Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo

    “Fué el Obispo FR. Alonso de Cusanza (sic) un gran bienhechor de su Convento de Ribadavia al que nunca olvidó; y de ello quedan bien patentes en su escudo de armas que se colocó en la fachada de la iglesia conventual. En algunos manuscritos del archivo del mismo Convento, registrados por el historiador de Ávila y la Cueva, se consigna que le regaló varias alhajas, su pontificial, una cruz  de metal precisoso y otra muy antigua de cristal magnífico labrado y de gran tamaño, que usó la Comunidad en las procesiones ordinarias hasta la fecha de la exclaustración”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

    (El Ilustrísimo Fr. Alonso de Cusanza /Siglos XIV-XV)-El convento de Santo Domingo de Ribadavia, por el P. Aureliano Pardo, O. P.): Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense.

Basílica de San Domingos de Ribadavia (XIII-XIV) en cuxo tímpano locen, da esquerda á dereita, os  escudos de armas dos Sarmiento (cos trece roeles) o Real de Castela (castelo e león) e o de Frei Alonso de Cusanca (cruz grega flordelisada, común á orde dominica, como na torre lateral.)

 Unha vez máis, traemos a estas páxinas un topónimo de longa tradición do concello do Irixo que vén dando nome a un pequeno núcleo de poboación e a unha parroquia baixo a advocación de San Cosme ( e Damián, esquecido). Na actualidade, aínda que a igrexa parroquial se ubicou nun punto distinto do lugar de Cusanca, hai unha opinión abondo estendida entre os fregueses que sería ese lugar, Cusanca, o que acollería unha pequena abadía e a primitiva igrexa parroquial, que despois foi transladada á Eirexe. De feito, téndese a chamarlle á parroquia San Cosme, -quizais para evitar a confusión co lugar do mesmo nome-, pero, en todo caso, o nome orixinal, antes de adoitar a cristianización sería Cusanca, (Ano 876:ecclesias de…Castellam, Cusancam) tal e como se viña identificando desde o século VI, no Parrochiale Suevorum.

Completan a fachada un imponente rosetón, e a porta principal unha mostra senlleira do románico oxival de transición ao gótico de columnas con arquivoltas, decorando os capiteis con motivos vexetais e un año. Na dovela, S. Domingos. Outro escudo coroado  dos Sarmiento preside a ábsida.

 Feita esta consideración, e seguindo as ensinanzas dalgunha publicación que chegou ata nós, como por exemplo dos historiadores X. Hervella, Samuel Eiján e a de quen é responsable da entrada inicial, trataremos a seguir da fonda relación establecida entre o que é coñecido como o bispo Frei Alonso de *Cusanza e a vila de Ribadavia, en particular coa igrexa e convento de  San Domingos e a súa igrexa, así como coa ermida da Virxe de Lodairo (Carballeda de Avia) da que o seu crego, o Rvdo.  D. Antonio Blanco Caride , publicaba no xornal La Región ( 21 de maio de 1972) unha reportaxe  titulada “Carballeda en fiestas. Orígenes de Nuestra Señora de Lodairo”, na que, ademais dunha lección filolóxica sobre o topónimo “Lodairo”, nos advirte o seguinte: “La ermita consta de tres partes, pertenecientes a otras tantas épocas y estilos arquitectónicos. La fachada y nave principal son de estilo “románico y transición”. En el tímpano de la puerta principal se halla incrustado un escudo esculpido en piedra que sin duda alguna pertenece al que fue prior del convento de Dominicos de Ribadavia, Fray Alfonso de Cusanca, natural del pueblo de Cusanca de Irijo”.

Fachadas laterais, -a da esquerda en parte reformada-  ao maís puro estilo románico-gótico.

Y es que en otros tiempos estos pueblos de Carballeda de Avia, estuvieron al cuidado espiritual de de los Dominicos de Ribadavia y es muy posible que esta ermita del Lodairo desempeñase las veces de iglesia paroquial. Un testamento de de fecha 26 de agosto de año 1400, así aparece confirmarlo. Dice: [El prior Arias de Cusanca y otros frailes de Santo Domigo de Ribadavia, juntamente con un Terciario, como cumplidores del testamento del Dominico Fray Alfonso de Lodairo, venden a Beltranche, escudero, y a su mujer Sancha Vella, las “leiras” que el tal Dominico poseía en Carballeda…] .

