Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

O pasado día 10 o Diario Oficial de Galicia publicou o concurso para a redacción do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial da Ampliación do Parque Empresarial de O Carballiño – Maside (en adiante o Plan Estruturante) e do proxecto de desenvolvemento e urbanización. Esta noticia e a da reunión do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, con alcaldes e empresarios foi recollida en Badal Novas ese mesmo día.

Comezarei por sinalar que o Plan Estruturante, entre outras determinacións, conterá “o estudo da incidencia sobre o territorio físico, as afeccións ambientais e paisaxísticas e os medios de corrección ou minimización das mesmas” así como, “a identificación das infraestruturas verdes precisas para mitigar, entre outros, a alteración, perda e fragmentación de hábitats e a deterioración de procesos ecolóxicos e servizos ecosistémicos, así como o incremento dos riscos naturais” (Art. 33 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia).

O concurso para a redacción do Plan Estruturante rexerase polo Prego de Prescricións Técnicas Particulares (en diante o Prego) que “ten por finalidade establecer os requisitos técnicos para a contratación dos traballos necesarios para a redacción deste PEOSE”.  Tendo en conta a trascendencia medioambiental dunha infraestrutura desta envergadura no futuro da nosa comarca, no que segue vou facer unha análise do tratamento que se lle da a esta cuestión no concurso anunciado.

Entre outras consideracións e determinacións, o Prego sinala que “o IGVS remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica, a cal achegará o borrador do PEOSE e o documento ambiental estratéxico…”, para ser sometido a unha avaliación ambiental estratéxica simplificada, regulada polo Art.29 e seguintes da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de Avaliación Ambiental (en diante a LAA).

Segundo a LAA o proceso de avaliación ambiental simplificada está previsto para os “plans e programas que establezan o uso, a nivel municipal, de zonas de reducida extensión” (artículo 6.2.b); o ámbito espacial do Plan Estruturante é de alcance supramunicipal, comprende terreos dos concellos de O Carballiño e de Maside, polo tanto, necesariamente deberá ser sometido ao procedimiento de avaliación ambiental ordinaria regulada polo Art.17 e seguintes da citada LAA.

Así mesmo, o Prego tamén establece que para a tramitación do impacto ambiental do proxecto de desenvolvemento e urbanización é de aplicación o artigo 45 e seguintes da LAA, polo que se regula a avaliación de impacto ambiental simplificada. Con todo, no Anexo I da LAA, que recolle os proyectos que deben ser sometidos á avaliación ambiental ordinaria, figura “Calquera proxecto que supoña un cambio de uso do chan nunha superficie igual ou superior a 100 ha”; o Plan Estruturante ten como obxectivo o cambio de uso dunha superficie que supera as 100 ha, polo tanto, necesariamente o proxecto de desenvolvemento e urbanización deberá ser sometido ao procedimiento de avaliación ambiental ordinaria regulada polo Art.33 e seguintes da nomeada LAA.

Para que o lector se faga unha idea da importancia de realizar unha avaliación ambiental simplificada ou unha ordinaria, cabe destacar que, entre outras cuestións, a primeira carece do periodo información pública no que poida participar a cidadanía. O procedemento de avaliación ambiental ordinario aplícase naqueles casos, como o que nos ocupa, no que pola natureza das actuacións ou pola magnitude das mesmas prevese que teñan un impacto ambiental significativo. É un proceso máis longo, máis laborioso, pero máis garantista.

Por outra banda, o Prego non fai mención algunha a que no procedimento de avaliación ambiental do Plan Estruturante se deberá dar resposta as consideracións e determinacións que a declaración ambiental estratéxica do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia fai específicamente para a Ampliación do Parque Empresarial de O Carballiño – Maside, e que foi formulada polo órgano ambiental da Xunta de Galicia o pasado 18 de decembro de 2023.

