
(Publicado en Compostellanum XIII.nº 2.Abril 1968. Revista da arquidiocese de Santiago de Compostela)
De seguido procuramos un achegamento a un dos múltiples e senlleiros traballos de investigación arquivística de don Emilio Duro Peña (Froufe-O Irixo, 1919- Ourense-1995 (enterrado na Cidá-O Irixo). O insigne cóengo, historiador e destacado arquiveiro, nesta volta vainos mergullar, como tratou con outros mosteiros maiores (San Pedro de Rocas, Santo Estevo de Ribas de Sil..) ou menores -como o do caso de San Pedro de Ramirás, Santa Mariña de Asadur ou Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón, -xa comentado neste medio- en canto á evolución no lugar de Mosteiro, parroquia de Santa Uxía de Lobás (O Carballiño), dun conxunto monástico da orde bieita do que só se conserva a igrexa e nada da construción do mosteiro antigo, pero si deixou a pegada

Igrexas actuais: antigo mosteiro de San Pedro de Lobás (enriba) e San Pedro de Mosteiro (Dozón)
no topónimo polo que se coñece o lugar, Mosteiro, como sucedeu no de Vilanova de Dozón, que, ademais, ambos os dous compartiron o mesmo patrón, San Pedro, que aquel segue mantendo como igrexa de S. Pedro de Dozón, mentres que no caso que nos ocupa pasou a incorporarse á parroquia de Santa Uxía de Lobás a partir de 1893, cando foi do “Arreglo Parroquial” da diocese de Ourense e Mosteiro de Lobás perdeu a súa condición de parroquia como tal.
Con respecto ao edificio, don Emilio manifesta de xeito rotundo que ”Del monasterio no queda nada. Posiblemente estuviese del lado Sur, como el de Dozón y el de Asadur, con entrada a la iglesia por una puerta lateral, hoy desaparecida. Más tarde debió alzarse en la línea de la iglesia, delante su fachada Oeste, donde aún hoy se conserva una puerta a la altura de la tribuna que por un pasadizo daba acceso a la iglesia desde el monasterio. En este mismo emplazamiento se construyó en el siglo XVII la casa prioral, con aire de gran pazo”.

A descrición anterior do conxunto monástico, -en ruínas desde hai tempo-, agás a igrexa, aínda na actualidade se pode recoñecer ese ambiente señorial que pouco tiña que ver co “ora e labora”, non tanto pola austera fachada principal da igrexa como polos sólidos muros, escaleiras, solainas e cheminea que se manteñen en pé contra as inclemencias meteorolóxicas e o paso do tempo. Así, don X. Ramón e Fernández-Oxea, que acompañou a don Emilio no ano 1966 a Lobás, destaca entre outras virtudes, as seguintes:
“De la casa prioral quedan en pie los recios muros desafiando las injurias del tiempo y de los hombres. En una de sus fachadas sobresalen aun dos enormes mensulones que sirvieron de apoyo a un balcón hoy desaparecido. Por el Sur, avanzando hacia el prado, sobresale el cuerpo del edificio prioral con una amplia solana sobre cuatro pilastras y con hermosa balconada de elegantes y barrocos balaústres pétreos, restos de la antigua grandeza de la casa. Esta parte del edificio, constituida por el balcó-solana, está flanqueada y defendida por dos recias torres, cuadrada la del extremo occidental y redonda la oriental ya frontera de la iglesia, provistas ambas de estrechas saeteras. Interiormente el aspecto de la casa prioral es el de una ruina deplorable, digna de mejor trato”.
Esta reflexión do historiador F-Oxea con respecto ao estado de conservación do conxunto de Lobás e que podemos facer extensible a outras moitas construcións senlleiras, lévanos a lembrar a lenda que don Emilio tiña preparada para que, nunha especie de medalla, se lle outorgara ao mosteiro de S. Pedro de Rocas, denantes da súa restauración, que rezaba así: “SITU ADMIRABILIS, ANTIQUITATE VENERABILIS, STATU DEPLORABILIS”. Que, lamentablemente, cada día que pasa se manifesta de xeito máis cru en case todo o patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, artístico e inmaterial.