  O historiador X. Hervella, ao referirse aos Personaxes ilustres do Irixo, incluso emprega un titular colectivo, OS CUSANCA, no que inclúe o bispo, Frei Alonso, para de seguido expresar que “Nados todos eles no pequeno pobo de Cusanca, freguesía de San Cosmede de Cusanca”. Engade algúns datos biográficos máis, como o seu paso polos conventos de Ribadavia, Toledo, como confesor dos reis Enrique III e Juan II, bispo de Ourense e León, Osma -que non acepta- para retirarse ao de Ribadavia, onde falecería en 1440, onde será sepultado, e en cuxa lápida, unha vez máis, constaban as súas armas episcopais, sendo que aquela desapareceu de cando unhas reformas levadas a cabo en 1852 no claustro anexo.

 Aínda hai outras persoas vencelladas á familia de Alonso que tamén son coñecidas polo topónimo de onde “supostamente” eran naturais: un irmán, Frei Juan de Cusanca, abade na Colexiata de Santo Isidre de León (1483-1509) cuxa capela mandou construír e loce o seu escudo heráldico.

 De 6 de xullo  de 1433 hai un contrato de “Foro otorgado por el prior Fray Juan de Cusanca -doutor vicario- y el cabildo del convento  de Santo Domingo de Ribadavia a favor de Juan Lorenzo y de su mujer María Pérez de un lagar con su casa y dos cortiñas en Santiago de Alén” (neste sitio sería levantado no século XVI o convento de franciscanos).(El monasterio y convento de Santo Domingo de Ribadavia. Mª del Carmen R. Paradela/ Boletín Auriense, nº 8-1987)

 “A saga dos Cusanca” continúa con dous sobriños: Gonzalo de Cusanca (mediados do século XV), quen, despois de exercer como Arcediago de Castela na catedral de Ourense e abade en S. Guillermo de León, pide ser enterrado  na catedral de San Martiño, “a donde iaz meu hirmano Martín, antes Arçediano de Limia”, que vive no primeiro cuarto de século XV e foi sepultado na catedral ourensá. Nalgún caso noméase a un Martín Yañez de Cusanca que puidera ser o mesmo?

 Dicia que que con respecto a este apelido ou alcume toponímico especificativo, “de Cusanca”, teño as miñas dúbidas -aínda en contra dos documentos- en canto a que todos eles fosen naturais de lugar tan cativo e da mesma familia por moi devota que esta fose,  e se non se tratará -segundo se mantén na tradición local- de que alí existiu unha comunidade relixiosa -de ata oito monxes-?, de tal xeito que todos adoptasen o apelido “de Cusanca” non tanto polo lugar de nacemento de cada un deles, senón por ter profesado  nesa comunidade conventual? En calquera caso, o topónimo “terras de Cusanca”, ademais da antigüidade xa referida, aparece desde a Idade Media en constante relación co de Orcellón, como xa se ten dito noutras ocasións, e propoñendo a súa difusión actual coaa entretida “Farsa de Cusanca e Orcellón”.

 Nesta pelegrinaxe persoal e habitual do Irixo a Vigo, e para poder dar constancia en firme da perdurabilidade da igrexa e as pegadas do noso paisano Frei Alonso de Cusanca e “parentes” na comarca do  Ribeiro, fixemos parada nestes días, mentres os motores fungaban a lume de carozo pola ribeira do Avia coa celebración do rali de Ourense, non sen antes deternos a admirar a extraordinaria igrexa e  granxa de Santa Mariña  de  Gomaríz; porque, se a igrexa medieval

Igrexa e Granxa de Santa Mariña de Gomariz (Leiro)

resulta senlleira dentro da arte románica,  non o é  menos  a construción anexa  de planta rectangular  -que para min resultaba enigmática cando a observaba desde a estrada crendo que se trataba do mesmo edificio pero que de preto se conclúe que non forma parte da parroquial-  senón que é   unha construción complementaria-adxectiva que, historicamente se coñece como GRANXA, que non ten moito que ver co que se soe entender modernamente por este vocábulo. Por outro lado, exteriormente reúne case todos os elementos característicos dunha construción medieval destinada ao culto como son un inxente número de canzorros, contrafortes… aínda que  en parte escurecidos polos panteóns que se foron construíndo adosados, polo menos á fachada visible polo oeste

Unha curiosa e vedraña historia relacionada coas propiedades do que foi dono do actual edificio do Museo etnolóxico de Ribadavia, don Teófilo Rodríguez Vaamonde, marqués deVaamonde, que  adquirira os dereitos de foro sobre os montes de Corneda-O Irixo, e ante a pretensión do concello de “usurpalos”, os fregueses inician un longo proceso reivindicativo que se remonta ao ano 1326.

