
Con esta cuarta entrega sobre o labor do dadinense J. César [“Julito], como corresponsal de La Región no concello do Irixo,damos, por un lado saldada -en parte- unha débeda con aquel por labor tan meritorio de información e opinión nun momento de máis sombras que luces, e, por outro, o de deixarmos constancia dos seus méritos como escritor, non só como avezado cronista de noticias, senón tamén como experto narrador de acontecementos máis ou menos transcendentes do común, desde aqueles personaxes máis extravagantes (O Furo da Bugalleira); ata aqueloutros máis cotiás (Enlaces matrimoniais, sucesos, meteoroloxía, sementeiras, denuncias de carencias nas infraestruturas (Luz, tv., pontes…); así como da vida institucional que xiraba arredor da alcaldía, Hermandad de Labradores y ganaderos ou as peticións de continuidade da Feira do Tellado e do Cuartel da Garda Civil. Aquela como base económica importante e esta de estabilidade social.

Con esta, que presentamos como derradeira colaboración a respecto “De nuestro corresponsal J. César”, non descartamos a posibilidade de que poidan saír ao camiño outras publicacións da miña pescuda ou doutra persoa a quen a mova a curiosidade polo personaxe e polo tema.
A continuación, e baixo o título xenérico de VARIOS, seleccionamos unha escolma de temas que podemos cualificar como de caractér festivo ou social.
Así, unha vez máis, o párroco de Dadín -de máxima admiración de Julio- cando se inicia o ano 1964, Julio fai pública a noticia que se lle vai “rendir humilde homenaje de afecto y simpatía a la persona que consagró su vida al buen cumplimiento de su deber”. (A un sacerdote ejemplar):La Región 1 de enero de 1964.
Ademais de destacar unha longa mostra de virtudes do homenaxeado:”Su desinterés, cordura y amabilidad, juntamente con un buen sentido de la caridad, son virtudes que le mantienen en muy elevado puesto de consideración ante sus feligreses e infinidad de amistades.
Todos apreciamos y amamos a Don Manuel.[..] Todos nos enorgullecemos de nuestro buen pastor y a él acudimos el sabio consejo cuando ello es menester: su cálida palabra siembra la paz en los humildes hogares de su cristiano cargo.
Su eco de resonancia traspasa los límites de su jurisdicción, pues cuando le han conocido y conocen, solamente de él pueden guardar gratos recuerdos en infinidad de ocasiones deudores con el señor Abad [-Dou fe persoal desta atención, de cando algúns veciños de Saavedra tiveron que botar man da súa axuda desinteresada, ainda que fora para defendelos doutro párroco estremeiro, por ir roubar uns carballeiros para os mangos das porrillas de machacar o croio na vía].
A prosa ampulosa e altisonante de Julio non aforra en loanzas a base de epítetos que eleva a figura do señor abade á corte celestial. Véxase como remata a “tira”, porque o día da homenaxe reiterará estes e outros méritos.
“Al mencionar su respetable nombre rendimos homenaje de sumisión y acatamiento a una egregia figura escalafonada en la lista de los paladines de Cristo.
Esperando acepte el contenido que estas líneas encierran con el sentir común de todos sus feligreses, deseamos a nuestro reverendo párroco una feliz fiesta onomástica y pedimos al Todopoderoso le depare larga vida para bien de su pequeña grey”.
Nunha crónica posterior, en 1969, coincidindo coa celebración das Bodas de Oro parroquiales de don Manuel, xa advirtiamos na reportaxe anterior que Julio volta de novo a trazar un panexírico no que a case “devoción” polo homenaxeado rezuma ao longo de todo o texto: “El 22 de junio de 1919 su jalón apostólico se detiene en San Pedro de Dadín, a donde arriba en edad madura para desarrollar sabia y prudentemente, a lo largo de sus cinceunta años de permanencia, la sublime labor encomendada a un ministro de Cristo, convirtiéndose en la figura relevante que rebasa los límites parroquiales para recibir el respeto y sumisión a que se hace acreedor su persona”.