Pero, voltemos á descrición de F-Oxea no apartado adicado á presentación da igrexa: “Frente a la casa prioral y con intermedio de un breve egido se alza la fachada principal de la iglesia compuesta por un gran muro apiñonado y macizo en el que tan sólo se abren dos estrechas saeteras…severa espadaña con huecos para dos campanas y rematada con una pequeña cruz de piedra”.
“En la parte baja de esta fachada se abre la puerta principal, que da acceso a la nave única…..Esta puerta de estilo isabelino se compone de tres órdenes de columnas…”

Ilustracións de 1966, segundo á publicación de don Emilio Duro Peña (1968)
Ademais doutras consideracións sobre o interior da igrexa, como por exemplo os retablos, que son obra do séc. XVIII, tanto o do altar maior como os dous laterais, non os considera dun valor especial, engadindo que foron pintados por Pablo Ogea Fernández en 1867, veciño de Cea que crearía escola na familia como artistas decoradores de renome.
Polo que respecta ás modificacións arquitectónicas da igrexa, suliña que a finais do séc. XVI-XVII leváronse a cabo reformas importantes como a incorporación dun arco apuntado (visible desde o exterior) e outro maís que supuxo a anulación da vista das columnas que soportaban o primeiro. A igrexa orixinalmente sería maís alta e dun estilo diferente ao que ofrece na actualidade, así como a perda dalgún elemento como a ábsida “al perder los canecillos que sin duda formaban el tejaroz”.-Compárese, por exemplo, coa de Dozón tamén estudada por don Emilio, con todos os motivos característicos da arte románica-.
Complétase a analise cunhas observación sobre o muro Norte “que se abre una puerta más antigua que la principal, obra probable sel siglo XIV”.

Fachada e torreón actuais da casa prioral en fronte da porta principal
Ata aquí tratamos de presentar parte do que aínda queda visible na actualidade do exterior da igrexa e algunhas dependencias da casa prioral, como mostra dun pasado senlleiro e un futuro morredizo porque, como diciamos, non promete sermos moi optimistas , tanto polo que respecta a esta como a outras construcións de carácter civil ou relixioso.
Como sempre, coa humildade que o caracteriza, e sen faltar ao rigor da investigación, don Emilio inicia a presentación nos seguintes termos: “Ofrecemos en las presentes páginas un reducido estudio sobre el monasterio de monjas benedictinas de San Pedro de Lobanes. Abarca desde sus primeras noticias, en el siglo XII, hasta fines del siglo XV en que al igual que otros muchos similares de Galicia, fue anexionado en la reforma benedictina al de San Pelayo de Antealtares de Santiago”.

A cheminea pacega compite coa espadana da igrexa (1º de xuño de 2025). Mosteiro-Lobás.Os mensulóns dos que fala X.R. F-Oxea, orientados ao sur, soporte da que foi solaina balaustrada
De seguido, proponse ir dando a coñecer en sucesivos apartados: A situación xeográfica: “El monasterio de San Pedro de Lobanes -convento Lupanensi-. Mosteiro de Lobaas- estaba situado en el actual municipio y partido judicial de Carballiño, provincia y diócesis de Orense, a unos cuatro kilómetros de la referida villa, en la margen derecha del río Arenteiro. San Pedro do Mosteiro de Lobás fue feligresía hasta finales del siglo pasado y pertenece desde entonces a la de Santa Eugenia de Lobanes. En la Edad Media, el monasterio caía dentro de la demarcación eclesiástica conocida con el nombre de Maestrecolía de Orcellón, en la terra civil de Orcellón, lindando casi con el arcedianato y terra de Castela, por el arcipretazgo y subterra de Bolo de Senda”.