Neste sentido, convén salientar que a declaración ambiental estratéxica recolle que existe toda unha serie de cuestións de transcendental importancia que ata o de agora non foron abordadas, ou se fixo de maneira incompleta ou incorrecta, e que por tanto deberán ser convenientemente tratadas na fase de tramitación urbanística que agora se inicia: o Plan Estruturante. Entre as cuestións relevantes pendentes de análises destacan as seguintes:

  • Xustificar a conveniencia e oportunidade do desenvolvemento urbanístico, con especial consideración aos motivos de demanda e necesidade de solo empresarial na área de influencia do enclave previsto.
  • Un estudo detallado da situación da infraestrutura no consorcio de augas, verificando a suficiencia do caudal de auga outorgado. Faise referencia á necesidade de ampliar a ETAP e construír un novo depósito.
  • A reaización de estudos de inundabilidade.
  •  Un estudo sobre os mananciais e valorar a súa posible afección e engadir á cartografía a súa localización así como unha caracterización da vexetación real afectada e adoptar medidas para a conservación do bo estado ecolóxico dos tramos de cabeceira dos ríos e o mantemento da cadea trófica.
  • O tratamento dirixido a preservar a naturalidade das zonas potenciais de bosque aluvial (hábitat prioritario 91E0*) e terreos higromorfos e a súa integración nas zonas verdes. … Entre as medidas previstas, a proposta de zonas verdes mantén unha superficie considerable de cuberta vexetal en estado natural… Para esta finalidade será ademais importante a restauración e conservación das zonas húmidas que se atopan nos ámbitos.
  • Establecer as condicións de integración paisaxística cos bordos de contacto co solo rústico e o núcleo de Dacón, a zona industrial no contexto residencial e de dotacións da zona oeste.
  • Un estudo de tráfico e avaliación da mobilidade, no que se analice a repercusión xeral na área territorial de influencia, e mesmo as determinacións precisas para… realizar a conexión cos asentamentos próximos mediante beirarrúas, sendas, etc., que ofrezan unha boa e segura conectividade peonil. Valorar a posibilidade de executar o viario de enlace entre as rotondas este e sur do parque empresarial.
  • Os estudos de mobilidade previstos… deberán analizar a súa incidencia nas emisións á atmosfera.
  • Un estudo sobre a posibilidade de conectarse á rede ferroviaria.
  • A necesidade de que se analicen e establezan determinacións para evitar a afección acústica sobre áreas residenciais e dotacionais próximas.
  • Un estudo e prospección do ámbito de actuación e da súa contorna que identifique todos os bens do patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, etnolóxico, artístico, industrial, científico e técnico e documental e bibliográfico.

Tamén se debe incidir en que ante as significativas carencias conceptuais que xa se produciron no proceso de avaliación ambiental do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, que foron referendadas na propia declaración ambiental estratéxica formulada polo órgano ambiental, levar a cabo unha completa e detallada satisfacción das cuestións anteriormente descritas adquire unha especial relevancia na elaboración do Plan Estruturante e dos instrumentos de desenvolvemento e execución da Ampliación do Parque Empresarial de O Carballiño – Maside.

As deficiencias do Prego de Precricións Técnicas son de tal importancia que por se soas invalidarían o procedemento de licitación posto en marcha. Neste sentido, non sería de estrañar que alguén podería pensar que os órganos reitores da Xunta de Galicia teñen un gran descoñecemento conceptual da lexislación ambiental ou simplemente que se limitaron a copiar o Prego doutra actuación (nótese que na cabeceira do formato dixital pódese ler “Microsoft Word – 220204 PPTP PIA Coristanco”).

Pero ademáis, os prazos asignados para a execución do contrato no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, tanto pola súa estrutura como pola terminoloxía empregada, suxire que foron realizados tendo en conta que se pretenden aplicar procedementos de avaliación de avaliación simplificados, que como xa se sinalou non se corresponden co prescrito na lexislación ambiental.

Todo o exposto anteriomente indicaría unha grave falta de profesionalidade da Xunta de Galicia. Por iso, quixera facer un chamamento aos grupos políticos municipais para que comparezan ante o IGVS solicitando que se anule o concurso e se proceda á redacción duns Pregos que respondan á realidade do Plan Estruturante da Ampliación do Parque Empresarial de O Carballiño – Maside, de forma que se garanta a seguridade xurídica dos mesmos. Non se debe refugar a posibilidade de que calquera persoa, física ou xurídica, pode recurrir ante a Mesa de constratación ou acudir ao amparo da xurisdición ordinaria e, no seu caso, solicitar a anulación das actuacións.

En resumo, ata o de agora só se precisa unha cousa: que a Xunta faga as cousas ben.



Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano