Pablo A. Guillén: “O patrimonio da infraestructura verde do Carballiño non conta cunha protección real”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

O plan urbanístico do municipio data de 1999 e non recolle a lexislación vixente, deixando desprotexidos ríos, lagoas, corredores ecolóxicos e espazos de elevado valor ambiental.

Que é a infraestrutura verde e por qué importa

A Unión Europea definiu en 2013 a infraestrutura verde como unha rede planificada de zonas naturais e seminaturais capaces de prestar servizos ecosistémicos: auga limpa, aire puro, alimento, biodiversidade. Non é un concepto abstracto: son os ríos que proporcionan a auga que bebemos, os vexetais que nos alimentan ou os bosques que regulan o clima.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Galicia adaptou esa directriz europea coa súa Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e Conectividade Ecolóxica (EGIVCRE) en 2024, cuxo obxectivo declarado é crear unha rede territorial continua entre aqueles espazos de maior valor ambiental, paisaxístico e cultural. No Carballiño, esa rede existe sobre o terreo. O que non existe é a súa protección legal sobre o papel.

Un municipio con activos naturais de primeiro nivel

O patrimonio natural do Carballiño é notable. O municipio conta con catorce espazos catalogados como Hábitats de Interese Comunitario, figuras de protección europea recoñecidas pola Directiva Hábitats (92/43/CEE) e os seus ríos —Arenteiro, Marañao, Carrás, Pedriña— , cos seus afluentes, forman corredores ecolóxicos de primeira orde.

No capítulo de humidais, o municipio dispón de catro zonas de alto valor: a Lagoa de Veiga, a Lagoa de Varille, a Lagoa de As Barcias e a Presa de Bouteiro. A estas súmanse decenas de fontes —só na parroquia de Carballiño contabilízanse máis dunha ducia— e o paseo fluvial do Arenteiro como principal eixo de uso público. Os Xardíns do Balneario, o Parque Municipal e a área Recreativa da Madanela completan o mapa verde como espazos de uso cidadán.

Un plan urbanístico que non protexe o que debería protexer

O Carballiño ten un Plan urbanístico que entrou en vigor cando aínda non existía ningunha das principais leis autonómicas que hoxe conforman o marco de protección do patrimonio natural. Con todo, a propia EGIVCRE é explícita respecto diso: os municipios deben definir e regular medidas para a conservación e xestión da Infraestrutura Verde nos seus instrumentos de planificación.

O resultado é o que os técnicos denominan unha disfuncionalidade preocupante: a normativa vixente non recoñece os espazos que hoxe teñen ou deben ter protección legal nin establece salvagárdalas que a lexislación actual esixe. Dáse o paradoxo de que un espazo natural pode estar protexido pola lei galega e, ao mesmo tempo, quedar sen cobertura no plan local que regula que se pode construír e onde.

A solución: actualizar o plan urbanístico

A folla de roteiro é clara: unha modificación do Plan urbanístico do Carballiño que incorpore as directrices da Estratexia de Infraestrutura Verde e poña ao día a protección do patrimonio natural do municipio. Non se trata de frear o desenvolvemento, senón de garantir que as decisións urbanísticas tómanse cun mapa actualizado do que merece ser conservado.

Por último, recodar que o pasado luns día 9 de marzo, tivo lugar a celebración do DIA DO NATURALISMO GALEGO, en homenaxe a Frai Martiño Sarmiento, nado nese día de 1695 en Villafranca del Bierzo, considerado un dos primeiros naturalistas de Galicia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”

Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”

Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------