(Observación: De boa gana transladaría o texto completo dalgunha destas colaboración, dado o nivel de calidade da súa prosa, pero que non é do caso para este formato audiovisual) .
A presenza de don Manuel na parroquia de San Pedro de Dadín viuse prestixiada polo culto da virxe da Pena da Sela, con diferentes actos nese senlleiro punto de encontro na carballeira onde se venera a virxe do Carme na capela na súa honra desde mediados do século XVIII, tal e como consta na lumieira da entrada principal, e tamén no cruceiro de comenzos do XX. A parroquia tiña sido obxecto de desputa entre os curas aspirantes, dado o reclamo que supuña para aquela a celebración da romaría na súa honra. Fora no mes de xuño de 1968 cando o bispo, “doctor Temiño Sáiz”, da diocese xirara unha visita pastoral a todas as parroquias do concello, que, como de costume, Julio tivo unhas palabras de recoñecemento ao seu labor así como
para todos os rapaces que recibiron o sacramento da Confirmación. Concluíndo a súa crónica, como de costume, con atinadas verbas para o caso: “ Pese a coincidir su presencia con la época de las grandes faenas agrícolas, no fue obstáculo para que los fieles acudiesen presurosos a sus parroquias y le tributasen un cariñoso recibimiento, hallándose presentes a cuantos actos se desarrollaron con motivo de esta grata visita”. (La Región: 21-06-68. J. César).

Os preparativos desa xornada multitudinaria, anunciada 12 días antes, vai traer á actualidade dous eventos importantes dentro da parroquia de Dadín e do Campo: a inauguración da capela d´A Fátima na Ponte no ano 1962 e a celebración do cincuentenario da aparición daquela en Cova de Iria-Portugal, na actualidade un centro de peregrinaxe universal. Así como de devoción de miles de romeiros que acoden anualmente á romaria cada primeiro domingo do mes de xullo á capela da Pena da Sela a onde se realizará a andaina desde A Ponte ata alí.
O cronista local non aforra sentidas e eloxiosas verbas nunha longa reportaxe que acompaña a foto, practicamente a páxina completa do xornal La Región do día 17 de maio de 1967, e da que extraemos algúns fragmentos, pero que non reproducirmos na súa totalidade por razóns obvias da súa amplitude.
“Una jornada sin precedentes vivió el municipio el día 14, al testimoniar de forma solemne el culto a María, en grandioso acto mariano celebrado en el santuario de la Pena de la Sela.
[………]
Con anterioridad a esta fecha y a medida que transcurrían los días, el júbilo se acrecentaba y la conversación y el comentario giraban en torno a este magno acontecimiento cuyo recuerdo perdurará latente para señalizar un fausto acontecimiento enmarcado en la monótona vida del municipio.
Subtítulos:
“LA IMAGEN DE FÁTIMA AL SANTUARIO DE LA PENA DE LA SELA”
“Amanece el día….El vecindario con el corazón rebosante de alegría abandona sus lares y desde las zonas más alejadas, la riada de gente afluye al Santuario, en busca de orientación para formar parte de la peregrinción actos posteriores.
A las cinco de la tarde una salva de bombas anuncia que la imagen va a emprender camino desde su capilla de Puente Irijo al Santuario de la Sela. Los vehículos estacionados en puntos cercanos hacen sonar sus señales acústicas y la caravana motorizada, precedida por la vistosa carroza que ocupa la venerada imagen , con tres niños vestidos de pastorcillos…arcos de flores, finalizando, las unidades motorizadas en la Bugalleira para formarse de peregrinación al Santuario.
“EL SR. OBISPO PRESIDE LA PEREGRINACIÓN”
… a las cinco y minutos hace su presencia el señor Obispo de la diócesis, doctor Temiño Sáiz, y una prolongada ovación es la muestra cariñosa que los congregados dispensan a su recibimeinto.
Y ante la presncia de la imagen…el público no se contiene e irrumpe en vivas, que se prologan durante varios minutos. Niños de las escuelas arrojan flores y la emoción en este momento es inefable…
[Despois doutros moitos detalles, que vou omitir por limitacións obvias desta mostra, e desppois de deixar constancia de que eu tamén estaba alí, como outras moitas persoas da miña “quinta”].