O audaz arquiveiro, despois de lamentar a escasa ou inexistente bibliografía ao respecto e “fieles al evangelio “colligite fragmenta” -de non menosprezar nada- proponse reunir aquí, por primeira vez, as escasa noticias que lograron filtrarse ata nós do conxunto monástico.
A situación xeográfica, pola súa evidencia, quizais fose o que menos lle preocupaba a don Emilio. Así, adéntrase nun terreo maís lamacento como o de tentar dar unha relación de abadesas coñecidas, a anexión a San Paio de Antealtares, as posesións, o couto xurisdicional e as igrexas de presentación, relación de bens e rendas, unha breve selección documental e, por se era pouco, algunhas noticias sobre os “tenentes de Orcellón”, terra medieval na que estaba enclavado o mosteiro.
Con respecto ás abadesas, don Emilio identifica ata un total de doce titulares do mosteiro, das que só recolleremos neste breve percorrido, a referencia á que considera como a primeira, en 1185, coñecida polo nome de Sancha Raimúndez, e a que clausurou o mosteiro por mandato superior, Dª Inés de Senabria, que “le tocó la amarga prueba, que soportó a medias, de tener que abandonar su monasterio, suprimido por la reforma benidictina de 1499 y anexionado al de San Pelayo de Antealtares”.
A este respecto, nun documento de 1499, adaptado por don Emilo (Privación de la abadesa doña Inés de Sanabria y mandato posesorio de su monasterio de San Pedro de Lobanes) as acusacións a esta derradeira abadesa son cando menos sorprendentes: “...e vista la appostasía e rebelión della, e visto como la dicha abbadesa no tiene título alguno a la dicha abbadía de Lobanes, e sobre las otras causas e razones … fallamos que atentos los autos e méritos de los dichos procesos que la dicha doña Inés de Senabria no tiene título nin derecho alguno a la dicha abbadía e monesterio e que por tal lo devemos pronunciar e pronunciamos, e que si algún título o derecho ha tenido o tiene que ella ha quebrantado la castidad e obediencia que son de esencia de nuestra Regla e Religión e que ha vivido muy disolutamente non guardando la dicha Regla e que ha sido destruydora e dilapidadora de los bienes e rentas del dicho monesterio de San pedro de Lobanes e que ha cometido otros crímenes y excesos dignos de grande pugnición e castigo…
….E mandamos a la dicha doña Inés de Senabria en virtud de santa obediencia e so pena de excomunión mayor que se vaya al monesterio de de Sant Payo de Antealatares de la cibdad de Santiago dentro de veynte dias primeros siguientes del dia de la data desta nuestra sentencia, que es monesterio reformado, donde esté e sirva a Dios e guarde la dicha regla, a donde le mandaremos proveer de dotas las cosas a ella necescarias, y que no salga de dicho monesterio de Sant Payo so pena de ser auida por apóstata y descomulgada, y condenámosla mas en las costas derechamente fechas en la prosecución desta causa..”.
As chamadas á orde e clausura de mosteiros por parte dos responsables da Orde bieita teñen que ver con que estaban observando certas prácticas pouco apropiadas, sobre todo naqueles de tamaño máis reducido como serían os casos de Lobás e o de Dozón, só femininos, ambos daquela orde, e de xeito especial os que se consideraban dúplices, mixtos, de monxes e monxas, como foi o caso do de San Salvador de Chantada, cuxa clausura, ademais da regra xeral adoptada, víñase observando un comportamento inapropiado na comunidade.
