Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Con agarimo e afecto, á xente do Ribeiro
In vino veritas
A finais do presente mes de abril, Ribadavia engalánase para celebrar a sesenta edición do viño do Ribeiro. Todo un referente cultural e un escaparate comercial para emprendedores, negocios gastronómicos e relacións sociais francas e abertas. O amplo abano de actividades programadas para eses días non deixa dúbidas do talante emprendedor desa histórica e multicultural vila, así como da súa firmeza e tesón por concitar empatía harmonizando diversión e negocio. A cultura forma parte do DNA da capital do Ribeiro, que loce todo o ano -Festa da Istoria, Mostra Internacional de Teatro (MIT), actividades programadas polo Museo etnolóxico…- e non só nesa próxima celebración do viño. Tampouco se esquece esa vila de propoñer orixinais iniciativas empresariais nin de fomentar alternativas a prol dun racional desenvolvemento económico do viño, o seu sinal identiario. As autoridades empresariais e políticas, mesmo as veciñas e veciños dese concello, saben que sen cultura toda iniciativa que se propoña non vai pasar de ser un mero voluntarismo que concluirá, probablemente, en fracaso.

As múltiples culturas que brunen a Ribadavia -desde a maxia dos celtas ás finanzas e mercado do viño dos xudeus, pasando polas construcións romanas de castros, camiños e pontes; a historia que lle serve de berce dourado no seu bautizo como capital do Reino de Galicia; a nobreza dos Sarmiento; o señorío dos seus mosteiros e das súas fortalezas levantadas no territorio da Castela galega, como se lle coñecía na Idade Media, fan de Ribadavia un lugar de destino obrigado en calquera época do ano, pero especialmente nos próximos días de final do presente mes de abril. E, por se todos eses galardóns non fosen suficientes para encomiar e describir os méritos incomparables desta estelar vila ourensá, podemos agregar a filantropía das Schindler galegas -Lola, Amparo e Xulia-, as tres irmás Touza, incustionables heroínas que salvaron da morte a centos de xudeus desde a cantina ferroviaria e o casino que administraban na vila.
Economía e cultura científica
A palabra cultura vai emparentada co viño, pois deriva do verbo latino colere, que nos seus comezos se aplicaba a actividades agrarias, como vitem colere -cultivar a vide-, agrum colere -cultivar o agro-. A forma supina do infinitivo colere produce cultum, do que sae cultura. E agriculturae expresa formas diversas de cultivar o agro, como a expresión cultura vitium, que significa o cultivo das viñas. Así que na súa orixe, a palabra cultura aplicábase á agricultura, e cultus, a cultivado. Actualmente aínda denominamos incultos aos agros sen cultivar. Posteriormente, a cultura utilizouse metaforicamente comparando o espírito dunha persoa co agro, e a educación e formación, co cultivo; persoa culta -cultivada- ou persoa inculta -sen cultivar.
A cultura, na súa acepción actual, resulta imprescindible para que as persoas se poidan desenvolver facilmente, sen tropezos, nas súas actividades diarias, especialmente nas de ámbito económico e social. Porén, a cultura, igual que a sociedade, é dinámica e viva, aberta e renovable, así que non hai alternativa a ter que beber todos os días da súa fonte e de nutrirse dos seus azos tonificantes. Desa maneira, a cultura faise pragmática e serve de búsola para acometer con éxito os asuntos domésticos vitais. Con todo, é a economía quen xoga un papel fundamental na solución de todas esas cuestións; por iso é tan importante para a xente do Ribeiro estar actualizada na cultura economicista para producir e comercializar os seus produtos.

Cómpre saber, e hai que aceptalo, que tanto os produtos de consumo como os mercados actuais parécense moi pouco aos de mediados do século pasado. A substitución do traballo físico pola información e o coñecemento é algo que se reflicte na economía mundial. Na agricultura do pasado, as novas ideas adoitaban representar unha ameaza para a supervivencia. En comunidades que vivían nos límites da subsistencia, como era o caso do Ribeiro, calquera desviación era perigosa para unha economía que deixaba unha marxe moi estreita para o risco. Co auxe da ciencia e coa entrada da Revolución Industrial naceu unha idea nova e radical: para o progreso son necesarias mentes libres de ataduras. Ese era, abofé, o espírito da Ilustración e da modernidade. Pero a poboación á que isto lle era aplicable representaba só unha minúscula fracción da humanidade.
Tecnoloxía e creación de riqueza
Na actualidade, coa culminación revolucionaria do novo sistema de creación de riqueza, non é unha fracción da poboación traballadora, senón un número substancial e crecente o que ten a súa produtividade precisamente dependente da liberdade que se lle dá para crear todo, desde deseños de novos produtos, ata novas lóxicas informáticas, metáforas, revelacións científicas e epistemolóxicas. O historiador Mark Poster, da universidade de California (Irvine), escribiu que “o traballo na economía avanzada non consiste en traballar en “cousas”, senón en homes e mulleres que actúan sobre outros homes e mulleres, ou persoas que actúan sobre a información e a información que actúa sobre as persoas”. As economías supersimbólicas nacen a partir de culturas constantemente estimuladas por novas ideas. Un público con medios de vida derivados cada vez máis da manipulación de símbolos tamén se amosa cada vez máis sensible ao seu significado e ratifica un máis amplo “dereito a saber”. O coñecemento, tal como Francis Bacon advertía, é poder. E Winston Churchill dixo que “os imperios do futuro son imperios da mente”. Coido que Ribadavia e o Ribeiro están xa no futuro, nunha economía baseada no coñecemento. A cuestión máis importante non é xa a distribución (ou redestribución) da riqueza, senón da información e dos medios que a producen.
