a tarefa e acadar ese ben merecido primeiro premio no concurso do Carballiño dotado con  1300 € máis o Premio especial de 300. Obxecivo nada doado de acadar dado o alto nivel das demais comparsas participantes, o que será un estímulo para que outras persoas se sumen a esta e outras iniciativas da man da Asociación “Os Parrandas do Irixo”.

 A modo de curiosidade, e sabendo que a lingua de uso comun entre os membros da asociación é a Lingua galega, e sen o menor ánimo de critica, resulta curioso comprobar como no Dicionario da Real Academia Galega, non consta este vocábulo que seguramente se estará reservando para a palabra “Esmorga”, porque, cando se dá a tradución da novela de E. Blanco Amor ao castelán tradúcese por “Parranda”. Evidentemente, esta observación non debe ser motivo para subsituír unha por outra, e Deus me libre de querer crear confusión…ademais, teño a experiencia dun meu antepasado cando con motivo dun incidente familiar, resolveu  a situación con esta frase: Por culpa do Ribera parrandera.! cando un meu curmán perdera o zoco por  quedar mirando para o autobús da empresa carballiñesa daquel nome.

 Algúen se vai preguntar a que vén esta incursión na comparsa do entroido con estas mostras fotográficas alleas á esmorga. Pois, para demostrar que, así como tradicionalmente se considera que o concello do Irixo é de economía eminentemente de base agrícola, forestal e gandeira, pero sempre pensando no gando vacún, -disque ata 16000 vacas se resixtraban hai arredor de cen anos-, hai que dicir que o número de galiñas superaría sobradamente esa cifra a mediados do século pasado cando se levou a cabo unha febre construtiva de galiñeiros  con varías mostras en case todas as parroquias, antes da presenza aillada de Coren-Uteco. Estou a visualizar varios exemplos no lugar de Saavedra (sete), ademais de Marnotes ( dous, con incubadora incluída), Orros, Outeiro-Campeliños, todos eles seguindo un mesmo modelo construtivo: enxido para asoellar as galiñas, grandes ventanais para a entrada de luz e sol, base e piares de granito, con algunha excepción a base de formigón, tellado a unha soa auga, ademais da ventilación superior e posterior. O seu interior completábase  cos niños individuais, comedeiros, bebedeiros e estufa para os días de friaxe. Na actualidade, uns en ruínas e outros con reformas un tanto desafortunadas con respecto ao modelo  tradiciónal.

 En realidade esta iniciativa emprendedora viña motivada pola creación no Carballiño dunha Cooperativa Avícola que se foi xestando entre os anos 1950-1957 (El Pueblo gallego:5 de setembro de 1957), que presidía “El consejo de Vigilancia” don Aurelio Miras Azor, cunha xunta rectora dirixida por don Evaristo Carballo Novoa, tesoureiro, don Perfectino Viéitez…Así vemos que, entre outros produtores de ovos queda documentado o nome de Santiago Cacho Cacho, “El Castellano”,  cando en 1952 realiza un pedido a Valladolid de “Pollas ponederas” da raza Leghor brancas para a súa explotación de aproximadamente un cento de galiñas.

 Quizais, se houbese que adoptar algún animal doméstico como mascota para o concello, habería que pensar nunha galiña. Polo tanto a escolla dos Parrandas para o entroido non puido estar maís acertada.

Agás o que está próximo á vía, os demais corresponden a mediados de 1950

 Sobre a crianza de tan traballadora especie, tanto no celo posto no coidado dos poliños, como na súa actividade na busca de comida esgarabellando se pode, é excepcional. Un exemplo senlleiro de coidado filial e de proliferación da especie, que ás veces pode aparecer por sorpresa cunha recua de piriños, despois de chocar os ovos ás agachadas. 

 Actualmente, segue sendo un animal moi prezado cando se cría no entorno tradicional, sobre todo por aquilo dos “ovos da casa”, así como a súa carne máis escura, rexa  e máis saborosa. E tamén para aqueles “caldos limpos” que aconsellaban que as mulleres parturientas tomasen para aleitar mellor a descendencia.

 Hoxe xa resulta menos común algunha destas prácticas, como o de reproducilas na casa, porque para iso os ovos deben estar galados e non sempre é así, de tal maneira que se adoitan mercar cando xa están próximas a poñer, e os polos para carne exclusivamente.

 A galiña cando choca, non produce, pasa varios días procurando meterse no niño como se estivese incubando, o que nalgúns casos se lle trataba de reducir o efecto con algún baño de auga fría..

 Isto de ir á tenda mercar as galiñas xa ten deparado algunha sorpresa, como a que se conta dun veciño de Menaz que as metera nun saco e cando se deu conta xa afogaran.

Galiñas, perús reais, polos e poliños sempre atentos aos movementos do raposo

Algúns detalles do proceso de confección dos disfraces

 Nisto da choqueira hai algunha outra curiosidade relativa á crianza das galiñas, como foi a relatada polo corresponsal de “La Región” no Irixo, Julio César de Dadín que nun artigo titulado “La gallina y el paraguas” o dous de xuño de 1964, no que a muller protagonista, “La señora F. A.” foi obxecto de burla por algún veciño que lle descubriu o niño da galiña que estaba a chocar fora da casa e para protexela da choiva lle colocara un paraugas por enriba. Cando a galiña, os ovos e o paraugas desapareceron deuse conta que, en realidade non fora o raposo o que cometara o roubo, senón algún veciño ou transeúnte que pasara por alí. -Por unha vez, o raposo fora declarado inocente.

 “A quién culpar de la misteriosa desaparición?

 Al zorro no, pues no dudamos le sería de sabroso bocado la gallina, pero el paraguas no le interesaría, considerándolo como estorbo en un rápido desplazamiento.

 Quizás el culpable se diese un buen banquete con la gallina y se quedase como recuerdo con el paraguas. A no ser que por remordimiento de conciencia devuelva lo usurpado a su dueño. De todas forma queda sin averiguar la verdad del caso que deja a marido y mujer sin paraguas y sin gallina”.

 En todo caso, o que queremos suliñar é a escasa repercusión desta actividade como complemento da economía familiar a mediados do século pasado, que tivo un curto percorrido e de resultados adversos. O millo que se recollía nas familias era escaso, e os ovos que se vendían non cubrían gastos. Por iso se fixo popular aquilo de “animal de pico non pon o amo rico”.

O hórreo, por grande que fose, non abastecía o galiñeiro.Estes dos máis primitivos

Algúns obxectos do museo avícola: escouchador, picadora das verzas, bebedeiro e báscula para o control da dieta alimentaria das galiñas

GALIÑEIRO, POLEIRO ou GRANXEIRO, AVICULTOR..

Teño moitas dúbidas con respecto á aceptación popular  da denominación de “avicultor”, para os que se adicaron á industria avícola, pero tamén coa de “galiñeiro”. Nalgúns oficios conviven as dúas  denominacións -unha popular e outra culta-; así, o que cría abellas, apicultor, podemos tamén coñecelo como”meleiro” na solución popular; sen embargo, cunicultor, aplicado á cria de coellos tampouco ten variante popular; a de porcicultor aplicada á persoa que cría porcos, pero tamén puidera ser a de marraeiro, aínda que, como vimos, é máis usual para o que se adica ao mercado dos suínos. O que cría gando ten unha solución xeralmente admitida como gandeiro, aínda que pode haber matices, por exemplo, vaqueiro, cabreiro ou ovelleiro. Neste sentido, concluímos que nalgunhas actividades profesionais conviven os dous resultados, e noutras non, ou menos.

