Xulio Dobarro. Crónica de Orcellón e a castela ourensá

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


No cuadraxésimo aniversario  das publicacións de “A Terra de Orcellón e O Irixo” e “Cantigueiro de Orcellón”

Foi no ano 1984 cando se publicou, por iniciativa da Asoiación Cultural Avantar do Carballiño, unha colección de poemas so o título de “Cantigueiro de Orcellón” de E A Reque Varela, segundo consta na portada, pero no lombo do poemario consta Manuel María: Cantigueiro de Orcellón, 1984, o que pode xerar certa perplexidade no lector, pero que deseguida se aclara no introito :”Eis as raiceiras do noso poeta popular: ERNESTO  AFONSO REQUE VARELA, un poeta que endexamais existiu, mais que poido ser. I é, é  un noso amigo, unha das grandes voces de Galiza de sempre, somentes il é capaz   de artellar semellante idea: Manuel María, coma quen dis un namorado das Terras de Orcellón, das bocarribeiras…” (Ilustraciós: Felipe Senén)

 Quizais a intención dos promotores desta “confusión” tivese que ver coa idea de que os catro nomes estarían na liña  de que eles tamén eran parte inseparable do cancioneiro como persoas inmersas na mesma tradición das Terras de Orcellón, que eran sobradamente coñecidos na vila carballiñesa nese momento, ata fundirse nun sentir común e así aquelas Terras eran agasalladas co seu poeta popupalar con “catro nomes distintos, catro persoas diferentes, un lugar común de nacimento e unha arela común: O Carballiño, Galiza”. Deste xeito, O Carballiño xa contaría co seu vate ou xograr local, “cantor popular”, representado por catro persoas distintas e un sentir común.

 Foi tamén, neste contexto de fervor popular e nacionalista, despois da “Longa noite de Pedra”, cando se publica en 1985, no Irixo, o libro de “A Terra de Orcellón e O Irixo”, de cuxa coordenación, composición e redacción se ocupa o historiador da Ponte-O Irixo, Elixio Villaverde García, coincidindo coa organización do V Premio de novela Eduardo Blanco Amor, no que viña recaer a organización do mesmo, despois de que en edición anteriores se organizara en primeira quenda polo concello de Redondela, Fene, e así ata  recaer no modesto concello do Irixo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Ademais da parte histórica da publicación e dos actos organizados con motivo do Premio de novela Eduardo Blanco Amor, inclúe ilustracións como a da portada do pintor lalinense, Laxeiro, e outras de  Sucasas, Correa Corredoira…poemas do autor premiado pola novela O Inverno do lobo de Xoán Manuel Casado Carmona, poemas de Luís G. Tosar, algunhas coplas populares e outras novas sobre algunhas actividades organizadas nos anos anteriores pola Asociación Cultural O Testeiro ou a presenza do Grupo de Gaitas e Danzas Municipal con 51 membros, fundada por M. do Carme Villaverde García.

 A parte histórica do libriño inclúe varias colaboración sobre un tema que daquela non estaba exento de polémica -ou que aínda na actualidade segue vivo-. Isto é, sobre a delimitación da Terra de Orcellón e onde se ubicaría  -se existiu como tal- o castelo do mesmo nome.

 Pois ben, así como na publicación de Avantar xa se nos avanza no prólogo con estas palabras que “ Nas chamadas, en tempos medievais, Terras de Castela, na Galiza, polos seus moitos castelos e torres, está Orceellón”. Engádese de seguido que “Eis a Castela medieval , Orcellón esquencido, somentes escrito nos vellos pergameos, cas parroquias de Brués, Cameixa, Campo, Cangues, A Cidade, Espiñeira, Froufe, Xendive, Xuvencos, Xurenzás, Longoseiro, Loureiro, Moreiras, Mudelos, Ponteveiga,  hoxe esmoreados pardiñeiros que foron señoríos dos Condes de Monterrei”.

 Efectivamente, as Terras de Orcellón, segundo a anterior relación das freguesías, tanto antigas como actuais, inclúe case todas as parroquias do Irixo -outras dentro da Xurisdición da Encomenda de Pazos de Arenteiro-, e as do concello de Boborás, fronte a tres soamente do concello do Carballiño (Longoseiro, Veiga e Mudelos).

