Felipe Senén: “A verdadeira historia dun tesouro dos mouros: o casco de Leiro, Rianxo”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: Casco de Leiro, encontro 50 anos despois


Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

Na cultura tradicional  galega falábase decote  de tesouros dos mouros, líase o Libro Máxico de San Cibrao, ben o sabía Risco ou Cunqueiro,  sobre anxos e demos, curandeirismo, esconxuros, lugares de tesouros e maxia….e algúns tolearon con semellantes lecturas. No meu Carballiño lembro a figura do Calzasachos, persoeiro propio dunha novela, sabido naqueles asuntos que falaban de tesouros na Pena dos Namorados, na Ponte Veiga, no Castro de Souteliño… e algo de verdade hai neses contos.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Casco de Leiro Museo_Arqueolóxico_do_Castelo_de_San_Antón,_A_Coruña

Pois velaquí abaixo a  verdadeira historia dun tesouro, foi  un 7 de abril de 1976. Onde ten parte para o seu rescate Manuel Chamoso Lamas e conseguintemente servidor, os  que fan que aquel tesouro, un sobranceiro tesouro arqueolóxico, o Casco de ouro de Leiro, Rianxo, atopado polo mariñeiro Xosé Maria Vicente Somoza, se mostre, conserve e estude no Museo Arqueolóxico da Coruña

Celébrase  pois o  medio século de terse atopado o que se di casco de ouro Leiro, aínda que podendo ser tamén unha cunca ou ambos, como foi o bacielmo para o Quixote. Sexa o que sexa  útil cerimonial é, casta e rango que ven marcada po ese ouro que brilla, distingue, perdura e que se asocia co sobrenatural.

Chamoso Lamas, Filipe-Senén (detrás) mostrando o Casco de Leiro á Raiña Sofía. 1976

Alégrame e anima que teña chamado a quen isto escribe a familia de quen o atopou, o inesquecible Xosé María Vicente Somoza. É para participar nun parladoiro no que novamente volveran a saír as circunstancias casuais do achado e os trámites para adquirilo o Estado. Moito habería que falar do tema, sairían novelas como a de El escarabajo (1982)  de Mujica Lainez, ou quizais mellores aínda, sempre cun xeito de realismo máxico que aureola aos que no popular deste cabodomundo se di tesouros dos mouros. E ben o poderamos contar, tal como o acontecido co torques de ouro atopado no castro de Xanceda,  o que, ao atopalo, se lle puxo de colar a un can; a diadema megalítica de ouro Cícere, Santa Comba, a que serviu para ferrar a punteira duns zocos… a tabula do Monte Cido no Courel que se ofreceu en venta ao Britihs… é esoutra parte da arqueoloxía, a que se refire a lendas e ditos que contan de familias que se enriqueceron… asuntos que ben inspirarían a Cunqueiro. Sabemos polas crónicas que Xelmírez acumulaba un fantástico tesouro de pezas de que lle regalaban os paisanos, que Francisco de Asís, na súa estancia en Compostela, acompañado do carboeiro Cotolai, ao pe dunha fonte no Pedroso, atopou un tesouro que lle permitiu construír o mosteiro franciscano de Valdedeus…E tantas historias, mesmo as que temos escoitado entre a credulidade e a incredulidade. Asuntos moi comúns neste pais do Ciprianillo, páxinas que  tanto dan conta de tesouros como de esconxuros  para atopalos. Poucos países hai no mundo que poidan ofrecer tan rico e inspirador legado. Si acaso a competir cos irmáns países do panceltismo, o deses tesouros que, pola vía imperativa, pasaron ao Britihs Museum, tal como a capa de ouro de Mold (Norte de Gales) datada na Idade do Bronce, o 2000 a.C. atopada no Monte das Fadas por uns canteiros e que estaba revestindo un esqueleto, xunto cun enxoval de doas de ámbar. Sintomático nome o do lugar, na tradición en relación coa aparición , na noite, de trasnos vestidos de ouro. Non afastada unha mina de cobre do mesmo tempo que esta sorprendente peza e que e a arqueoloxía asocia con tal emporio mineiro. E todos se preguntan de onde procedía tanta riqueza de ouro, así como tal hábil e fráxil feitura, propia dun mago, dun xastre do ouro, quen poido vestila e cavílase nun neno,  en que cerimonias… Como capa que cobre medio  peito, feita en fina placa de ouro repuxado.

Casco Leiro, F.Senén e X. M. Vicente Somoza

A riqueza arqueolóxica da Idade do Bronce de Leiro, Rianxo

Agora a veciñanza da parroquia de Santa María Leiro, a Comunidade de Montes, a Plataforma pola Defensa do Monte, as asociacións da Virxe do Carme de Leiro, os mesmos usufrutuarios de nichos e des sepulturas de Santa Mª. de Leiro, a Asociación do Monte Privado de Leiro,  colectivos  ben significativos que nacen do popular, convocan  para homenaxear ao descubridor do casco de Ouro, Xosé María Vicente Somoza,  proba de ser bo e xeneroso, querido na súa tribo e do que se dá boa fe aquí.

