Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


Foron setenta e dúas horas as que andei nesta semana entre estes dous concellos limítrofes que, historicamente compartiron e pasaron por etapas de maior ou menor dependencia, fosen de tipo admininistrativo ou relixioso, pero, sobre todo, polas de carácter económico, cando a feira en cada unha das localidades era fonte de intercambio intenso e o desenvolvemento das precarias comunicacións foron abrindo novas expectativas urbanas, laborais e culturais.

Así, chegamos a este século XXI cunha situación de desenvolvemento social moi diferente, segundo cada un dos concellos. Por un lado, a vila, -quizais nunca mellor que agora o cualificativo de “Vilamorta”,  co que a bautizara dona Emilia Pardo B., non viría mais ao caso, sobre todo no aspecto do desenvolvemento urbanístico dos ultimos cincuenta anos-. Por outro, o concello do Irixo –mal chamadas A Ponte e As Laxas por aplicarse aquel a ambos os dous lugares, cando historicamente sempre figuran diferenciados, ademais de pertencer a distintas parroquias, O Campo e Dadin, respectivamente-.

 Como é sabido, á grande “revolución” de carácter administrativo prodúcése a comenzos do século XIX, cando o modelo do Antigo Réxime organizado entre nós arredor de dous modelos de xestión: A Xurisdición e O Coto de carácter civil e A Encomenda de carácter eclesiástico. Así, no caso da extinción do Reino de Galicia coas sete provincias que o constituían, vai dando lugar á progresiva aparición do que hoxe coñecemos como Concello. No caso do Irixo, chegaron a existir ata catro concellos, dos cales ningún deles con tal denominación se chegou a consolidar. Pensemos por, exemplo en Reádegos, Parada, O Campo e Cusanca…onde neste último se celebraba a feira bimensual no lugar do Tellado, que, pola configuración do espazo urbanizado e o reservado á celebración da feira puido ser un boa oportunidade para a consolidación dun centro urbano e comercial. Quizais, neste caso, o “fidalgo” de Cusanca, don Román García Nóvoa, non quixo ou non soubo “arrimar a brasa á sardiña”, porque poder tivo, e moito.

Souto en Dadín e carballeira da Pena da Sela

Desde hai unhas décadas acadou certa sona o topónimo “ Orcellón”, cuxo nome correspondía a unha das Xurisdicións  que incluía unha grande parte dos concellos que hoxe se consideran como

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
A Insua dos Poetas (A Esgueva-O Carballiño) e A Caniza.

bisbarra ou comarca do Carballiño ou de Orcellón, entre outros os da Encomenda de San Salvador de Pazos de Arenteiro, como é o caso do de  Boborás, sabendo que, do Irixo, tamén pertencían a esta ultima  algunhas das parroquias do Irixo actual, como eran Reádegos, Dadín, Cusanca e parte da da Cidade; coa particularidade que a de Corneda era Couto propio, e as demais do Irixo: O Campo, Froufe, A Espiñeira e  Loureiro dependían da autoridade do Conde de Monterrei, privilexio que aínda mantén a Casa de Alba con respecto ao padroado que exerceu ata non hai tantos anos cando en Loureiro o seu párroco e arcipreste, Antonio González Bernárdez, contou co visto e prace, segundo o convenio acordado entre a Casa de Alba e o bispado.

En realidade, o que me motivou a trazar estas liñas non ten moito que ver co pasado, que tamén, pero sobre todo co presente máis inmediato. Porque, non residindo de xeito continuo nin no lugar onde nacín da parroquia do Campo, nin no de “adopción” actual de Dadín, onde manteño casa

Castiñeiro de Surribas-Froufe. A Barcia desde Ribela (Reádigos)

aberta “e con fume” cando vou, sobre todo nestes días de outonía, vinme gratamente sorprendido, incluso antes de chegar ao Irixo, xa á altura de Veiga, A Esgueva…pola imponente imaxe que nos brinda neste días a diversidade vexetal, en particular a das árbores autóctonas de folla caduca, que a pouco que pasen os días xa van verse espidas como pantasmas. De maneira especial, o castiñeiro, o carballo, a nogueira, o bido…e outras como o salgueiro, a “avelera”, amieiro, freixo…todas elas abeirando as estradas, as abas ou regueiras nas partes máis próximas ás escorrentías de auga que van mainamente formando as dúas canles de auga principais: O Pedriña e O Viñao.