 Dese xeito, podemos deducir que, se algún dos concellos actuais pode ser herdeiro da antiga Terra de Orcellón, preferentemente lle corresponde ese “privilexio” ao Irixo, a Boborás e ao Carballiño por esta orde, aínda que no ano 1571 supoñía unha poboación de 230 veciños para Boborás, 175 para O Irixo, e 258 para O Carballiño como Terra de Castela. Evolución demográfica que no século XVIII se vería substancialmente modicada: O Carballiño (1076 veciños); Boborás (1250), O Irixo (831).

 Con respecto á polémica sobre A Castela Ourensá, xa tivera un longo percorrido desde 1758, cando o Padre Sarmiento  manifestara de xeito contundente e nun ton orgulloso que “es muy frecuente fuera de Galica chasquear con la expresión de “Castellanos de Orense” al gallego que habla o pronuncia mal la lengua castellana”.

 “Como, pues, y solamente se llaman castellanos de Orense?. Los de Oresne no son los que menos entran en la lengua castellana, respecto de los otros “países” de Galicia, y no tienen la propiedad de confundir la “g” con la “j” (Gheada), ni la “c” con la “s” (seseo).

 Luego la expresión castellano de Orense no se inventó para discernir idiomas, y solo se aplica a eso por la suprema ignorancia de los que la aplican y que no saben el origen de dicha expresión.

 La expresión castellano de Orense no se inventó para discernir idiomas, sino territorios.

 El sitio o territorio (arcedianato de Castela, pertencente á catedral de Ourense) comprende 65 feligresías, y cada una con muchos lugares, y si se añaden las 31 feligresías del territorio de Orcellón, que está al Norte de Castela y no tiene arcedianato especial, resulta un territorio de cien pilas  para el territorio de Castela o de la Castilla de Orense”.

 Seguindo na súa teima de deixar meridianemente claro o que debemos considerar como Terra de Castela, aínda engade que como posteriormente, Xubencos e Brués aparecen en Orcellón e denantes en Terra de Castela, o que lle permite pensar que Orcellón estaría orixinalmente en Terra de Castela.

 Ademais, despois de adxudicarlle unhas cen pías  -bautismais=  parroquias-, no norte do bispado de Ourense, engade que: ”los que caminarán desde Sotelo de Montes a Ribadavia, dejan a la derecha, antes de bajar al puerto del Paraño, los marcos o mojones en donde se juntan los tres obispados: Santiago, Lugo y Orense. Son famosos en las antiguas demarcaciones de los términos de los obispados de Galicia los sitios de Ysso y Cusanca o Cusancaro”.

 Unha vez establecidos con abondo detalle os lindes da Terra de Castela e a segregación en 1173 de Orcellón, tal e como podemos ver segundo o mapa trazado polo ilustre cóengo-arquiveiro da Catedral  de Ourense, natural de Froufe- O Irixo, don Emilio Duro Peña, aínda quedaba por resolver de xeito definitico a ubicación do castelo de Orcellón que o veciño e historiador do Irixo, Elixio Villaverde García, advirte que “existe unha vella liorta historiográfica sobre a localización deste castelo de Orcellón e de Castela, que segue  da man de ilustres investigadores como o ribadaviense M. Rubén García Álvarez, e o portugués M. Rodrigues Lapa”, ademais das aportacións de don Emilio, que o sitúa en Xubencos, ou do propio Ferreiro Alemparte que, na compaña de Elixio desde Porto Pereiras ata o castro de Orros, especulan sobre a posibilidade de que a fortaleza se atopara encravada sobre a croa do castro, “que sería derruída hai máis de 500 anos, mais, quizais as casas, palleiros e valados dos asentamentos máis próximos garden algún segredo nas súas entrañas. O maior segredo, non obstante,  está baixo a coroa deste fermoso e soberbio castro, que ten forma de barco e pon proa a Compostela”.  

 Segundo Rubén García A. a ubicación do castelo de Orcellón, habería que situala en S. Mamede de Xendive (Méixome), a partir dun texto de 1288 e outros coetáneos, segundo o cal a cidade de Orcellón se atoparía na contorna da fortaleza derrubada, cando as guerras dos Irmandiños, ao igual que outras moitas de Galicia, pois, aínda no século  XVIII se conservaban unhas torres nese emprazamento.