Este ambiente, un tanto degradado no interior dos mosteiros, vese reflectido de xeito transparente no amplo número de cantigas de escarnio e maldicir medievais que teñen como protagonista a algunha ababesa. Como foi o caso do trobador Afonso Eanes de Cotón que lle pide consello a unha delas sobre como debe comportarse para manter unha relación carnal satisfactoria, porque el é ignorante no tema, cando vén de casar. Ou o caso do rei Afonso X O Sabio que, nunha das cantigas de Santa María relata como a Virxe intervén para protexer a unha abadesa preñada que se durmiu diante do altar chorando e cando o bispo vai auscultala, estas foron as súas verbas:
“Cando a muller espertou,
e se atopou curada,
ao pouco tempo viu perante o bispo;
este examinouna en detalle,
e mandouna espirse,
e cando a viu,
comezou a loar a Deus
e as monxas a censurar,
que eran da Orde de Onna,
dicindo:”Se Deus me ampara,
declároa inocente,
que non sei de que se lle acusa” (Cantiga de Santa María).
A continuación, a angueira de don Emilio céntrase maís na parte documental que corresponde ao mosteiro, mentres que para a descrición e interpretación arquitectónicas, como se viu anteriormente, conta coa colaboración de X.R. F-Oxea. Asi, ademais de recoller varios documentos que teñen como protagonistas a doce das abadesas que actúan como responsables do mosteiro en legados testamentarios, foros, encomendas… e na polémica incorporación ao de San Paio de Antealtares, porque, como di o arquiveiro: “El monasterio de San Pedro de Lobanes se colocó desde un principio en la línea de los que ofrecieron oposición a la reforma y su abadesa hubo de ser una de las depuestas del cargo por sentencia. Así, entre los monasterios que Fr. Rodrigo de Valencia tenía que desencastillar y para los hazer llanos y le dar favor y ayuda estaba el de San Pedro de Lobanes”.
En canto ás posesións, considera o cóengo que era un mosteiro pobre. Dá unha relación de rendas e posesións desde 1514 ata principios do séc. XX, con algúns exemplos de froitos e cantidades recadadas de centeo, millo, trigo, viño, castañas, madeira, colmo, carneiros, manteiga….así como das posesións, que corresponden na súa maior parte ás parroquias dentro do couto xurisdicional: San Pedro e Santa Uxía de Lobás e de San Miguel da Piteira. Posuía fóra do couto algunhas posesións maís ou menos cuantiosas en: Amarante, Cornoces, Garabás, Goariz, Lago, Las, Longos, Loureiro, Madarnás, Mesego, Moldes, Pazos de Arenteiro, Vilela e Torcela.
Despois dunha serie de cambios de administradores, como sucedeu na maioría das parroquias, “El monasterio de Lobanes con todos sus bienes fue incautado en mayo de 1836 por los Delegados de la Comisión y Contaduría de Amortización”. Foi o prior frai Juan García Guntín o que lle fixo a entrega dos bens “no habiendo nada en la despensa, ni ganado alguno en las cuadras y sólo se hallaron treinta ferrados de de centeno en la panera y dos cubas vacías en la bodega. Todos los bienes, con excepción de la casa y huerta declaradas parroquiales, fueron enajendos a comienzos de 1843. O principal comprador foi don Bernardo Ruíz y Fuentes (arredor de vinte e cinco lugares) ou Vicente Romero Pérez que adquire, entre outros, os seguintes lugares : Bagarelas, Bertamil, Vilanova, Costoia, Souto de Vila e Piteira …
Nun dos apéndices dá “Razón de los bienes y rentas del monasterio de Lobanes”, de principios do séc. XIX , case todos eles referidos a bens aforados na contorna, con indicación de ferrados de centeo, reais, maravedís, muíños…de entre outros lugares os de: Mosteiro, Paradela, Bagarelas, Costoia, Bertamil, Piteira, Pol, Golpilleiras, Cazarrancas, Torcela (Oseira), Ramil e Lousado (Loureiro), Rivas, ( Maside), Tellado e Estreboedo (Maside), Salón (Gomaríz), Nonás (Moldes), Cornoces (Amoeiro)… muíños de Boedes (Santa Uxía de Lobás) …
A superficie do couto xurisdicional de San Pedro de Lobás no século XV abarcaba as freguesías de San Pedro de Mosteiro, Santa Uxía de Lobás e San Miguel da Piteira. Polo oeste lindaba en 1621 coa xurisdición de Orcellón coas parroquias de Veiga, Mudelos e Cangues. A abadesa nomeaba no couto a xuíz, meiriño e escribán. A conflitividade dos marcos con respecto a Orcellón supuxo algún conflito como aquel no que se dá conta sobre o aluguer dun monte na parroquia do Campo, polo que se solicita do xuíz de Orcellón que remita información ao xuíz da abadesa.