 Pois, foi nesta ocasión, cando na visita ao museo etnográfico de Ribadavia puiden follear o libro de X. Luis Sobrado e outros: As arquitecturas históricas do viño. Polos ribeiros do Miño e do Avia.Xunta de Galicia (2020) e asi resoltas varias dúbidas ao respecto da Granxa e o priorato de Gomariz,  entre outras, a orixe, a administración de quen dependeu historicamente (Toxos Outos-Lousame, Sobrado,  ademais da arquitectura, os lagares  que albergaba o seu interior para a elaboración do prezado viño de Gomariz e a súa contorna…En fin, unha xoia!, se non pasen e vexan, aínda que só sexan os exteriores…[-Desde logo, o viño salvaba montañas e vales, o interese comercial e  súa degustación superaban todas as dificultades. Ademais,  de non ser polos arrieiros, que desde puntos tan afastados se chegaban ata o Ribeiro, non se trazarían moitos dos camiños que desde aquí levaban a Santiago, e a case todos os mosteiros de Galicia …].

 Como nas terras altas de  Cusanca, polas brañas de Lagorzos, agorgullan moitas das augas nacentes do Viñao que van parar ao Avia, despois de mover  noutros tempos moitas rodas de muíños de grans ou de curtidos xa por terras de Xendive, aserradoiros e  batáns hoxe en ruínas, reservamos un espazo para algunhas das pontes de entre o medievo e a idade moderna que resisten fronte ás enchentes cos seus tallamares ben asentados, ata que por terras de Brués saúdan os restos do castro-castelo-Caldas de Orcellón se é que damos por definitiva a teoría de que estaría por estes lares o castelo dese nome, Orcellón, que como dícia o historiador Emilio Duro Peña, non temos a certeza de se foi antes a coñecida como Terra/Xurisdición/Dignidade de Orcellón ou o castelo homónimo. 

Ponte de San Clodio, á altura de Leiro, declarada como monumento Nacional en 1981.Construída entre 1496-98, reformada en 1748 e lugar de encarnizados enfrontamentos en 1809, cando a guerra de Independencia contra os franceses, como o foi tamén a Ponte da Cruz de Pazos de Arenteiro

Pola outra vagoada o río Pedriña, que nace pola parte máis alta da parroquia de Loureiro, arredor dos lugares de Valduíde e Ramil (ambos os dous clausurados), Valduíde e Lousado, despois de regar o val de Loureiro, chega ata o Eixán na parroquia de Corneda para demarcar  as estremas entre

Ponte medieval e muíño da Ponteferreira ao seu paso polas Campinas-O Irixo

o concello do Carballiño e a parroquia de Corneda  do Irixo, e así abastecer o Arenteiro ao pasar a Ponterriza, ao pé dun orixinal cruceiro, e contribuír así ao caudaloso Avia ata xuntarse ao Miño, ao  pé  da Insua (-illas bañadas pola auga doce) na ribeira de Ribadavia (topónimo abondo transparente: Rippa/riba + avia). Quizais dona Emilia Pardo Bazán (1851-1921) cando escribiu a súa novela O Cisne de Vilamorta –O Carballiño-para referirse ao río Arenteiro como “Avieiro” cabilouna composición dos dous hidrotopónimos: Avia+ Arenteiro. -Vai ti a ver!

A Ponterriza-Longoseiro (O Carballiño)

 Ao deixarmos atrás o concello de Leiro, á vez que nos acompaña o Avia pola dereita e a terra cha de Beade pola esquerda no alto atópase un conxunto interesante, non só desde o punto de vista arquitectónico pola súa igrexa de estilo barroco, moi na súa liña a da parroquia de Corneda da que esta debeu seguir o exemplo, dado que en tempos foi subsidiaria da encomenda de Beade-Orde de Malta. A contorna da igrexa complétase coas ruínas da que foi casa prioral con acceso axardinado  e un conxunto escultórico interesante a modo de calvario. 

 Deixamos para outra ocasión algunhas outras referencias á comarca do Ribeiro ao seu paso por esta estrada, O Carballiño-Ribadavia, como o desvío que nos leva ata o mosteiro bieito de San Clodio ou as casas fidalgas que desde hai un tempo acollen varias adegas de viños de sona recoñecida, cunha referencia a Raphael Lentille (Xurisdición de Roucos), dono da parroquia de Corneda, ou outras do Irixo aforadas pola familia de Félix Toubes e Somoza e mesmo con posibles antecedentes familiares no lugar da Candosa-O Regueiro (O Irixo) onde teño recollida algunha fotografía na que aparecen o pai cun pé de foto :”Sr. Jose Lopez Monin, 10 de noviembre de 1923, natural de Candosa ayuntamiento de hirijo, partido gudicial de Carballino Orense España” e o fillo, este co nome de “Sr. Manuel Lopez Touves, natural de Candosa, higo de Jose Lopez Monin y Teresa Touves-1923”. Á altura de Leiro, á dereita, o indicador  recomenda unha ruta pola  polo conxunto natural de Pena Corneira ou seguir a ruta das adegas a ambas mans da estrada.-Outro día será!

Baixo-relevos en cruceiros de Loureiro-O Irixo, A Ponterriza-Longoseiro-O Carballiño; igrexa de Xendive-Boboras ao pé do Viñao e inscrición na fachada da igrexa do Portal na que constan os nomes dos condes de Ribadavia, D. Manuel Sarmiento e Teresa de Sotomayor e da condesa V D Francisca, “pusieron la primera piedra“.

 Sería moi pretencioso pola miña parte pretender dar unha información detallada e contrastada dos diferentes lugares aos que veño de facer referencia, porque estas páxinas non son nin unha guía nin unha investigación sobre tan extensa materia, porque para iso están os coñecedores do espazo e o tempo ao que veño de referirme.

 A intención inicial de mergullármonos na contorna de Ribadavia desde O Irixo seguindo o curso dos ríos Viñao e Arenteiro ata o Avia, estes non son máis que é unha sorte de fío condutor, porque  a finalidade de toda esta angueira non era outra máis que o de comprobar de primeira man se as referencias  documentais que conectan a montaña e o Ribeiro seguían aí, en particular aquelas que tiveron como protagonista a Frei Alonso de Cusanca-O Irixo. Pois,efectivamente, presiden a entrada á igrexa de San Domingos e na ermida de Lodairo en Carballeda de Avia. Por outro lado,  e a modo de curiosidade, queremos deixar constancia de que o antigo propietario do edificio actual do museo Etnográfico de Ribadavia, o marqués de Vaamonde, tamén deixara a súa pegada na parroquia de Corneda, tal e como se recolle no BOP de 18 de marzo e 1899, cunha complexa resolución xudicial do conflito entre o concello e os veciños da parroquia que para ser resolta a favor daqueles se remontan a unha pescuda histórica, nada menos que na Idade Media: “Resultando de los documentos presentados  por los reclamantes que por carta de donación otorgada en el año 1326 ante el escribano del rey en la villa de Chaves, doña Mencía, viuda de D. Andrés Fernández y su hija doña Milla, transfirieron a la  Orden del Hospital de San Juan de Rodas cuantos derechos y posesiones tenían enSantiago de Corneda con todos sus cotos y pertenencias que se demarcan”. (Ver copia completa da resolución xudicial do BOP en páxinas anteriores).

Queda algunha que outra curiosidade  como a que fai referencia á encomenda de Beade ou ao pazo de Lentille pola dependencia que mantiveron algúns predios do concello do Irixo con respecto a aqueles, esquecendo outras relacións polas que os condes de Ribadavia exerceron o control da que sería a Xurisdición de Pazos de Arenteiro e a de  Orcellón, e o couto de Corneda durante o Antigo Réxime.

  

Retablo da igrexa do Portal, igrexa de Santiago e castelo dos Sarmiento, condes de Ribadavia.

 Ribadavia, 14 de xuño de 2025.

 Xulio Dobarro Ferradás.


Outros artigos de Xulio Dobarro

Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes  por  Emilio Duro Peña “

Xulio Dobarro “Quincuaxésimo aniversario da pergrinaxe da virxe de Fátima  desde a Ponte  á Pena da Sela  (1967). Novena  a partir do día 3 de maio -2025.”

Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.