A opinión de Xosé González: “Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A convocatoria dos Premios Peña Novo cumpren trinta anos. Unha iniciativa promovida por un grupo de funcionarios/as locais, neste caso do Concello de Redondela, integrados no Colectivo Galeguizar Galicia (www.galeguizargalicia.gal) que tanto ten contribuído a dinamizar o fomento da lingua galega nas administracións públicas e outras esferas sociais. Este trixésimo aniversario evidencia algo que afirmamos o día que decidimos rescatar a memoria do intelectual galeguista máis lúcido do seu tempo para apadriñar as honras que se lles fan a todas aquelas persoas e entidades que son merecentes delas.

Como adoita acontecer, algúns  apresuráronse a poñerlle data de caducidade a aquela idea que se escenificou por primeira vez no castelo de Soutomaior; razóns non lles faltaban, porque son contadas as iniciativas que teñen continuidade tan longa no tempo. Este prodixio foi posible grazas ao entusiasmo dese grupo de funcionarios/as municipais no que sobrancea o intelixente activismo de Carme Vaquero.Trinta convocatorias que foron espertando o interese en milleiros de persoas que acudiron ás sucesivas celebracións. Este  ano o acto celebrarase  o próximo día 2 de xullo ás 19:00 horas  en Redondela, na Casona da Torre (Estrada N-552)  por mor das obras que se están a facer no  castelo de Soutomaior.

Se facemos un balance  das edicións precedentes, a conclusión é que foron escollidas  as mellores propostas en cadanseu momento. Referentes persoais, sociais e institucionais que afincan a identidade galega.

Nesta edición o xurado que estivo presidido pola Fiscala Superior de Galicia dona Carme Eiró acordou  premiar a dúas persoas sobranceiras da nosa cultura e  unha entidade deportiva de notabre influencia social.

A don Xosé Manuel Beiras pola súa longa, coherente e exemplar traxectoria a prol da dignificación de Galicia ao longo da súa dilatada vida. A través da súa obra, do seu labor docente, da súa presenza institucional e do seu maxisterio brillante e constante no debate público convertendo a nosa lingua nunha ferramenta de pensamento, ciencia económica, reflexión política e compromiso social. O xurado valorou especialmente a súa participación en proxectos como a Revista de Economía de Galicia, e a súa extensa obra publicada, nomeadamente “O atraso económico de Galicia”, referencia esencial para a análise crítica e interpretación da realidade galega.

A dona Aurora Marco López, profesora universitaria, investigadora e escritora recoñecida polo seu amplo labor no estudo da historia de Galicia. Pola súa contribución decisiva facendo visibles figuras femininas esquecidas ou marxinadas pola historia oficial, e polo compromiso constante coa lingua galega, O xurado valora unha obra sólida e continuada con títulos fundamentais  como o “Dicionario de mulleres galegas”, “Mulleres na guerrilla antifranquista galega”, “Elas” ou “Irmandiñas”. Dona Aurora Marco malia non ser galega agasallounos coa súa afervoada integración no país , escribindo, falando e pensando en galego.

Ao Servizo de Comunicación do Real Club Celta de Vigo pola  incorporación da lingua galega nun ámbito de enorme repercusión social como é o fútbol profesional, contribuíndo á normalización lingüística, levando o noso idioma a espazos de máxima visibilidade O xurado valorou positivamente o uso da lingua galega na comunicación corporativa, nos encontros deportivos, nas ferramentas dixitais na aplicación oficial, redes sociais e na relación cos siareiros; nomeadamente entre a mocidade, as familias e a comunicación dixital, salientando a súa capacidade para asociar o galego á emoción deportiva.

Un ano máis os Premios L. Peña Novo recoñecen ás persoas e entidades que co seu esforzo fan que acrecenten a autoestima e conciencia de galeguidade.

Presidente Fundación  L.Peña Novo.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”

A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell

A opinión de Xosé González: “Carme Vaquero, unha muller excepcional na historia do municipalismo galego”

A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”

A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”

A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”

A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”

A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------