O mosteiro, dentro da súa estreitez se se compara co veciño de Oseira, aínda contaba con algunhas igrexas de presentación: a de Santa Uxía de Lobás e a de Santiago de Mudelos. San Pedro de Lobás, onde radicaba o mosteiro, era tamén parroquia. Constaba do só lugar do Mosteiro e mantivo esta independencia ata 1893 a resultas do “Arranxo Parroquial” da diocese de Ourense. En 1567 contaba con tan só catro fregueses, o que explicaba historicamente, en boa medida, a súa desclasificación como parroquia.
Don Emilio, aínda non conforme coa que el consideraba unha humilde contribución para o coñecemento do mosteiro de Mosteiro, incorpora unha detallada información sobre o que el titula como “Los tenentes de Orcellón” coa desculpa que o cenobio, como se dixo, estaba situado dentro da terra medieval de Orcellón coa desculpa de que o cenobio, como se dixo, estaba situado dentro da terra medieval de Orcellón.

Igrexa parroquial de Santa Uxía de Lobás. No fornelo, imaxe da patroa. (Xuño de 2025)
Así aclara que “hasta el último tercio del siglo XII estaban en tierra de Castela las feligresías de Juvencos, Brués, Loureiro, Mesiego, Jurenzás, Bouteiro, Señorín y Cameixa, todas ellas más tarde -y bien pronto- en tierra de Orcellón. Parece seguro por lo tanto que la tierra de Orcellón se incorporó tardiamente a la lista de las grandes tierras orensanas -Caldelas, Varoncelle, Limia, Búbal y Castela-, desprendiéndose de esta última”.
Mantén, asimesmo, que o castelo de Orcellón estaba en Xuvencos –villa de Jubencos, tierra de Castella, entre el río Luania y el Oviniano (Viñao actual)– (Carboeiro,926) , que pertencía á terra de Castela, que a fortaleza de Xuvencos era o castelo de Orcellón. Sobre Loureiro en 1071 (Carboeiro): -uillas prenominatas Laurario…site inter Castella e Cusanca prope aulam senetae Marine subtus alpe Lausario-.
De acordo cunha extensa documentación, don Emilio vén a concluír que o castelo de Orcellón localizaríase en Xuvencos e non en Xendive como mantiñan outros historiadores, ademais das versións máis recentes en Brués ao pé do Viñao e das Caldas. A todo o anterior engade que desde fins do séc. XII son constantes e repetidas as referencias á terra e tenentes de Orcellón. Numera unha extensa relación destes administradores, de Orcellón para aclarar de seguido que “la tierra de Orcellón nunca coincidio exactamente con el ámbito e la Maestreescolía de Orcellón, como tampoco la posterior “jurisdicción” de Orcellón”.
Neste aprofundar sobre Orcellón, aínda reserva unhas consideracións sobre o terreo que el mellor coñecería, o do actual concello do Irixo, en particular sobre a “terra de Cusanca”: “El topónimo Cusanca es conocido de muy atrás”.. “La mención de la tierra de Cusanca corre paralela con la de Orcellón, en los siglos XII y XIV. Si Froufe (-parroquia e lugar de nacemento do erudito cóengo-) estaba en tierra de Cusanca, a fortiori lo estaría la feligresía de San Cosme de Cusanca, y acaso otras del alto Irijo, como Campo, Dadín y Ciudad”.