Un dos maiores desequilibrios de poder que hai no planeta discrimina aos países ricos dos pobres. Pero tamén, o Mundo divídese en países rápidos e lentos. O ser rápido ou lento non é só cuestión de metáfora. Hai economías que son lentas ou rápidas ao completo. Nas economías rápidas, a tecnoloxía avanzada acelera a produción; o seu ritmo vén determinado pola velocidade das transaccións, a velocidade á que se crean novas ideas, a velocidade dos fluxos de capital, etc. Estas economías xeran riqueza máis de présa cás lentas. Nas sociedades agrarias, os procesos económicos móvense a un ritmo máis lento. A tradición, o ritual e a ignorancia limitan as opcións aceptables para a sociedade. O novo sistema económico componse dunha crecente rede de mercados, Bancos, centros de produción e laboratorios en comunicación constante entre eles. Os sistemas produtivos e comerciais son, pois, interactivos.
O produtor e o consumidor, que na Revolución Industrial aparecían divorciados nos seus intereses, aparecen cada vez máis unidos no ciclo da creación da riqueza, no que o consumidor non só se limita a aportar diñeiro, senón tamén información de deseño e de mercado. Desa forma, comprador e provedor comparten datos, información e coñecemento. O consumidor e o produtor fúndense no que se chamaría “prosumidor”.
Así, o novo sistema de creación de riqueza comparte a dobre condición de local e mundial. As potentes microtecnoloxías posibilitan que se faga a nivel local o que antes non se podía levar a cabo de forma económica a nivel nacional. De modo simultáneo, moitas funcións rebasan as fronteiras nacionais e integran as actividades que se realizan en moitas nacións nun só esforzo produtivo.
Non hai ningunha dúbida de que estamos ante un novo e revolucionario sistema de creación de riqueza de alta tecnoloxía; a medida que as pezas deste sistema se agrupan, minan as estruturas de poder deseñadas para sustentar o sistema de creación de riqueza da era industrial. O novo sistema de creación de riqueza axuda a explicar as tremendas conmocións que se estenden de parte a parte do planeta.
A cultura economicista crea o seu propio léxico, e palabras como “nichos de mercados”, “nichos xeográficos”, “nichos emerxentes”, “mercadólogo”, “nichólogo”, “prosumidor, etc. xa son familiares entre os cidadáns. Algúns gurús financeiros din que o tamaño dos nichos é vital para todos aqueles que pretendan xogar un papel brillante nestas primeiras décadas do século XXI.
Os viños do Ribeiro piden entrar, e algúns xa o lograron con éxito, como nichos estratéxicos dos segmentos alimentarios. A súa caste de viños determina nichos localizados nesas áreas específicas, ás que se lles considera lugares identificados como santuarios do viño. Pódense converter así en extraordinarios mercados, precisando unicamente para o seu desenvolvemento aplicar mecanismos de motivación aos grupos de consumidores que forman parte dese sub-segmento alimentario para lograr o posicionamento como estratexia vital do mercadólogo.
A enorme lista de colleiteiros, adegueiros e cooperativistas do Ribeiro foron, paseniño paseniño, conquistando pequenos nichos nos que meter os seus viños. A varidade da uva -treixadura, godello, torrontés, loureira, albariño, lado, caíño…-, así como a magnífica calidade dos brancos e tintos -sen esquecer o tostado- propiciaron modificar a vision comercial do seu produto. E así, nas listas dos mellores viños de España aparecen os seus nomes. Algúns deles competindo a nivel internacional. A súa presenza esta fin de semana está garantida, abofé, nos stands expositores da Alameda de Ribadavia. Supoño que a maioría dos expositores con marcas da denominación de orixe Ribeiro, historicamente a primeira de Galicia, ofrecerán aos asistentes unha cata xenerosa dos seus caldos. Un bo reclamo para asistir alí algún día desta fin de semana.
Confío en que os arrieiros das ondas hertzianas, agremiados na prensa galega, transporten ao noso planeta o fluír incesante de multitude de devotos dionisíacos polas pasarelas ribadaviáns, pois desa forma, o mundo vaise decatar dese recuncho ourensán onde o néctar afrodisíaco do Ribeiro rende solemne pleitesía a Dionisos sobre o sacro altar da alameda de Ribadavia.
Grazas aos medios de comunicación -alí non faltará Badal novas-, este viño galego será coñecido en todos os lugares do mundo, coa correspondente etiquetaxe en galego de todos os produtos selectamente elaborados. E Ribadavia será durante os próximos días a base de lanzamento da cultura do viño para invadir o planeta non con bombas nin misís con cabezas nucleares, senón co efusivo galano da súa cultura e co dondo recendo do viño do Ribeiro. Que as amigas e amigos da prensa galega leven nos pelexos da información unha tarxeta de presentación na que fagan constar os desexos de paz para todos os seres humanos desde a capital do Ribeiro. En especial para os de Ucraína. E ao lado desa tarxeta -por se a mensaxe chegase a outras partes do universo perforando millóns de louridas estrelas que lampexan sen cesar no firmamento onde son posibles outras intelixencias semellantes á nosa-, reluza o aristócrata imperio da verdade sobre o cintilar da dionisíaca mensaxe: in vino, veritas.
Outros artigos de Avelino Muleiro
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.