O Concello quere celebrar o macro botellón da “Festa DJ” nunha finca cunha delimitación que non cadra, cualificada como zona verde, nun escenario disfrazado de “elemento vexetal” e a veira do río: repasamos por que o proxecto das Barcias volve estar no punto de mira.
“A Festa DJ: Un macro botellón no Parque Municipal”
O PROXECTO DE REXENERACIÓN NATURAL DAS BARCIAS E ENTORNO DA FABRICA DE PAPEL NO PARQUE DO CARBALLIÑO, en diante o proxecto das Barcias ou simplemente o Proxecto, continua suscitando a polémica. Nesta ocasión debido a que o Concello ten previsto que se celebre nesta finca o “macro botellón” da “Festa DJ”, que desde hai anos vénse realizando a noite anterior á Festa do Pulpo, nas proximidades da entrada ao Parque Municipal.

Os lectores de Badal Novas xa coñecen a miña opinión sobre a grave afección medioambiental do referido Proxecto sobre a Lagoa existente na Finca das Barcias que nesta ocasión poderíase ver agravado, como consecuencia desta desafortunada iniciativa, causando danos irreversibles sobre a fauna que habita nela. Nas imaxes xa se pode ver algunha das consecuencias ambientais do “macro botellón”:

Nesta ocasión vou tratar a situación de legalidade do Proxecto das Barcias, non sen antes facer unha pequena reflexión sobre a súa delimitación.
“Sorpresa: Unha lagoa que desaparece do plano”
O primeiro que chama a atención é que parece ser que a coñecida como a Lagoa das Barcias xa non pertence a Finca das Barcias (fixense na liña bermella que sinala a delimitación do Proxecto).

Pero si contrastamos esa imaxe coa delimitación que figura no Catastro podemos ver que foi un erro:a Lagoa das Barcias forma parte da Finca das Barcias.

Calquera mal pensado podería sospeitar que non ter á Lagoa en consideración é un erro premeditado, e que se fixo para salvar a problemática medioambiental que se deriva do uso que se lle pretende dar a esta zona do Parque Municipal.
“Un uso nas Barcias que rexeita os obxectivos do Parque Municipal”
Por outra parte, a finca das Barcias, do mesmo xeito que o resto do Parque Municipal, segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Carballiño estaría regulada polo Artigo 112. Ordenanza 10ª.- Zonas Verdes.
Nas zonas verdes os usos permitidos son os seguintes:
- Excepcionalmente, e previo acordo municipal, a instalación permanente de elementos de ornamento como templetes, quioscos, etc.
- Casetas e quioscos desmontables.
- Amoblamento usual, bancos, liminarias, xogos, etc.
- Estas zonas deberán estar convenientemente urbanizadas cos seus correspondentes camiños, encintado e acondicionamento vexetal
Como se pode apreciar as únicas instalacións permanentes que se autorizan nas zonas verdes son as que constituen elementos de ornamento, de maneira excepcional, e sempre previo acordo municipal.
O Proxecto recolle aformación dunha explanada de 16.000 m² cun escenario vexetal de cabeceira de 600 m2 de superficie, que por moito “lavado verde” que se lle poña co adxectivo de “vexetal”, trátase dun lugar destinado a acoller actuacións multitudinarias de diverso tipo; ao parecer xa está prevista a actuación de varios artistas na “Festa DJ”.
Un espazo de alta capacidade para desenvolver actividades con elevadas concurrencias non se pode considerar un elemento de ornamento. Cabería, polo tanto, dudar da súa legalidade urbanística.
Pero ademais, toda instalación permanente nunha zona verde require previo acordo municipal sen o cal se podería incorrer, de novo, nun conflito de legalidade urbanística.
Ante as dúbidas que pode suscitar unha transformación deste tipo, é de supoñer que, previamente a tomar a decisión de encargar a redacción do Proxecto das Barcias e de executar as obras, o grupo de goberno solicitou aos servizos técnicos de urbanismo do concello un informe sobre a compatibilidade do uso que se propon coa Normativa urbanística en vigor aplicable nas zonas verdes.
“A seguridade das persoas ante todo”
Ademais, hai uns días a concelleira de Medio Ambiente do grupo de goberno do Partido Popular, nunha entrevista realizada nunha emisora de radio local, puxo de manifesto que encargaran un informe á Policía local no que, a través de 13 puntos, ponse de manifesto os graves riscos de seguridade que se corren coa celebración do “macro botellón” da “Festa DJ” no lugar que viña facéndose tradicionalmente.
É de supoñer que, por coherencia, o grupo de goberno solicitou e posúe un informe técnico similar para garantir a seguridade do novo emprazamento na Finca das Barcias, ademáis de contar coa preceptiva acta da recepción das obras realizadas ou co permiso previo da Confederación Hidrográfica para poder levalas a cabo.
“Fondos europeos en risco”
É de imaxinar tamén que os que nos gobernan son conscientes de que a conversión das Barcias, nun escenario de festivais e concertos, choca frontalmente coa natureza do financiamento que fixo posible a súa transformación. A intervención enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística (PRTR), dentro da liña “Transformación do modelo turístico cara á sostibilidade”, cuxo obxectivo é reforzar a transición verde dos destinos turísticos, pero non crear unha infraestrutura para eventos masivos.
Destinar a un uso de lecer multitudinario un espazo utilizando fondos condicionados á sostibilidade ambiental supón inverter o propósito que xustificou a axuda: o proxecto finánciase como recuperación ambiental, pero acaba funcionando como recinto de festivais.
As bases destas subvencións esixen cumprir o principio de “non causar un prexuízo significativo” (DNSH) e respectar o acervo medioambiental da UE como condición de elixibilidade. Un uso final incompatible con estes obxectivos podería, polo tanto, poñer en risco a propia xustificación da axuda ante os órganos de control do PRTR e, como consecuencia, podería acabar nun posible reintegro dos fondos percibidos.
Acoller un uso festivo multitudinario de carácter nocturno nun espazo que, por tratarse dunha zona verde a veira dun río, non ten vocación para iso é, por definición, problemático.
Non se trata de opoñerse a celebración da festa, senón de facelo ben. Porque se os servizos técnicos competentes consideraran que as Barcias tampouco é un lugar axeitado para acoller este tipo de celebracións, urxe buscar outro emprazamento: a xuventude ten dereito a poder divertirse en espazos legais e seguros.
Tranquilizar a veciñanza é ben sinxelo: fagan público os informes técnicos das Barcias nos que se poña de relevo que tanto a seguridade xurídica urbanística como a seguridade das persoas está garantida.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:
Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: aprende a defenderte do lavado verde”
Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”
Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”
Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”
Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”
Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”
Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”
Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”
Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”
Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”
Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”
Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “
Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″
Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”
Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”
A “Parada de Autobús Intermodal”
O plan especial de seca: un plan moi especial
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro
Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial
Las alternativas para la ampliación del polígono industrial
La ampliación del polígono industrial en información pública
Ahorro de energía en el alumbrado público
Ahorro energético en comunidades de vecinos
El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud
Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas
Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable
Carballiño: Puerto seco de Galicia
Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial
La ampliación del Polígono y el Paisaje
La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico
La ampliación del polígono y el patrimonio natural
Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial
El poligono industrial de Maside
Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”


















