Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo

“Do Concieiro somos, non o podemos negar, temos o señor San Marcos na entrada do lugar”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 Con esta cántiga ou sentencia popular fomos convocados para o día 26 de abril á “romaría” do San Marcos no Concieiro, parroquia de Santiago de Corneda-O Irixo. Sabido é que, tanto os refráns coma as romarías ou festividades tradicionais forman parte do Patrimonio inmaterial de Galicia, segundo a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia de 2016, polo tanto, calquera iniciativa nesta liña de pensamento de recuperación dese Patrimonio sempre debe contar coa  beizón de todos.

Anos anteriores

Dicía que “romaría”, porque  a idea é a de celebrar ese día como era antigamente, segundo a tradición, na “súa carballeira” cun xantar e música populares, en lembranza do evanxelista que foi considerado como un veciño máis, e, polo tanto, comuneiro no monte de Varas do lugar, ademais de ser tido como moi abogoso para as choivas -tan escasas ultimamente, aínda que aquí cumpriu a noite anterior cunhas boas enxurradas, abríndose o sol para a procesión e o baile-. Que así sexa, como prognostica, J. Manuel, un dos seus promotores máis comprometidos : Máis e mellor!

A xornada solleira axudou a que se puidese cumprir co programa de actos previsto. En primeiro lugar, celebración do Santo Rosario -quizais en substitución da novena tradicional para a que non dan abasto os cregos disponibles no bispado-; a continuación, a procesión cun percorrido xeitoso polo lugar do Cuncieiro, entre frondosos e floridos sabugueiros e xestas amarelas, cos seus arrecendos característicos. Ao pasarmos arrentes da Casa Grande dos Castro-Meije (Balconada de 1886) non deixa de embargarnos certa tristeza polo estado ruinoso no que se atopa, e a señardade  do que foi algún día: anchas portadas, un amplo e sombrío curro recuberto coas cepas centenarias, un puzo de auga fresca, extensas dependencias interiores para propios e caseiros, ademais dun “horreoseto”  sobardando sobre un rexo pasadizo de pesada solaina e imperecedeiros canzorros de perpiaño, que, na actualidade todo é campo abonado para as hedras e a decadencia irreversible.

Na procesión non só participou a imaxe de San Marcos. Foron as da Purísima e a de San Mauro as que formaron parte da comitiva, á que precedían os pendóns e unha cruz parroquiais. A orde de aparición das tres imaxes suscitou certa confusión e algún comentario curioso entre os asistentes. Todo a causa de aparecer en primeiro lugar a de San Mauro, a continuación a da Purísima, e, por ultimo a de San Marcos, o que para algúns resultaba paradóxico por ser este o santo homenaxeado. A confusión aumenta, cando alguén trata de aclarar que un dos elementos que pode contribuír a clarexar a identidade entre un santo ou outro, podía resolverse cun dos motivos que a acompañan a S. Marcos: o libro -que se supón do Evanxelio- por aquilo de formar parte do cuarteto dos evanxelistas xunta a S. Xoán, S. Lucas e S. Mateo, ao que a persoa retrucou con que tamén S. Mauro era portador dun libro. A resposta non se deixou esperar: –Libro, sí, pero máis modesto!

 O fondo musical, antes, durante a misa solemne e a procesión, e despois con sesión vermut, mentres a fonte cantareira os acompañaba, correu a cargo do humilde pero animoso grupo “Os Galeguiños”.

 A celebración eucarística foi responsabilidade de D. José -popularmente coñecido como Pepe dos do Descalzo de Cusanca-, que non esqueceu unhas verbas de solidariedade e apoio agarimoso para o que ata agora foi párroco de Corneda, Antonio González Bernárdez, natural de Loureiro.