La peregrinación es nutrida y casi se cubre el kilómetro de pista por los fieles que la integran (Enténdase, desde onde había unha fermosa carballa no cruce da estrada principal cara á Pena da Sela-Reádigos e Loureiro, que daquela aínda non era accesible con vehículos).
“EN EL SANTUARIO DE LA SELA”
Nos parágrafos seguintes, Julio informa da longa tradición na devoción á “santiña”, así como a ampliación da capela en 1713, que, nese intre a romaría se celebraba o día 16 de xullo, coincidindo coa data sinalada no santoral como día do Carme.
Despois de deixar constancia de todos os detalles da celebración oficiada polo bispo, engade: “Finalizada la misa un simpático actos surge como broche final. El inspector Jefe de primera enseñanza, don Emilio Nogueira, consagra los niños de las escuelas al corazón de María.Un niño ataviado de pastor (Quen era?) recita versos haciendo alusión a las apariciones, y dos niñas (Ulas?), recitan una poesía en gallego.

Foto familiar, desde a vía, da súa Casa grande de Dadín, arredor dos anos sesenta. Lembro en primeiro plano o hórreo, eira, magnolio, terraza, corte, nogueira de magníficas noces, pilanco de auga corredía na parte lateral, ademais a que era casa-cuartel de cheminea prominente, nada comparable co estado actual… Ao fondo varias construcións colmadas dos caseiros dos do Conde e a casa dos do Peto.
Ao completar o percorrido de volta ata A Ponte, o bispo aínda reserva un tempo para despedirse de don Manuel en Dadín e do reverendo Manuel López (da familia de dona Manuela) que rexentara durante varios anos a parroquia de Loureiro; visita a capela d´A Fátima e agradécelle á familia dos de dona Manuela, que “merced a su generosa intervención hizo posible su construcción, logrando con ello materializar el culto a Fátima en este municipio”.
Despois de tan intensa xornada sacra de apostolado, o prelado despídese de don Manuel na reitoral de Dadín, prometéndolle a este asistir aos actos das vodas de ouro na súa honra.
Nunha NOTA FINAL, o noso corresponsal reserva unhas verbas de agradecemento a don Alfonso Pérez López e familia (Casa Grande de Dadín), así como ao daquela alcalde, Gisleno Otero Lois “por sus desvelos en pro de este acto y brindarse a sufragar los gastos ocasionados”
NOTA MIÑA: Como non é do caso aquí reproducir toda a reportaxe de J. César, dada a súa extensión, e á que pertence a foto inicial, ambas foran publicadas na data sinalada en La Región, e que poño á disposición de quen a queira na súa totalide.
Nesta mesma liña de recuperación dalgúns dos artigos publicados por Julio, hai algúnha curiosidade como a que se recolle o día 19 de maio de 1964 que inicia deste xeito: “IMPRESIÓN DE LA SEMANA: Transcurrieron los días de la pasada semana sin que nada de particular ocurriera en el desenvolvimiento de la vida pacífica de este municipio, resaltando como noticias las siguientes: ACTOS ORGANIZADOS POR LA HERMANDAD SINDICAL. EN HONOR DE LA VIRGEN DE FÁTIMA. EL TIEMPO”. -Efectivamente, Julio semella que botaba en falta o de ter que escribir sobre algo, así, como en Galicia o tema da climatoloxía é un recurso moi usado como tema de conversa, pois él, tamén, como noutras ocasións, o emprega como algo noticiable.
Cando corre a década dos sesenta, que Julio está en plena etapa creativa, prodúcense algunhas novas de máis ou menos impacto social, que como acabamos de ver, para el nada era alleo ao seu teclado, ao que non daba tregua na transtenda, fose inspirado polo contacto humano diario, ou polo simple e non menos complexo lecer de escribir.
Desta maneira introduce algunhas novas curiosas, que o eran porque os bancos acababan de aterrar no concello pola entrada de grandes remesas de divisas procedentes de Europa, América… e celébrase o “Día Universal do Aforro” con sorteos de novidosos “inventos”, cando se viñan de cumprir tres anos da inauguración da sucursal da “Caja de Ahorros Provincial”. No ano 1969, era o director da sucursal, Luis López Rodriguez, e dá conta das persoas agraciadas: a titular da cartilla infantil: Rosa Mª Bernárdez Dejuánez, vecina de Irijo de Arriba, a quien corresponde el magnífico televisor, el segundo una máquina de coser automática a Plácido Penedo Iglesias de Menaz, el tercero a Juan Eliseo Gil Fernández de Lajas, un transistor, a José Covela Des de Saavedra, una olla a presión, a José Nogueira Penedo de Puente Irijo, una plancha eléctrica.
En anos anteriores xa dera conta doutros sorteos, coincidindo con ese día Universal do Aforro, os agasallos viñan sendo os mesmos.
Outras veces, Julio chamou a atención sobre outros temas que máis preocupaban a veciñanza, aínda que puideran parecer intranscendentes: La Región: 18-03-64: “ÁRBOL PELIGROSO”, “DESPEDIDA DO GARDA CIVIL: Isaac Garrido Alonso”. Esta despedida ía preparando a clausura definitiva do cuartel.
Cando era polo verán, á parte de sempre lembrar a celebración da Pena da Sela, tamén reserva algunha crónica para outras festa locais: O Quince do Campo que, xa daquela apuntaba maneiras, segundo o mesmo Julio: “La parroquia del Campo, importante en el área municipal, tanto por su censo de población como por su extensión superficial y situación geográfica, a la que pertenece la capital del municipio, celebrará sus fiestas patronales los próximos días 14, 15 y 16.
Esta fiesta tradicional que año tras año va escalando puestos para situarse a la cabeza de las restantes que se celebran en el municipio concentrando en su amplio y hermoso solar festero a centenares de personas, parece ser que el presente año recobrará mayor auge, y, si el tiempo lo permite, podremos disfrutar de un gran día de fiesta en la demarcación”.
Ollo ao programa!: 14: Verbena coa orquestra Auria de Ourense. 15: Procesión, misa, e elección de MIS IRIJO. (Quen sería a elixida?)e Verbena.16: Misa e festa de san Roque na Esfarrapa costeada polos emigrantes….(La Región: 15-08-1971).
En anos anteriores (1964, 1965, 1966) lémbrase a festividade de San Isidre na capela d´A Fatima na Ponte, ou a de festas hoxe en día extintas como as do Santo Antón en Dadín os 7.8 e 9 de setembro.
Nalgunha ocasión sorprenden os titulares cos que se facía eco da noticia o corresponsal, como este que nese anos de escurantismo, vemos á Inspectora de zona promovendo un Centro de Colaboración Pedagógica e a celebración dalgunha actividade na natureza, que debía resultar innovador no contexto pedagóxico do momento .

La Región: 11 de marzo de 1967.
A clausura definitiva do Cuartel da Garda Civil, a pesar da numantina defensa que Julio viñera facendo nos anos anteriores, coa promesa de que a alcaldía levaría a cabo as reformas necesarias de mantemento do edificio, é como a espada de Damocles que de xeito irreversible conduce á decadencia do lugar de Dadín. O lugar chega a vanagloriarse da existencia da única rúa do concello con placa, identificada como de Miguel de Cervantes…

Unha nova experiencia profesional ao ser nomeado Xuíz de Paz no Boletín Oficial da Provincia o 21 de novembro de 1972 -alcalde interino na transición- e despois de teren sucedido en anos anteriores outros veciños e persoas cercanas a el como Adolfo Villanueva Cerdeira e Manuel Villanueva Castro, permítelle o acceso doado ao Rexistro Civil, co que vai encetar durante uns anos unha nova sección no xornal La Región con carácter mensual: unha veces só o titular de REGISTRO CIVIL e outras de MOVIMIENTO DEMOGRÁFICO, o que vén a constituír como unha acta parcial de inscrición dos movementos producidos en canto a : NACIMIENTOS, MATRIMONIOS y DEFUNCIONES, co correspondente lugar de orixe, pais, nais e idade no caso de decesos.
Sen pretender entrar nunha detallada mostra estatística sobre este pormenor, só direi que a pesar da emigración que daquela empezaba a ser masiva cara ao centro de Europa, Cataluña e o País Vasco, os números abraian moi positivamente con respecto á situación actual. O saldo vexetativo, cunha poboación de entre 5833 en 1960 e 4105 en 1970, mantíñase, en certo modo, equilibrado, aínda que xa daba síntomas de perda de poboación clamorosa. Así, de seis meses contablizados do ano 70 foron: Nacementos: 25; Matrimonios: 24; Defuncións: 20. En sei meses do ano 71: Nacementos: 29; Matrimonios: 25; Defuncións: 30. Ao ano seguinte, en cinco meses do ano 1972: Nacementos: 16; Matrimonios: 21; Defuncións: 29.
Xa no ano 1975 é cando a situación xa empeza a resultar dantesca: Nacementos: 0; Matrimonios: 35; Defuncións: 59; en 1985: Nacementos: 11; Matrimonios: 13; Defuncións: 41. A medida que nos achegamos aos nosos días, o da Galicia baleirada é unha ladaíña. No ano 1995, por exemplo: O IGE dá as seguintes cifras: Nacementos: 5; Matrimonios: 9; Defuncións: 52.
A pirámide de poboación non dá sinais de que poida invertrise a tendencia.

Na foto superior en “La Región”:febreiro de 1973: IRIJO EN PARÍS. “En el parisino “barrio latino”, vive un gran número de españoles que residen con sus familias. Pero de entre esta colonia destacamos un nutrido grupo de orensanos, todos ellos del Ayuntamineto de Irijo. Los domingos por la mañana se reúnen a la hora del aperitivo, siguiendo las costumbres “da terra”. Es una lástima que no haya pulpo me (Esteban Gómez)dicen. Nuestro objetivo, así los ha captado en el bar “Nestlé”, muy frecuentado por nuestros paisanos en estas mañanas domingueras” . Algúns deles para min coñecidos, de Casares, Marnotes, A Ponte… e outros que se poderán recoñecer, aínda que algúns xa falecidos

La Región:febreiro, setembro de 1972 e agosto de 1971
Nos recortes anteriores, algunhas imaxes cos datos obtidos do Rexistro Civil, segundo a recopilación de J. César.
Non é nada novo se, por exemplo recollemos os últimos datos publicados polo IGE do ano 2024, nos que, ao carón dunha poboación arrasada, envellecida, sen síntomas de relevo xeracional, os números resultan arrepiantes: Superficie: 121,05 KM. cadrados; 11,5 habitantes por KM cadrado; poboación: 1355 (49 % homes, 51 % mulleres); Ano 2023: Nacementos: 1; Matrimonios: 0, Defuncións: 32. Neste mesmo ano eran pensionistas: 666 persoas, o que representa case o cincuenta por cento da poboación. Sen embargo, o que si resulta sorprendente é a cifra de defuncións do censo local, ademais, dun elevado número de enterramentos nos camposantos parroquiais aos que retornan moitos dos nacidos, ou con raíces no concello.
Alumnado 2024: Educación Infantil: 14; Educación primaria: 49. De manterse esta tendencia porase en perigo a continuidade do Grupo Escolar.
Se a todo isto lembramos que o momento cumio en canto a poboación, que sería o ano 1930 con 6.885 habitantes, non hai análise socioeconómica que se resista como para artellar medidas viables de recuperación demográfica, económica e social. Mágoa o de termos que expresalo nestes termos, pero, desde logo, a realidade non permite sermos moi optimistas.
Os “queixumes” xa son de vello. Xa os recollera e difundira o noso cronista J. César nas múltiples colaboracións publicadas en La Región ao longo de anos abondos como altofalante ou faro entre os seus, na capital e na provincia, daquelas sospeitas anunjciadas que engordiño se fixeron realidade máis cedo que tarde.
Algunhas iniciativas promovidas (cooperativismo, concentración parcelaria, política forestal), agás moi honrosas excepcións foron de moi curto percorrido e de éxito dubidoso. De tal xeito que, de tal lama este lamazal.