Aínda suliña que dentro dos límites da Mestreescolía de Orcellón fóronse multiplicando e fragmentando co tempo as xurisdicións seculares e eclesiásticas, que, pola súa extensión, só engadimos aquelas que teñen maior relación co que vimos relatando: Lobás: freguesías de Lobás, Mosteiro e Piteira, do mosteiro de Antealtares, por anexión ao de Lobás; Orcellón, a máis extensa coas parroquias de: Brués, Cameixa, O Campo, Cangues, A Cidá, A Espiñeira, Froufe, Xendive, Xuvencos, Xurenzás, Longoseiro, Moreiras, Mudelos e Ponte da Veiga do conde de Monterrei; Corneda: couto redondo de dona María Pardo; Pazos de Arenteiro: con Albarellos, Astureses, Cusanca, Dadín, Parada de Labiote, Pazos e Reádigos da Encomenda de S. Xoán. Hai, ademais, algunhas outras que non pertencendo ao mestreescola de Orcellón no civil, estaban baixo a xurisdición no eclesiástico.
Conclúe don Emilio que agotada a etapa (XIV-XV) dos tenentes, sería un “merino” o que ostentaba a representación da “merindade”, dependente do “adelantado”. Que no século XIV exercerían señorío en varias das freguesías anteriores os Churruchaos, e posiblemente en todo o Orcellón, que pasarían ao Conde Monterrei ata a supresión dos señoríos coa fin do Antigo Réxime.
Despois de todo o anterior, e pedindo desculpas a todas as persoas que tiveron a curiosidade e mantiveron a calma de chegar ata estas últimas liñas, sen embargo, procede aclarar que todo é froito do inmenso labor -neste caso en colaboración con X.R. F.-Oxea na parte arquitectónica- de don Emilio Duro Peña, ao que toda a provincia de Ourense debe estar eternamente agradecida, en especial o concello do Irixo, do que reclamo un recoñecemento público -quizais neste ano 2025 por cumprirse o trixésimo aniversario do seu pasamento- dada a súa monumental obra de investigación documental recoñecida con cargos como o de director do Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo, académico correspondente de la Real Academia de la Historia e unha ampla bibliografía sobre os mosteiros ourensáns de: San Pedro de Ramirás, San Pedro de Rocas y su colección documental, Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa María de Asadur; Documentos da catedral de Ourense, Los códices de la catedral de Orense, Las antiguas dignidades de la catedral de Orense, La música en la catedral de Orense…

La Región, 16 de xuño de 1973: D. Emilio Duro Peña no Salón de Actos de Información e Turismo
Xulio Dobarro Ferradás, o seu humilde admirador.
O Irixo, seis de xuño de 2025.
Outros artigos de Xulio Dobarro
Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”
O Irixo-Dadín : J. César, unha década “de nuestro corresponsal” de “la Región” (III)
O Irixo: J. César, unha década “de nuestro corresponsal” de “la Región” (ii)
O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal” en “La Región”
Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán
Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”
Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “
Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”
Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”
Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.
Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”
Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “
Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “
Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”
Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”
Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”
Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)
Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”
Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”
Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “
Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “
Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme
Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “
Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “
Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?
Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III
Xulio Dobarro: Escolma artesanal II
Xulio Dobarro: Outono de vida e morte
Xulio Dobarro: Escolma artesanal
Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”
Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “
Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”
Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro
Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)
O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria
A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )
O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu
O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado
O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I
O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “
O Irixo, escaparate centenario da emigración
O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)
O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).
O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)
O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)
O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono
O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”
Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”
O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”
Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor
O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”
O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)
O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )
O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela
O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro
O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)
O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote
O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”
O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira
O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda
O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ
O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues
O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo
O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa
Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958
Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago
Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo
Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)
Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo
De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.