Foi un 7 de abril de 1976, cando Xosé María,  O Peruco , no lugar do Curruncho dos porcos,  na beira dese Ulla que se abre ao Mar de Arousa, cava un furado para colocar un esteo para un galpón…  peta co pico e soa a oco, da cunha semicunca de barro basto,  a que fende en anacos, deixando ver algo que asoma e brilla… limpa arredor e recolle aquel casquete adornado de círculos en paralelo e rematado por un pedúnculo…latexa a curiosidade co corazón. O certo é que era como unha boina de lata, púxoo  sobre a cabeza a modo de boina e así, camiño da casa entrou na aldea.

Casco Leiro, X. María Vicente e F.Senén

Limpouse coidadosamente, brillaba… non faltou quen lle ofrecera un porco a cambio…deuse noticia, seguiu a declaración na Garda Civil, dando conta que o atopara  a máis de 50 cmts. de profundidade. Deuse a noticia, era Delgado de Cultura na Coruña Caselles Beltrán, puxo o asunto en mans do Comisario de Bellas Artes en Galicia, Manuel Chamoso Lamas, o meu titor naqueles anos en arqueoloxía e museoloxía. A noticia saíu nos medios e conseguintemente  a opinión de varios arqueólogos, coincidindo en datalo na Idade do Bronce final,  polo 700 antes da nosa era… Chamoso puxo as xestións nas mans de quen isto sigue contando,  a fin de que o casco ingresase no Museo Arqueolóxico Provincial da Coruña, mentres se trataba a súa adquisición por parte da Dirección G. de Bellas Artes, sendo ministro de Cultura  Martínez Esteruelas, moi atento ao acontecer do centro coruñés.

Casco de Leiro pretendido polo Museo Arqueolóxico de Madrid

O feito de declarar que se atopara en terreo de Vicente Somoza outorgáballe a propiedade, máis ao estar máis abaixo da terra de labor, a  máis de 50 cmts. de profundidade, habería que aplicarlle a Lei de minas,  polo que unha parte lle corresponde ao Estado. Todos coincidían na bonhomía de quen o tiña atopado, declarado e entregado, o que non sempre acontece. Trámite, tras trámite, Xosé Maria visitoume moitas veces no Museo de San Antón. Non lle faltaban pretendentes: a un tempo o Museo de Pontevedra, dirixido por Filgueira Valverde,  interesábase pola peza, como tamén o mesmo Director do Museo Arqueolóxico de Madrid, Martín Almagro Basch,  o que nuns anos antes conseguira para o “seu” museo  as dúas cuncas de ouro de Axtroki, na liña da de Leiro, igual que o tesouro de Villena (Alicante), atopado no 1963. Fixen boa amizade con Xosé María Vicente, tanta que mesmo me puxo en contacto cun veciño seu, Albino Gómez Vidal, que traballaba na forestal, trazando devasas no Monte Lioeiras e que atopara unha serie de pezas, posiblemente dun fundidor:  espadas cortas, coitelos, unha alabarda de diferentes etapas da Idade do Bronce. Soubemos que Albino morreu novo e vive na nosa lembranza.

Armas da Idade do Bronce , Monte Lioira, Leiro, Rianxo

As xestións para a taxación e o cobro polo achado pasou máis dun ano. Ante o interese doutros museos, acordei con X. María asinar un documento en que dixera que vendía o casco coa ansia de que quedase no Museo da Coruña. Démoslle publicidade, saíu  como portada na guía telefónica da Coruña, en almanaques, na guía do museo. O arqueólogo  portugués Mario Cardoso pediu fotos, igual que Luengo Martínez, Almagro Gorbea  abriu camiño á arqueólogo Marisa Ruiz- Gálvez …sendo, posteriormente, Bea Comendador quen se parou máis no estudo de tan singular peza.

No andar arqueoloxías temos visto pezas, formas e símbolos moi semellantes aos da cunca de Leiro, coincidentes en datalos nunha Idade do Bronce Media: Norte de Italia, Centroeuropa, Balcáns… area con fortes raiceiras indoeuropeas, ou celtas… e penso nos gorros (Goldhut) de Schifferstadt, Ezlsdorf-Buch, nos conos de Avantón… como coroamentos  decorados con circos concéntricos que se asocian con magos. 

O casco ou cunca de Leiro sigue na espiral da historia da Arqueoloxía e asociada a ela X. M. Vicente Somoza, a parroquia de Leiro e ese Rianxo que tanto ten de máxico.

——————————————————————————-

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “O fotógrafo de Allariz José Suárez nas Artes Galegas

Felipe Senén: “O Meirás, da Condesa de Pardo Bazán, residencia estival do ditador… xa nas mans do pobo”

Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”

Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”

Felipe Senén: “Tradicionais magostos: afianzar a tribo arredor de cacharelas, castañas asadas e viño novo”

Felipe Senén: O  “Día das Artes Galegas” dedicado a Díaz Pardo: o compromiso ético e estético con Galiza

Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”

Felipe Senén: ” 11  de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “

Felipe Senén: “Pepe Paz, o  pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “

Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------