 Na actualidade e historicamente, o concello do Irixo se sobresae en algo é pola súa ampla extensión (121 Km. cadrados), cunha elevada porcentaxe a monte, que nas partes maís baixas aparecen grandes manchas de arborado autoctono polas regueiras e a proximidade de zonas húmidas, quedando máis espazos para o que tradicionalmente, nuns casos se aproveitou para o cultivo do centeo e noutros para rozar os toxos e outros vexetais para a cama dos animais ou acender o lume cos carrascos e carqueixas. Desde mediados do século pasado, a esa xa extensa porción de monte sumouse algunha plantación forestal a base de piñeiro, e case todos os terreos que eran de prados e de cultivo, hoxendía, a maioría están cubertos de vexetación espontánea como xestas e codesos -dicía o meu pai que o futuro do Irixo pasaba pola instalación dunha fábrica de codesos-.

 Como virtude derivada desta “involución”, o panorama que podemos admirar estes días ten todas as características para ser loado con estas humildes páxinas. Así, algunhas devesas, como por alá polas parroquias da Espiñeira ou Froufe, onde se elaboraba o carbón vexetal e a leña para “exportala” á parte de Cea, Piñor, presentan un fermoso colorido de ouro vello, ocre, con tonalidades que van desde o amarelo maís puro ata o vermello se se coou por algún lado o carballo americano. Neste medio natural resultan pouco visibles as árbores de folla perenne, non por inexistentes, como pode ser o acivro ou a corticeira ás que lles acaen os espazos sombríos e abrigosos acochados por entre carballos e castiñeiros.

Son varias as carballeiras e algúns exemplares que destacan ao longo e ancho deste sufrido terrritorio, non tanto abatido pola friaxe, coma pola despoboación que está a sufrir de xeito exponencial. Teño observado recentemente en dous dos lugares do Irixo que frecuento por razóns familiares, que os pequenos galiñeiros son os últimos reductos, xunta coa casa familiar, en seren clausurados

Viaduto de Santiso (Reádigos). Corticeira de Munín (A Espiñeira)

 Se seguimos a estrada que une os dous concellos desde O Carballiño ao Irixo, no lugar do Pazo de Madarnás atopamos a primeira mostra relevante de carballas centenarias, tal e como xa nos advertiran os do Grupo NÓS na súa parada no pazo que pertenceu á familia Temes. Que, dito sexa de paso, por historia, cantidade e dimensións xa deberían constar como incluídas no Catálogo de Árbores senlleiras de Galicia. Aínda na Esgueva, a uns tres KM. atopamos un  exemplo único en Galicia de convivencia de natureza, arte e literatura na Insua dos Poetas, xa superando os cen ferrados que a familia de Luís González Tosar adquirira precisamente aos Temes. Así a auga a mares que abastece ao río Eixan-O Pedriña, as árbores por miles, e as soberbias esculturas que van poboando aquí e acolá un terreo para deixar de ser insua e converterse nun continente, invitan ao visitante ao lecer e á paz consigo mesmo, onde o único que pode perturbar a contorna é a auga das fontese do regato ou o canto dalgún gaio fuxidío, e, a probable visión dalgún xabarín ou teixugo fozando na lameira á busca de landras, lombrices ou cereixotes.

Escola no vello campo da feira do gando vacún no Tellado

 Na Pedriña, en sentido parroquia de Loureiro hai unha xeitosa carballeira que tamén nos fala da antigüidade deste espazo que, seguramente sería obxecto de escuros desexos para unhas achas para o lume, pero aí seguen. Se cruzamos a parroquia de Loureiro de abaixo a arriba e seguindo o curso do río ata Valduíde son varios conxuntos de carballos os que se poden avistar, ademais da fervenza do mesmo nome con abondosos bidueiros ou “abeleras” (denominación local da abelaira).

 En sentido Corneda, abeirando as estradas que foron camiños veciñais, atópanse algúns soutos, ata chegar ao campo da festa que sorprende por un voluminoso freixo, ao carón da que debe ser a única plantación de oliveiras nos que foron diestros da igrexa. Ao pasar O Concieiro, no desvío que conduce a Reádegos e á Pena da Sela, alí había unha sobranceira carballa que servía de protección para os que ían agardar polo coche de liña, a seguir un dos dous aserradoiros que seguen activos. Na ruta cara a Reádegos, no medio dun monte no que só había toxos e algún piñeiro, sorprende a existencia dunha ampla carballeira, con capela incluída, onde se celebra a Romaría da Pena da Sela. Antes de chegar a Santiso, a maxestuosa ponte que foi construída arredor de 1930 para a liña de ferrocarril Ourense-Santiago, a penas se pode ver en toda a súa dimensión pola espesa fraga de bosque de ribeira que a esconde. Se hai algunha parroquia que sobresaia pola súa tradición en canto a árbores autóctonas esa é Reádegos: son innumerables os exemplos de castñeiros en caracocha e algunha das vista máis belidas que se poden ter en canto a diversidade e densidade -por algo será que a igrexa parroquial se atopa no lugar da Castiñeira-. Tamén do outro lado do río son dignos de mención os exemplares que nas máis diversas formas se poden atopar pola parte de Prexigueiro, e se continuamos ata a igrexa da Cidade, ao pé desta sobresaen, ademais dos carballos, amieiros ou salgueiros a abundancia de acivros.