 No século XIV, a terra de Orcellón pasa a denominarse de “merindade”, á que se lle anexara a estremeira Terra de Cusanca, aínda que esta posteriormente pasa a incorporarse á Encomenda de Pazos de Arenteiro, e Orcellón pasa ao Conde de Monterrei no século XV, sendo aquel tamén coñecido como “Terra de repostería”, cuxa capital se sitúa en Brués, onde o conde ten casa e torre que serven de cárcere e a paneira, na que o mardomo recolle as rendas do Partido (ou dignidade de Orcellón coas freguesías que incluían dos concellos do Irixo, Boborás e O Carballiño), ata a extinción dos señoríos no século XIX. As rendas da Encomenda, á que pertencían do Irixo as parroquias de Reádigos, Dadín, Cusanca e Parada de Labiote, eran recollidas nuns casos nas tullas de Saavedra ou Reádigos, e noutros debían carrexalas ata Pazos, como por exemplo a leña.

 A desputa sobre a ubicación do castelo e as estremas da terra de Orcellón, chegaron a ser obxecto de polémica ata Portugal, desde onde o profesor M. Rodrígues Lapa nun artigo incluído na revista Grial. “Subsidios para o esclarecemento duma baralhada histórica: o caso de Castela e Orcelhón”, replica ao historiador G. Álvarez que “Nâo resta pois a menor dúvida de que a Castela, desde o seculo X ao XIII, comprendia as regiôes do Avia e de Orcellón. O passo do texto que estamos discutindo confirma plenamente estes dizeres”.

 Elixio, con certa prudencia, aínda que movido pola súa paixón local, titula o seu artigo como “A Terra e o castelo de Orcellón no val do Viñao”, ao que, quizais, Ferreiro Alemparte, por convicción ou non decepcionar a Elixio, vía con bos ollos a posible ubicación sobre a croa do castro de Orros (parroquia da Cidade-O Irixo) nesa andaina desde Xendive ata a Ponte, o que non impide que faga alusión ao poemario de Manuel María, publicado o ano anterior en 1984, “ contribuíndo deste xeito á pervivencia deste mundo, tan suxerente e amado”. Para rematar, completando a súa loa con dúas referencias populares: Unha, en base á información facilitada polo taberneiro do lugar da Bubela-Pereiras en Xendive que di que “Da brea para baixo é a terra da Encomenda -de Pazos de Arenteiro- , da brea para riba é a terra de Orcellón”. Esta liña divisoria, segundo o Catastro de Ensenada, resultou un tanto sinuosa, xa que, por exemplo, con motivo dun preito sobre o aproveitamento das augas do río de Reádigos (Viñao), queda de manifesto que unha parte de Pereiras era da Encomenda de Pazos de A. e outra da de Orcellón, pois, sacou á luz  que as rendas polas que rendía contas a taberna do lugar, tiveron que serlle devoltas á Encomenda. 

 Elixio, o que podemos considerar como o noso historiador local, con raiceiras familiares no lugar de Albarellos, de onde era natural o seu pai, aínda bota man da tradición oral cunha copla que recollera da súa avoa, para acreditar unha vez maís, que Orcellón non era cousa de moda, senón que  as cepas  centenarias falaban e contribuían a identificarse maís coa terra:

“O Orcellón é alegre

polo tempo da vendima;

que o fan os montañeses

que veñen de alá de riba”  

Despois de todas estas tirapuxas sobre Orcellón, no ano 2013 publicouse da man de Frutos Fernández o libro titulado “Toponimia do Carballiño”, que aínda queo topónimo non pertence ao Carballiño actual, e dado o debate prolongado no tempo, non deixa de incluír un punto de vista máis ecuánime sobre a interpretación de “A terra de Orcellón e a terra de Castela”, no que sinala que “o territorio do actual concello do Carballiño repartiríase entre o das antigas terras de Orcellón e de Castela, o mesmo que a actual comarca do Carballiño. Aínda así, no intento común a moitos pobos de buscar unhas raíces no pasado, O Carballiño aparece case sempre como herdeiro daquela medieval terra de Orcellón e case nunca da terra de Castela; incluso é normal referirse á vila como capital de Orcellón, aínda que o territorio que ocupa se sitúa maioritariamente dentro da antiga terra de Castela e fóra do que foi de feito tanto a terra de Orcellón coma posteriormente, a Xurisdición de Orcellón, señorío do conde de Monterrei”.

