A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


O Couto Mixto é unha realidade histórica recuperada por Luís M.Garía Mañá. Da súa existencia quedou a constancia que foi unha institución xurídica e política singularizada pola súa modélica organización de autogoberno democrático, no que os cargos públicos eran elixidos por sufraxio comunal, convivindo con dous estados extremeiros con formas de goberno medievais.

Luís M.García Mañá sostén que o Couto Mixto tiña características propias dun estado republicano. Os seus privilexios outorgábanlles aos seus cidadáns un estatus no que era posible o libre comercio, a elección da nacionalidade (española ou portuguesa) , asi como non prestar servizo militar nas tropas daquelas monarquías absolutistas. Eses eran algúns dos “privilexios” que definían a esa república arraiana.

Desaparecido o Couto Mixto en 1863 por mor dunha Lei de Lindes acordados polos estados español e portugués, o tres pobos pasaron a formar parte de dous concellos, e integrárense no sistema constitucional. Co paso do tempo a súa historia foise esborroando da memoria colectiva, e a píques estivo de pasar a ser unha lenda.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Hai agora trinta anos constituíuse a Asociación de Amigos do Couto Mixto coa finalidade de restaurar a lembranza do seu pasado histórico. Fóronse sucedendo actos programados para afondar nos anais da memoria. Organizáronse cursos académicos en colaboración coas Universidades de Vigo e Tras-Os-Montes; editáronse monografías e publicacións de diversa índole, todas elas complementarias para informar con rigor das pecualiaridades  dun territorio  con características propias dun estado independente; os medios de comunicación audiovisuais participaron na reconstrución dunha identidade esluída con  documentais informativos con proxección de gran alcance; sen descoidar o papel decisivo que tiveron neste proceso os actuais moradores daquelas terras arraianas, que hoxe senten o orgullo do seu pasado.

Para pular este proceso a Asociación de Amigos do Couto Mixto vén de crear a homónima Academia de Ciencias Sociais, na que se van integrando especialistas nas diversas áreas do coñecemento. Nas cadeiras da Academia terán asento de aquén e alén da raia especialistas en  antropoloxía, xuristas, teóricos do desensolvemento e planeamento económico dos territorios, medioambientalistas, porque non hai que esquecer a importancia que teñen os parques naturais nese amplo territorio,  que aportarán os seus coñecementos para aproximar as institucións públicas e estimularen  a cohesión social e boa veciñanza valéndose da ciencia.

Nese proxecto de dotar de coñecementos e proxectos de futuro en sintonía coas directrices marcadas pola Unión Europea serán un referente tamén as leis de Patrimonio Cultural de Galicia de maio de 2016, que lexitima os territorios históricos con medidas protectoras, e a Lei de Protección da Paisaxe de 7 de xullo de 2008, pedras angulares do exercicio da dignidade colectiva. Unha das primeiras medidas que tomará a Academia  Galicia será demandar do plenario da Deputación de Ourense a declaración de “territorio histórico” para que sexa remitida á Xunta de Galicia que é a competente na materia.

O próximo día 28 do mes que andamos, ás 18,30 horas, lerán senllos discursos de ingreso na Academia  no Salón de Graos Vicente Risco (4º andar do edificio de ferro do Campus de Ourense) dona Carme Eiró Bouza, Fiscala Superior de Galicia, que durante moitos anos exerceu na Audiencia Provincial de Ourense as funcións de responsable de medio ambiente e de Urbanismo de Galicia, e don Fernando Serrulla Rech, médico e antropólogo forense del Instituto de Medicina Legal de Galicia, unha figura clave na súa especialidade con grande predicamento na comunidade científica galego-portuguesa. O acto e aberto ao público.

* Presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”

A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”

A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”

A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------