Cando a “rexeneración natural” destrúe o bosque
Como indica no seu nome o Proxecto de Rexeneración Natural de As Barcias e Contorno da Fábrica de Papel no Parque de O Carballiño, promovido polo Concello, está a ser desenvolvido en dous ámbitos diferentes.
O primeiro, o das Barcias, xa o tratei en dous artigos anteriores, aquí en Badal Novas, e hoxe vou abordar o que se está a desenvolver no contorno da antiga fábrica de papel — na chamada finca Lavandeira — un conxunto de actuacións que, lonxe de rexenerar, están a causar danos ambientais graves e de moi difícil recuperación: a talla dunha importante masa de arboredo, a construción dunha rede de camiños completamente desproporcionada e a destrución da capa fértil do solo en amplas zonas da finca.
Neste sentido, cómpre lembrar que a Lei de Augas establece que toda actuación que se leve a cabo dentro dos 100 metros da beira do río, na chamada zona de policía, require a autorización previa da Confederación Hidrográfica. Neste caso, o Concello debería comenzar por facer públicos os documentos que acreditan que ten esa autorización e as condicións fixadas nela para realizar as obras.
Estragos nunha masa arborada con máis de setenta anos de historia
A secuencia de imaxes aéreas dispoñibles, desde o voo americano de 1956/57 ata as ortofotografías do PNOA de 2026, ofrece un relato inequívoco. A finca Lavandeira mantivo durante décadas unha densa cuberta arbórea que foi tallada.

As imaxes aéreas históricas tamén permiten documentar que as árboles foron talladas entre os anos 2020 e 2023, piñeiros (Pinus pinaster) na súa maioría, e ata o de agora non foron repostas.
O Concello debe explicar publicamente con que criterios técnicos e, no seu caso, con que cobertura legal se procedeu á talla dun arboredo de máis de setenta anos nun espazo de titularidade pública, e se a autoridade competente fixou condicións para a reposición das árbores eliminadas.
Dez metros de anchura nos camiños dun parque público
A rede de camiños prevista no proxecto — verificable no propio cartel informativo da obra — multiplica a xa extensa rede de viais existente na finca. Pero o problema non é só a cantidade. A anchura medida sobre o terreo, de ata dez metros nalgunhas zonas, é propia dunha estrada ou dunha pista forestal de explotación madeireira, non dun sendeiro nun parque urbano. Os camiños nun parque público adoitan ter entre 1,5 e 3 metros. Alguén podería pensar que a confusión se debe a que, como indica o propio cartel da obra, o proxecto é da Dirección Xeral de Carreteras.

Segundo o Catastro, a finca Lavandeira (Polígono 28, Parcela 513) ten unha superficie total de 39.904 m². A partir do plano do cartel da obra, pódese estimar que a lonxitude total dos camiños proxectados é de case un quilómetro (uns 950 metros); cunha anchura media de 6-8 metros, a superficie que ocupan esas vías alcanza os 7.500 m²: preto do 20% de toda a finca. Esa cifra dá a verdadeira dimensión do importante impacto ambiental da rede de camiños construída. Cada metro de camiño demais é máis chan compactado e impermeabilizado, disminuir a vexetación e aumentar a barreira para os animais
A remoción do solo: un dano silencioso
Ademais da talla e dos camiños, obsérvanse en zonas concretas da finca traballos de remoción da capa superficial do solo. Este tipo de actuación — retirar ou enterrar a terra vexetal que está na superficie — é especialmente grave porque elimina exactamente o que máis tarda en formarse: a capa fértil onde viven os organismos do solo, as sementes agardando a xerminar e os nutrientes acumulados durante anos. Sen esa capa, calquera proceso de recuperación natural da vexetación queda comprometido durante décadas. É, paradoxalmente, xusto o contrario do que un proxecto de rexeneración natural debería facer.
As necesarias medidas de remediación que non poden esperar
As intervencións descritas non son irreversibles, pero esixen unha resposta municipal inmediata. Para reparar os danos causados e reconducir o proxecto cara a obxectivos que realmente sexan compatibles coa rexeneración natural, son imprescindibles, cando menos, as seguintes actuacións:
- Reducir a anchura dos camiños a non máis de 5-6 metros, diminuindo a inclinación dos taludes laterais, de xeito que os novos terrapléns poidan ser revegetados.
- Plantar arboredo autóctono — carballos (Quercus robur) e castiñeiros (Castanea sativa) — na beira dos camiños, en liña con 7-10 metros entre árbores, e tamén nas zonas nas que se eliminou a vexetación, neste caso en disposición irregular.
- Revexetar os taludes e as zonas degradadas con sembra de herbáceas, e plantación de arbustos e árbores.
- Instalar elementos de apoio á fauna — zonas de alimentación e refuxio, caixas niño para aves e morcegos — compatibilizando o uso público do espazo coa recuperación dos animais que nel viven.
Estas medidas non son ningunha novidade: responden a criterios amplamente contrastados en proxectos de restauración ecolóxica. Aplicalas permitiría reconducir o proxecto cara ao que o seu propio nome promete: devolver á finca Lavandeira o papel ecolóxico e paisaxístico que lle corresponde como parte do patrimonio natural de O Carballiño.
“Chamamarlle a isto “rexeneración natural”: é tratar de esconder a realidade
Por último, recalcar que o nome do proxecto non é un detalle menor. A “rexeneración natural” é un concepto técnico preciso: refírese ao proceso polo que un ecosistema se recupera polos seus propios medios, sen intervención artificial ou coa mínima imprescindible. O que se está a executar na finca Lavandeira — talla de arboredo, importantes movementos de terras, viais de case un quilómetro de lonxitude e ata dez metros de anchura — é urbanización. Non é rexeneración.
Isto ten nome: lavado verdeou greenwashing, é dicir, usar a linguaxe da ecoloxía para ocultar o que en realidade se está a facer.
O Concello de O Carballiño ten a obriga de explicar publicamente con que permisos conta, que superficie de arboredo foi eliminada, con que criterios se dimensionaron eses caminos, se o proxecto conta cunha análise de impacto ambiental previo á execución e, sobre todo, que medidas pensa adoptar agora.
Os veciños e veciñas de O Carballiño teñen dereito a un parque municipal que sexa realmente un espazo natural vivo e ben conservado. Pero todo dereito leva aparellado un deber: a conservación dese patrimonio natural esixe tamén o compromiso activo da cidadanía de defendelo e coidalo.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:
Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”
Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”
Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”
Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”
Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”
Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”
Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”
Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”
Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “
Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″
Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”
Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”
A “Parada de Autobús Intermodal”
O plan especial de seca: un plan moi especial
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro
Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial
Las alternativas para la ampliación del polígono industrial
La ampliación del polígono industrial en información pública
Ahorro de energía en el alumbrado público
Ahorro energético en comunidades de vecinos
El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud
Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas
Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable
Carballiño: Puerto seco de Galicia
Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial
La ampliación del Polígono y el Paisaje
La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico
La ampliación del polígono y el patrimonio natural
Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial
El poligono industrial de Maside
Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

















