Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa “En galego, agora e sempre”.
É importante sinalar que esta iniciativa de lembrar os nosos devanceiros que falaron en vida o galego, e que indebidamente son rexistrados noutra allea nos epitafios dos cemiterios incúmbenos a todos e todas que temos orgullo de pertenza a unha terra con cultura e lingua de seu. Sempre estamos a tempo de reparar esta ignominiosa anomalía. En Galicia o 99% da súa poboación falou, cantou, quereu e dialogou cos que conviviron con el nun idioma que recibiron dos seus predecesores e que legaron aos seus herdeiros. Foron decisivos na transmisión oral deste patrimonio cultural común.
Os cemiterios en Galicia son territorios inseridos na paisaxe, formando parte dela con especial singularidade, protección e afecto que lles dispensan as parroquias dos vivos as “parroquias dos mortos”. Rosalía de Castro escribíu un poema moi descritivo sobre a convivencia cotiá cos seus defuntos: “Dos vivos amigos sodes/mortos que ali tendes dscanso/e nin os nenos vos temen/ nin a ninguén causades espanto./Visítanvos cada día/falan convosco rezando,/ auga bendita vos botan/na sepultura ao deixarvos…/E “deica mañá”, se despiden/ para o seu traballo”.
Quen non choutou de neno por riba das lousas dos adros das igrexas? Todas elas con cadanseu nome e datas de nacemento e falecemento. Todos fixemos iso sen que tal brincadeira fose irreverente para a memoria das persoas que apodrecen baixo delas. Todo o contrario, faciamolos parte da nosa convivencia que quere ser inmortal.
O filósofo Cicerón dános conta dun epitafio con este texto: “Que ninguén me honre con bágoas, nin que me fagan uns funerais con pranto”. Desde entón este tipo de inscricións funerarias
foron perdendo orixinalidade, e hoxe son pouquiñas as que teñen epitafios acaídos, orixinais, que reflitan o sentemento dos seus familiares. Uniformizáronse as frases, devaluando os sentementos con lápidas frías nas súas expresións. Os cemiterios convertéronse asi en tristes depósitos da humanidade borrando as singulares personalidades das que foron vidas senlleiras creadoras de familias con carismas propios que as diferenciaron do resto da comunidade parroquial.
Antonio Tovar, o gran poeta de Rairiz de Veiga, escribíu en vida un poema titulado “Cando eu morra”, moi ilustrativo: “Cando chegue o meu día i o derradeiro viaxe/enterraime na dorna dun adriño aldeán/poñeime nela espído sen sudario, no chan/que xa teño un para min feito só de paisaxe”. Tovar alúde nel ao mito da Terra Nai que define a nosa antropoloxía cultural. Na postdata do texto literario datado en 1962, laiábase asi da morte da Susa, ”outra máis da familia”: “O día 29 de de agosto deste ano/calou a Susa para sempre, xa para sempre/ela tan falangueira”.
O día 25, como queda dito ao comezo deste artigo, a alcaldesa, Asun Morgade,presidirá o acto da restauración da memoria lingúística de don Ramón Rodríguez, que foi mestre e Alcalde de Rairiz de Veiga, falecido en 2007, substituindo a lápida en castelán por outra en galego cun código QR para deixar constancia da súa biografía, con este epitafio: “Defendeu con orgullo a súa identidade galega ali onde foi, sen deixar de falar en galego”. Na porta do cemiterio descubriremos tamén unha placa que deixe constancia con este texto o agradecemento : “a todos os que moran aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”.
Quedan convidados a participaren nesta convocatoria todas as persoas que cren que a vida é merecente ser recordada despois de morta.
Da Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Xosé González:
A opinión de Xosé González: “Guía básica de galeguización empresarial”
A opinión de Xosé González: “Colleita 2026, máis galega”
A opinión de Xosé González: “A arte de non morrer”
A opinión de Xosé González: “12 de agosto de 1975”
A opinión de Xosé González: “A lingua das forzas e corpos de seguridade”
A opinión de Xosé González: “Unha vez máis no Couto Mixto”
A opinión de Xosé González: “Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua”
A opinión de Xosé González: “Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”
A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell
A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”
A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”
A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”
A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”
A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”
A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”
A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”
A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”
A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”
A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”
A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”
Xosé González: “En Galego, agora e sempre”
A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”
A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”
A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”
A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”
A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

















