Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
O expresidente da II República española, Manuel Azaña, conta nas súas memorias que cando un día se achegou ao ministerio da Gobernación para facer o borrador do proxecto de lei “de defensa da República”, foille indicando artigos ao director de Administración local, que daquela era o intelectual galeguista don Emilio González López. “Este los redataba en un idioma raro, propio de un gallego catedrático, poque el joven director posee ambas cualidades”, deixou escrito o tribuno republicano.
Lembrei esta anécdota ao fío dos comentarios que fun lendo sobre o acto que tivo lugar na Casa do Concello de Redondela o día da xubilación para despedir a Carme Pérez Vaquero onde desenvolveu a súa actividade profesional durante corenta e sete anos. Manuel Azaña e don Emilio González López, desde o ámbito político fixeron o posible por modernizar a Administración do Estado imbuíndoa de racionalidade e fomentando a proximidade coa cidadanía. Con ese mesmo espírito e ilusión desempeñou o seu labor en Redondela Carme, a eficaz secretaria da Fundación Lois Peña Novo, a primeira entidade cultural creada na historia do municipalismo galego por un grupo de funcionarios que quixeron contribuír a crear o concello máis galeguizado de Galicia. Unha iniciativa, como digo, sen precedentes na historia de Galicia.
Carme e máis eu ingresamos como funcionarios do Concello de Redondela despois de pasarmos as correspondentes oposicións convocadas en abril de 1979 despois das primeiras eleccións democráticas.Tomamos posesión das respectivas prazas en setembro dese ano, compartindo despacho durante un breve período de tempo. O suficiente para que empatizaramos desde o primeiro día. Valéndonos da relaxada actividade burocrática falamos moito, circunstancia que aproveitei eu para exercer o meu imparable labor socrático galeguizador. A curiosidade de Carme polos meus relatos transformou a súa visión que tiña de Galicia aquela moza de dezanove anos nada en Goián, parroquia tomiñesa ben abastada de persoeiros da cultura galega nas distintas artes. A casualidade de que o pintor Xabier Pousa, vello camarada meu, fose amigo da súa familia deunos pé para falarmos de galeguismo, causa que en pouco tempo abrazou e profesou. Por iso Carme desde aqueles anos tomaba notas en galego do que o seu superior xerárquico lle ditaba en castelán.
Sen o coñecemento e entusiasmo de Carme Vaquero as conquistas laborais dos funcionarios de Redondela serían impensables. Labor que realizou desde a Xunta de Persoal con propostas imaxinativa e únicas naquel contexto histórico. Dignificou a función pública e mellorou as prestacións do servizo público do Concello. O seu tesón e a súa auctoritas chegaron a ser de tal magnitude, que algúns políticos municipais e un interventor mediocre de algo menos de metro e medio escaso, quixeron neutralizala con insidias e acosos laborais. A personalidade de Carme estaba por riba das posiblidades daqueles personaxes ruíns que fracasaron nos seus intentos.
A miña dilatada dedicación á causa nacionalista, que comezou en 1965, autorizame para poder afirmar aquí e onde sexa, que pouquísimas mulleres coñecín que fosen tan decisivas na introdución da lingua galega nos usos xurídicos e administrativos. Naqueles anos nos que o Concello de Redondela era unha estrela galeguizadora con luz propia, Carme foi unha animadora cualificada dun proceso que logo se había extender a outras administracións como o xudicial, onde vén desempeñando unha actividade de elevada cualificación. Da mesma maneira que a súa presenza é sobranceira na galeguización das actividades socioeconómicas, e nas demais que se engloban no colectivo Galeguizar Galicia (www.galeguizargalicia.gal).
Chegoulle o tempo da xubilación da vida laboral, pero continuará co maxisterio na defensa dos valores patrimoniais de Galicia, promovendo con ese don da fecunda intelixencia que a adorna, e a habelencia que ten para coordinar con tanta eficacia a pluralidade de persoas de distintas disciplinas que se nuclean na galaxia galeguista que é Galeguizar Galicia. Amigas e amigos que admiran o seu talento e entrega.
O nome de Carme Vaquero debera figurar nun lugar destacado na Casa do Concello de Redondela, coma xa están os do poeta Ramón Cabanillas, que exerceu a dirección da Secretaria, e a dos maxistrados que ditaron a primeira sentenza en lingua galega despois de cinco séculos de prohibición.
*Da Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingúística.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Xosé González:
A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”
A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”
A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”
A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”
A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”
A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”
A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”
A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”
A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”
A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”
A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”
Xosé González: “En Galego, agora e sempre”
A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”
A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”
A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”
A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”
A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

