 Polo que respecta á avicultura, esta, ademais das galiñas, inclúe outras especies, entre elas, os pavos, os parrulos, os gansos, as ocas, e incluso a cría de paxaros, (ornitólogo)- canaricultor para canarios. Como lle podemos chamar ao coidador de galiñas -porque nunca se oíra, ou pouco  se oe entre nós o de avicultor-, cando sempre houbo galiñas, capóns, piros, polas, polos, e, galiñeiros, pero sempre entendido o de “galiñeiro” como unha construción adxectiva integrada na  vivenda habitual para o coidado das galiñas, ou incluso cando  a mediados da centuria anterior se estendeu a construción de galiñeiros -granxas máis tarde- como unha dependencia  independente deseñada  exclusivamente para a  produción de ovos en intensivo para a súa venda e distribución, pero non me consta que se aplicara tamén o de “galiñeiro”  á persoa que cría as galiñas -e iso que era de familia de galiñeiro-.

 O “Dicionario de dicionarios” do Instituto da Lingua Galega recolle na entrada a “Galiñeiro” as dúas acepcións, segundo a base de datos tomada de varios dicionarios.

 Polo tanto, e despois de aceptarmos esta dobre interpretación oficial, en realidade, o que é a tradición  da cría de galiñas con fin comercial no século pasado, non era máis ca unha das pluriactividades dos labregos, agrogandeiros, de tal maneira que esa persoa era “galiñeiro-avicultor”, pero seguía participando de todos os labores cotiáns da casa, un “policultor”. 

 Aínda podemos introducir outro vocábulo en discordia neste mundo das aves, o de Poleiro, termo derivado de “Pola-o”. É dicir, o cubículo-niño onde as galiñas depositan os ovos ou onde se encaraman para durmir, e cuxo termo nos translada tamén a outros espazos maís silenciosos e recollidos: o monacal.

 Así, para aquelas persoas que tiveron ocasión de visitar a vila de San Rosendo  Celanova, a bon seguro se achegarían á capela mozárabe de San Miguel e o inmenso mosteiro con dous claustros que  nun deles acolle as instalacións do Ies Celso E. Ferreiro, en cuxa planta superior un POLEIRO dá acceso ás aulas que antigamente eran as celas dos “poliños” ou novicios, que, polo tanto, dito vocábulo se asocia á idea de estrutura en suspensión e, en consecuencia á dos “poliños=novicios”.

 Isto do poleiro (ademais de nos teatros), tamén nos leva a outro ambiente monástico, á carreiriña dun can: A Acibeiro, de cuxo “frade galiñeiro”, que viría sendo o responsable das galiñas ou con sona de deitarse moi cedo como aquelas, se di así:        

  “No convento de Acibeiro,

había un frade galiñeiro,

que así que se puña o sol,

churras, churras, ó poleiro

Dous poleiros ben diferentes, á esquerda nun galiñeiro tradicional do Irixo; á dereita o claustro do Poleiro no mosteiro de Celanova

A prensa do momento recollía a actividade da avicultura na bisbarra carballiñesa con ilusión, incluso cobiza, pero, ao mesmo tempo, con certa decepción despois dunha década de esplendor como actividade privada e que daquela pretenden relanzar coa creación dunha cooperativa: “Hemos de tener en cuenta que la población aviar que reunirá la Cooperativa, perteneciente a sus tres granjas reconocidas de multiplicación y a casi un centenar de las de producción huevera y cárnica, asciende  a unas 25.000 aves. Calculando muy sensatamente, esas aves pueden producir unos cinco millones de huevos al año, cuya venta producirá, unida al producto de las de las aves destinadas a carne, unos doce millones de pesetas.”

  Desde logo, as cifras millonarias que se barallaban parecían estar inspiradas na fábula da “galiña dos ovos de ouro” de Esopo que, desde ben antigo, xa advertía que “a  cobiza é mala conselleira, e fai a túa fortuna pasaxeira”.

 Pero como sabemos que ás persoas da “Asociación Os Parrandas” non as move nin a cobiza, nin ningún interese material, maís alá  del@s pasalo ben ede que o desfruten os seus seareiros, só nos queda transmitirlles os nosos parabéns e que non decaia a ilusión con outra rolada cando toque. Unha arroutada: -Quizais, no canto do teixugo do escudo local, se debería substituír por unha galiña…ou un galo?

O Irixo, Domingo de Piñata de 2025.

Xulio Dobarro Ferradás


Outros artigos de Xulio Dobarro

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.