  A continuación engade que “o nome da terra de Orcellón procedía do lugar onde se situaba o castelo homónimo… A situación do antigo castelo de Orcellón foi un enigma ata hai pouco tempo. Recentes descubrimentos arqueolóxicos de investigadores do Centro de Estudos Chamoso Lamas sitúan o castelo á beira do río Viñao, no termo de Caldelas de Orcellón, no linde entre as parroquias de Brués e Cameixa, no concello de Boborás”.

 Unha vez resolta a polémica sobre tan complexa ubicación do castelo; o investigador, en base á disposición do terreo e a canle do río Viñao suxire unha posible relación de significado entre “Orza” (vasilla de barro), de base prelatina e as “cabaceiras de orzas” (cabazas dos pelegríns): “O nome de Orcellón podería referirse a ese estreitamento ou gorxa que fai o río na paraxe homónima”; polo tanto estamos diante dun hidrotopónimo de orixe prelatina, do que temos outros resultados como “Orza” (afluente do Deza) ou o “Orzán” coruñés.

Sobre a disxuntiva carballiñesa, entre sentírense maís “orcellaos” ou “castelaos”, o pasado 20 de febreiro deste ano, na presentación da Asociación da Memoria da Castela Galega, insinúase un chío como de querer devolverlle a “Castela o que é de Castela, e a Orcellón o que é de Orcellón”, cando algunha das persoas que interviron na presentación da recén nacida Asociación, nas súas verbas se deixase interpretar como un abuso do vocábulo Orcellón para identificalo co Carballiño en exceso, cando o maís apropiado debería ser o de Castela Galega (Ourensá).

 Sobre a liña de pensamento defendida, por un lado por  Elixio Villaverde, de querer situar o castelo de Orcellón sobre a croa do castro de Orros, en certo modo compartida por Ferreiro Alemparte, ou a de Emilio Duro Peña, tamén do Irixo, sobre a ubicación da enigmática fortaleza en Xuvencos, debemos concordar que o paso do tempo e os traballos de investigación conclúen coa interpretación definitiva apuntada por Frutos F., independentemente de que cada quen deixe voar a imaxinación ou a creatividade. Así, foi don Emilio quen aínda non compartindo actualmente a súa interpretación sobre o lugar onde se asentaría o castelo de Orcellón, si resultan de interese algunhas afirmacións como a de que: “Dentro de la Maestreescolía -de Orcellón- estaba al norte la tierra de Cusanca. El topónimo de Cusanca es conocido de muy atrás. “Cusanca in Castella” es una de las treinta villas que en 887 da en dote Sisnando a su esposa Ildoncia; por el portus Cusanca limita en 968 una villa donada por el diácono Nuño al monasterio de Antealtares y el monte Cusanca delimita asimismo el “comitatus Decensis” de Lugo. De la villa de Loureiro se dice en 1071 que estaba “inter Castella e Cusanca”, aunque después en 1184 la encontremos en tierra de Castela y en 1246 en tierra de Orcellón”.

De tal maneira que observamos que nesta sucesión de probas aportadas por don Emilo que “Orcellón e Cusanca” van da man, en canto “terra de orcellón e Cusanca”, como así o acreditan os

escribáns de número baixo a denominación de “notario de Orcellón e Cusanca”, concluíndo neste sentido coas palabras do arquiveiro que “la mención de la tierra de Cusanca corre paralela con la de Orcellón en los siglos XIII y XIV. Si Froufe estaba en tierra de Cusanca, a fortiori lo estaría la feligresía de S. Cosme de Cusanca y acaso otras del alto Irijo, como Campo, Dadín y Ciudad” .

 Neste ano oteriano, aínda podemos engadir os eloxios do que despois serían as terras da Encomenda de S. Xoán de Pazos de Arenteiro, cando aquel comentaba en 1947 que esta Encomenda, ademais das propiedades “Extravagantes” -fóra dos partidos da Encomenda- eran donos dunhas viñas en Pazos, unha rendas a coarto e quinto na terra de Cusanca. Pouca cousa”.

