Pablo A. Guillén: “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Pequenas lagoas, gran biodiversidade

As pequenas lagoas e os humidais temporais non só actúan como grandes reservas de biodiversidade esenciais para especies ameazadas de anfibios, invertebrados e plantas acuáticas, senón tamén como hábitats de mamíferos e aves acuáticas que necesitan estas charcas como parte do complexo mosaico de humidais que utilizan ao longo do ano.

Un dato que ilustra ben a súa relevancia: moitas especies non dependen tanto dos grandes humidais como destas pequenas lagoas temporais que, con todo, non contan con ningunha figura de protección legal.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No conxunto das lagoas e humidais temporais atopamos plantas acuáticas e anfibias capaces de completar o seu ciclo vital en poucos meses, aproveitando a auga antes de que a charca diminúa moito de nivel ou se seque. Especies de macrófitos e comunidades de plantas anuais raras e endémicas atopan aquí o seu refuxio, convertendo estas balsas en verdadeiras arcas botánicas.

En conxunto, as lagoas e os humidais temporais funcionan como unha rede de microreservas que sostén cadeas tróficas completas, ofrece refuxio a especies que non poden sobrevivir en ningún outro hábitat, e manteñen a biodiversidade de territorios enteiros a un custo ecolóxico moi baixo. O seu pequeno tamaño, lonxe de restar importancia, faias máis doadas de crear e recuperar, converténdoas nunha ferramenta de conservación especialmente valiosa.

Os humidais do Carballiño: unha rede moi fráxil

No municipio do Carballiño son só media ducia as pequenas lagoas e humidais temporais inventariados: o encoro de Bouteiro (Sagra), a lagoa de Veiga, a lagoa de Varille, a lagoa de As Barcias, o encharcamento do Carrás (Avda. Ourense, 30) e os encharcamentos que se producen no rego dá Uciera. De todos eles, unicamente o primeiro conta con protección legal, ao estar incluído no Inventario de Zonas Húmidas de Galicia.

Humedais de Veiga, Varille, As Barcias, Avenida Ourense, Uceira e Bouteiro

Esta escaseza fai que cada lagoa sexa irreemplazable. Nas lagoas de Veiga, As Barcias e Avenida de Ourense puiden constatar persoalmente a presenza de patos, e na última mesmo o seu uso como zona de cría, o que confirma o valor real destes espazos para a fauna local.

Patos na lagoa de As Barcias ( 18.04.2026 e 24.04.2026 )

As obras en As Barcias: unha afección que non é menor

Nestes días están a levarse a cabo obras de urbanización na zona de As Barcias que afectan directamente á lagoa. Trátase da construción dun camiño peonil que bordea todo o prado, formando un anel xunto ao paseo asfaltado que discorre paralelo ao río Arenteiro.

Máis aló do trazado, as obras provocaron intervencións morfolóxicas de calado:

  • – A formación de importantes noiros que non só alteran a morfoloxía do terreo senón que incluso invaden a liña de inundación da lagoa.
Formación de noiros invadindo a lagoa e terraplén na ladeira do parque ( 24.04.2026 )
  • – A introdución de elementos de deseño urbano —como a fileira de bloques de granito que bordea o camiño— impoñen unha xeometría lineal allea á configuración irregular do terreo e á paisaxe natural da lagoa e do parque.
Imaxe da afección producida pola urbanización da natureza (24.04.2026 )
  • – A creación dun camiño cun firme de saburra impermeable que sela o chan converte o bordo natural da lagoa nunha senda de trazado urbano.
  • – A eliminación dunha levada, pode que centenaria, que conducía a auga do manancial ata a parte central da lagoa, substituída por unha tubería que desagua nun extremo da mesma, alterando o réxime hídrico histórico do humidal.
Supresión da levada que abastecia á lagoa na súa parte central
  • – A rotura do muro que forma a represa da mina, afectando a este elemento patrimonial.
Entubamento que sustitúe a levada eliminada e reposición do cerramento estragado

A construción dun camiño no bordo dunha pequena lagoa ou humidal temporal non é unha afección menor: actúa directamente sobre os mecanismos que fan funcionar ao ecosistema, e os seus efectos son a miúdo irreversibles sen unha restauración eficiente.

Que se pode e se debe facer

A ciencia aplicada á conservación de humidais ofrece solucións concretas e de baixo custo. A máis importante é establecer un cinto de protección de entre 5 e 10 metros de ancho, ao redor da zona de máxima inundación, que actúe como refuxio de fauna.

Na zona chaira, é preciso construír un dique de terra, na parte exterior do cinto de protección, de polo menos un metro e medio de altura, revestido de vexetación natural de carácter espiñento, co fin de evitar o acceso. Ademáis, dado que o novo camiño discorre por enriba do nivel natural da lagoa, os usuarios quedarán sobre a liña visual do humidal, o que xera unha perturbación continuada para a fauna. Para corrixilo, é necesario plantar unha franxa de vexetación densa entre o camiño e a auga, utilizando especies autóctonas de ribeira nos bordos máis húmidos, e silveiras como capa arbustiva baixa e densa. Como a pantalla vexetal tarda varios anos en ser efectiva, convén combinala desde o principio con medidas de ocultación inmediata.

Unha oportunidade para facer as cousas ben

As pequenas lagoas e os humidais temporais son, dentro do patrimonio natural do concello do Carballiño, un recurso escaso e de alto valor ecolóxico. A súa fraxilidade non é un argumento para resignarse a perdelos: é precisamente a razón pola que necesitan unha atención institucional explícita. O concello ten na súa man converter esta escaseza nunha oportunidade, poñendo en marcha accións concretas:

  • – Promover actuacións de conservación, restauración e mantemento dos enclaves existentes: restauración e limpeza, dotación de cintos vexetais de protección uo  recuperación de elementos patrimoniais como a levada de As Barcias.
  • – Solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a declaración de espazos naturais de interés local dos humeadas presentes no concello, por ser meredores de protección pola singularidade dos seus valores naturais, así como a aprobación das súas Normas de Conservación e de Xestión. (Art. 22 da Ley 5/2019, de protección Natural e da Biodiversidade).
Normativa urbanistica da zona da lagoa de Veiga ( solo rústico común sen ningún tipo de protección )
  • Crear novas lagoas como elemento de regulación de augas pluviais do futuro polígono industrial, na contorna do Carrás, transformándoas nun activo ambiental e paisaxístico de primeira orde para o municipio.

A natureza non urbanizada non é un problema para resolver, senón un patrimonio para custodiar. O territorio non é só o que se constrúe, senón tamén o que se decide non destruír.

Nin que dicir ten que calquera actividade que se desenvolva na contorna da lagoa de As Barcias debe ser respectuosa coa súa sensibilidade ambiental. Vulnerala non é un erro de xestión; simplemente é unha irresponsabilidade.

O Carballiño ten moi poucas lagoas. Cada unha que se perde non se recupera. A decisión de coidalas é, ao final, unha determinación sobre que tipo de concello se quere deixar aos nosos fillos.

O Carballiño, abril de 2026


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”

Pablo A. Guillén: “O patrimonio da infraestructura verde do Carballiño non conta cunha protección real”

Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”

Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”

Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------