Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.
Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:
Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos ecosistémicos.
Cada ano, desde 1.988, a Sociedade Española de Ornitloxía (SEO/BirdLife) organiza unha votación para elixir á ave do ano. Este ano o xílgaro impúxose con 6.519 votos ao corvo mariño moñudo (2.542) e á laverca común (2.472). A noticia foi recollida pola prensa escrita de Galicia.
Os xílgaros (Carduelis carduelis) son aves moi apreciadas polo seu canto. Ademais, son paxaros moi rechamantes pola súa cabeza vermella, branca e negra, e as súas ás negras con franxas amarelas.
O período de cría vai desde mediados de marzo ata principios de agosto, podendo chegar a realizar varias postas en anos nos que o tempo e a disposición de alimento acompañan.

O niño do xílgaro tamén é moi característico. Consiste nun pequeno cunco de pequenas ramas, herba, la de ovella ou pelos de cabalo que recolle dos campos, que adoita situalo na punta das ramas das árbores, en zonas inestables para evitar que accedan os depredadores máis pesados ás ramas altas das árbores, servíndolle dun ano para outro.
A femia é a encargada de incubar os ovos (ata media ducia por posta) durante ao redor de dúas semanas, sendo alimentada e atendida en todo momento polo macho. Se todo vai ben os pitos abandonan o niño ás tres semanas.
Prefire os lugares calorosos, polo que en Galicia non é moi abundante. Ademais dos problemas de conservación derivados da deterioración dos ecosistemas agrarios e a diminución dos espazos verdes nos ámbitos urbanos, a rechamante coloración da súa plumaxe e o seu variado canto constitúen a sua perdición, sendo a ave máis perseguida e trampeada en España, segundo apunta a SEO/Birdlife.
A especie está a sufrir un pronunciado e sostido declive polas ameazas derivadas das actividades humanas. Os máis maiores xa non lembran o seu belo canto e os máis novos descoñéceno. Unha mágoa.
Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:
Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”
Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”
Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”
Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”
Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”
Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “
Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″
Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”
Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”
A “Parada de Autobús Intermodal”
O plan especial de seca: un plan moi especial
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro
Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial
Las alternativas para la ampliación del polígono industrial
La ampliación del polígono industrial en información pública
Ahorro de energía en el alumbrado público
Ahorro energético en comunidades de vecinos
El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud
Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas
Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable
Carballiño: Puerto seco de Galicia
Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial
La ampliación del Polígono y el Paisaje
La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico
La ampliación del polígono y el patrimonio natural
Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial
El poligono industrial de Maside
Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”
