 Con respecto ás persoas que asistimos  á celebración, na súa maioría eran do Concieiro ou nacidos aquí, e outras dalgún dos outros lugares da parroquia, pero tamén da parroquia estremeira, de Dadín, en particular da Bugalleira de Riba e de Baixo. –Pregúntome: Pode ter que ver a presenza de varias persoas deste lugar coa devoción, coa cercanía ou con outros vencellos históricos  de cando  A Bugalleira de Riba pertenceu á parroquia e couto de Corneda, como un territorio diferenciado a respecto da Xurisdición de Orcellón  (O Campo, Loureiro, Froufe..) e a de Pazos de Arenteiro (Dadín, Cusanca, Reádigos…) . Hai documentos (apeo de 1778) que trazan os lindes con precisión entre as parroquias, que, no caso da estrema da Bugalleira se recolle naDemarcación entre el Coto de Corneda y la Jurisdición (sic) de Pazos de Arenteiro”:

 “En la Pena que llaman do Couto por otro nombre das Cruces que está encima del lugar da Bugalleira enfrente a la cumbre del Monte Redondo cuia peña hace división entre la Jurisdición de la Encomienda de Pazos de Arenteiro, la de Orcellon y el Coto y feligresía de Santiago de Corneda y feligresía de San Pedro de Dadín, y Santa Marina de Loureiro a seis dias del mes de marzo de mil setecientos setenta y nueve…”

“y bajo la misma conformidad declaran que dicha Peña sigue la repetida demarcación bajando derecho al marco que se halla en el Lugar da Bugalleira cuio marco es de piedra de grano de quatro cuartos de alto sobre la tierra, y en el una cruz con quatro traviesos al lado del monte y referida Jurisdición de Pazos y su feligresía de Dadín y al de Corneda  tiene otra Cruz pequeña un un C. y un R. el qual se halla dentro de una propiedad labradía y cerrada de los herederos de Santiago García, pegada al orrio de madera en que recogen y secan el maiz, distante de la casa en que vive Thomas García, uno de los erederos (sic) siete baras castellanas…”

“y el repetido marco acie dicho cotto de Corneda e ygualmente dista del Camino Real que pasa por sobre otras casas y cerradura treinta pasos poco mas o menos y el citado Abad…”    

Como estamos a celebrar o S. Marcos, non imos afondar máis nas areas movedizas das estremas e en cambiar os marcos; só deixarmos constancia desta circunstancia histórica, e se hai alguén que poida ampliar a información ao respecto desas cruces, marcas, etc, benvida será.

 Con respecto á capela, a súa estrutura é moi sinxela e responde a outros modelos locais como a da Alfarrapa ou a da Ermida. No caso da do Concieiro o tellado xa presenta algúns furados que acabarán por podrecer as madeiras que o sosteñen; a súa planta presenta dúas partes fundamentais: o “cabildo”  (parte dianteira dunha ermida, aberta en forma de cobertizo. En torno, ten asento de pedra ou mazadoiro, onde se sentaban os veciños, ás veces para facer concello. O de “cabildo” ou “cabido” vén dese significado anterior). O acceso á nave está precedido dun arco de medio punto, no que se asentou unha porta abalaustrada que permite ver o seu interior en todo momento desde fóra. A escasa luz natural procede das reducidas ventás da fachada lateral orientada ao sur. Conta cun retablo moderno a base de madeira e columnas de mármore.

 Ata aquí o que deu de sí a xornada, ademais do amigable encontro con persoas de noso, dalgunha reflexión sobre o pasado e a ilusión dun futuro mellor. 


Interior do Concieiro

 Como a primavera non só trae consigo o cuco, as andoriñas, os montes florecidos de cores diversas   da suave uz, do toxo espiñento, do espiño branco, ou da xesta amarela e branca; tamén os ecos das músicas tradicionais se estenden pola contorna: foi a Candeloria na Ermida, agora o S. Marcos e  a próxima semana A Fátima, na Ponte, e así ata completarse o ciclo anual, pasando polo S. Bertolameu de Segade, o S. Antón do Tellado e de Nogueiroa, a Sta. Lucía de Orros e poñerlle o ramo coa Pena da Sela o primeiro domingo de xullo. Enténdase que estas celebracións, e outras que xa nin se lembran,  non son as patronais principais, pero que, no seu tempo, ademais de contar coa respectiva capela, acapararon a atención de moitos devotos.

Observación: Esta crónica corresponde a unha máis extensa sobre as diferentes celebracións nas capelas do concello do Irixo, publicada no ano 2023 con motivo da festividade do S. Marcos no Concieiro. A novidade a suliñar deste ano é a inauguración da casa veciñal do lugar no mesmo Concieiro.

 O Irixo, 23 de abril de 2025

Xulio Dobarro Ferradás


Outros artigos de Xulio Dobarro

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.