En todo caso, e como derradeira mostra de visibilización e de recoñecemento do seu senlleiro labor como escribán, -non só como corresponsal-, quero deixar constancia de agradecemento á familia e ás persoas que manifestaron afecto por estas sempre humildes observacións sobre a súa obra e a nosa contorna que é a terra onde nacemos ambos os dous, a parroquia de Dadín-O Irixo.

A foto en Dadín, cara 1955? procede do álbum familiar da familia de don Hermesindo e dona Elvira. Non sei se alguén se pode identificar? As construcións que sobresaen, á dereita, a dos avós de Raquel e irmáns, ao lonxe a dos do Conde, á esquerda a de Severino e, por último, a da Garduña, que viñera de Saavedra.
Última hora: recibo unha mensaxe de Raquel Míguez Parada, de pai de Dadín e nai da Ponte, periodista-escritora, á que xa citei con motivo das pescudas a respecto de Carmen Conde Abellén, primeira muller en ocupar cadeira na RAE que viñera buscando as súas raíces de “sangue galego” por Dadín, a quen entrevistara Raquel e me advirte que “en Dadín, coa filla de Julio, Erundina, vivín uns dos días máis fermosos da miña vida, chimpando froita das árbores, camiñando por o monte ou facendo merendolas en algunha eira. [..] O maís curioso para o caso é que lle vén á lembranza a Raquel que: “De “Julito” lembro que escoitaba ópera, unha cousa que me abraiaba”. E digo eu: -Que estremecerían o amplo curro e o enxido co son amplificado da gramola máis que o tremor dos raís estremeiros, que, como no caso de C. J. Cela, deixou escrito en “La rosa”: “Yo nací nieto de ferroviarios y con la cama de mi madre retemblando por el paso del tren”. (Julio non era neto de ferroviarios, -ata onde eu sei, pero a taberna si era parada obrigada daqueles- e o leito da sua nai tremería despois del nacer, pero si estremecería o da nai dos seus fillos, ou como o doutros moitos coma min, que a pouco nacemos debaixo dunha das pontes do trazado que se inaugaría en 1958).
A todo o demais, comparto, en certa medida, con Raquel a amizade de vello dos nosos pais, tamén co irmán de Julio, Manuel -que me carrexou a Santiago cando entrei na Universidade-, asi como co resto da familia. Polo tanto, parabéns a todos, aínda que a distancia poña trancas nas rodas.
NOTA:Unha destas noites estreladas quedamos de ir ao camposanto de Dadín axexar e comprobar se Julio e don Manuel estarán sentados no muro de cu ao prado do diestro, en fronte da porta grande da igrexa parroquial, en animada conversa lembrando as ocorrencias do Furo, ou en algó máis transcendental sobre o divino e o humano, de cando na transtenda ou na reitoral -hoxe en ruínas– se reunían en animada tertulia cos seus discípulos. Que a terra os acollese con agarimo!
Xulio Dobarro Ferradás
O Irixo, 14 de marzo de 2025
Xulio Dobarro Ferradás
Outros artigos de Xulio Dobarro
O Irixo-Dadín : J. César, unha década “de nuestro corresponsal” de “la Región” (III)
O Irixo: J. César, unha década “de nuestro corresponsal” de “la Región” (ii)
O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal” en “La Región”
Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán
Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”
Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “
Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”
Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”
Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.
Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”
Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “
Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “
Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”
Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”
Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”
Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)
Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”
Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”
Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “
Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “
Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme
Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “
Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “
Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?
Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III
Xulio Dobarro: Escolma artesanal II
Xulio Dobarro: Outono de vida e morte
Xulio Dobarro: Escolma artesanal
Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”
Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “
Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”
Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro
Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)
O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria
A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )
O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu
O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado
O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I
O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “
O Irixo, escaparate centenario da emigración
O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)
O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).
O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)
O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)
O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono
O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”
Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”
O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”
Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor
O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”
O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)
O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )
O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela
O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro
O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)
O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote
O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”
O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira
O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda
O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ
O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues
O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo
O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa
Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958
Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago
Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo
Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)
Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo
De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.