“Non eran os estados de Osuna nin xiquer os cotos de Oseira, mais conte vosa mercede: Partido de Albarellos con los lugares, Partido de Astureses con mijo, pan, galiñas e días de rodriga, e a capela na Eirexe, Partido de Cusanca, de Reádegos, con San Xiao de Parada de Labiote, Stº. Mariña da Ciudade, S. Mamede de Xendive, Partido de Saavedra  e  Salón, sen contar o de Pazos e nos “extravagantes” Trives e uns lugares de Banga”.

 No ano 1753, con motivo do proxecto da Contribución Única, inícianse os traballos do Catastro de Ensenada, onde se recolle de xeito abondo detallado, a partir dun cuestionario común a todo o Reino, desde o nome da Xurisdición á que pertencía cada parroquia e os seus lugares, o número de veciños co patrimonio correspondente, tanto en terras como en animais, árbores, colmeas, froitos da terra,….Así, se nos aclara, unha vez máis,  que a  “Jurisdicción/ Dignidade de Orcellón se compone de las feligresías de S. Martín de Cameixa, S. Pedro Felix de Brués, S. Pedro de Jurenzanes, S. Pedro de Espiñeira, S. Mª de Jubencos, S. Mª del Campo. S. Mª de Moreiras, S. Pedro de Longoseiro, S. Lorenzo de Veiga, Santiago de Mudelos, S. Marina de Loureiro, S. Juan de Froufe, S. Esteban de Cangues y S. Mamed de Gendive, que son del conde Monterrey”.

 Visto todo o anterior, e a risco de síntese, a división do territorio proposta por  Emilio Duro P. para a alta Idade media é comunmente aceptada, así como a idea de que a Terra de Castela, Orcellón e Cusanca incluiría todo o que hoxe forma parte dos concellos do Irixo, O Carballiño e Boborás, que durante o período do Antigo Réxime ata a extinción dos señoríos (S. XIX) se repartiu ese territorio entre varios cotos como o de Corneda, Partovia, Arcos, Lobás, Oseira, Madarnás, sendo a Encomenda de Pazos e o Conde de Monterrei os que ostentaban maiores cotas de poder. A maioría das parroquias mantiveron os seus lindes e lugares, aínda que si experimentaron algúns cambios, como por exemplo A Bugalleira de Riba que pertencía a Corneda pasou a depender de Dadín, A Candosa da Espiñeira pasou ao Regueiro, como Cerdeira  e O Paraño que de Parada pasaron á parroquia do Regueiro, dándose o caso na actualidade que esta parroquia inclúe lugares de tres concellos distintos: O Irixo, Boborás e Beariz.

 Con respecto á Castelá ourensá, aínda que nalgún momento histórico incluíse toda a parte occidental da provincia de Ourense, en particular os concellos do Irixo e Boborás, estes pasaron a ser administrados, respectivamente, polo Conde de Monterrei dentro do que se coñece como Terra de Orcellón, e a Terra da Encomenda de Pazos de Arenteiro; mentres que O Carballiño, a excepción das tres parroquias de Longoseiro, Veiga e Mudelos, se mantería dentro da Terra de Castela con diferentes cotos como o de Lobás, Partovia, Arcos, Madarnás, Señorín e o mosteiro de Oseira.

 Nota: Conste que estas colaboracións non teñen outra pretensión máis que a de servir de divulgación dalgúns temas que intúo poidan ser de interese para a sempre prezada persoa lectora, polo que solicito que calquera erro ou omisión sexa acollido con tolerancia e indulxencia..

Xulio Dobarro Ferradás

O Irixo, 11 de febreiro de 2026.


Outros artigos de Xulio Dobarro:

Xulio Dobarro. Ano Ramón Otero Pedrayo, 2026. ”Os camiños da vida”.  De Ourense a Compostela

Xulio Dobarro. O IRIXO: Augas e seca na memoria .Tapacuñas, presas e muíños en retesía

Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque

Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor  e  A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”

Xulio Dobarro: Do Irixo (Saavedra) a Mallorca  pasando polo Val Miñor-as Mariñas, sobre a técnica  da pedra en  seco ou a “óso”

Xulio Dobarro: “Semana grande na parroquia de Dadín (O Irixo) con peregrinaxe “móbil” e procesión á Pena da Sela

Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”

Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes  por  Emilio Duro Peña “

Xulio Dobarro “Quincuaxésimo aniversario da pergrinaxe da virxe de Fátima  desde a Ponte  á Pena da Sela  (1967). Novena  a partir do día 3 de maio -2025.”

Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------