 Pola parte do Campo e en canto a conxuntos e algún exemplar excepcional, subliñarmos unha carballa no lugar das Campinas xunta outros moito carballos de porte diverso, xustamente ao carón do aserradoiro, tamén centenario, que segue transformando unha boa parte da masa vexetal da contorna.

 Non son moitas as igrexas parroquiais que contan cun amplo campo da festa como é o caso da do Campo, e mantén unha fermosa carballeira despois de seren cortados no Estivadón, ao pé da vella escola, uns cantos eucaliptos que foron plantados polo coñecido alcalde e mestre natural de Souteliño, “O Penelas”, coa complicidade do párroco don David Ureña arredor de 1950.   

 En Casares desta parroquia houbo moitos castiñeiros que, cando corrían os anos setenta, ao igual que noutros lugares de Cusanca, foron vendidos a un comprador de orixe portuguesa que inundara a explanada da estación para o tranporte posterior. Naquel mesmo lugar hai unha senlleira carballa testemuña de moitas brincadeiras e sestas no estío. Topónimos como A Carballeira ou O Souto son unha proba maís da fertilidade das especies ás que aqueles fan referencia.

 Nesta andaina fugaz non podemos esquecérmonos dunha das carballeiras de maís e mellores exemplares: a do Tellado que, sendo como foi lugar de feira quincenal, non podía ignorar a necesidade  de protección solar para as persoas e para os animais, así, sobre todo nos espazos reservados para a facenda, conta con moitas carballas que ben puideran servir de exemplo para considerar a contorna como conxunto  ou “Formación senlleira” segundo a denominación da Xunta, dada a longa tradición relacionada coa celebración da feira como punto de interese económico, social e cultural.

 Pola parte que toca ao terreo máis montuoso das parroquias de Froufe e A Espiñeira, ademais da tradición do aproveitamento das devesas para a elaboración do carbón, aquelas sobresaen por dous motivos principais: Un, pola catalogación do castiñeiro de Surribas como senlleiro pola Xunta de Galicia, recoñecemento que propiciaron Florentino Pérez de Marnotes e Antonio Taboada da Ponte (que a terra lle sexa leve); e dúas: pola  existencia dunha corticeira en Munín-A Espiñeira que debía ser merecente de senlleira tanto polo seu volume coma polo toro que acada uns catro metros de diámetro a uns tres metros do chan, ou formación senlleira porque ao seu redor hai outras máis que conviven con varias construcións tradicionais (hórreos, palleiros, vivendas antigas, Avda. Rosalía de Castro, escudo de Galicia, cruceiro, todas estas iniciativas “modernas” dun canteiro local, motivado pola súa paixón galeguista).

 Ata aquí esta breve introdución ao ambiente outonal co que queremos invitar a propios e alleos a  deixarse fascinar pola magnífica estampa coa que están a sorprendernos estas imaxes perecedeiras a moi curto parazo.

 Aproveito para felicitar á Asociación fotográfica O Potiños do Carballiño polo seu loable labor no ámbito da fotografía e convidalos a perderse por estes lares dentro destes poucos días que a natureza nos agasalla con este espectáculo, ademais de pedir desculpas polas limitacións propias en canto á calidade das imaxes, que non sería polo motivo seleccionado senón polas propias eivas do que subscribe. Seguramente que os sempre amables lectores non precisan dos meus consellos, pero que todo sexa polo agarimo e aprezo pola beleza natural.

Xulio Dobarro Ferradás

 O Irixo, 30 de outono de 2025


Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque

Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor  e  A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”

Xulio Dobarro: Do Irixo (Saavedra) a Mallorca  pasando polo Val Miñor-as Mariñas, sobre a técnica  da pedra en  seco ou a “óso”

Xulio Dobarro: “Semana grande na parroquia de Dadín (O Irixo) con peregrinaxe “móbil” e procesión á Pena da Sela

Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”

Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes  por  Emilio Duro Peña “

Xulio Dobarro “Quincuaxésimo aniversario da pergrinaxe da virxe de Fátima  desde a Ponte  á Pena da Sela  (1967). Novena  a partir do día 3 de maio -2025.”

Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------