Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

39-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Quico Valeiras (Arcos, O Carballiño, 1990)
O nome como escritor de Francisco Valeiras González. Despois de facer o bacharelato no Carballiño, licenciouse en Filosofía en Compostela para formarse despois en Salamanca, Granada e Bilbao.
Exerceu como libreiro en Compostela, na desaparecida Chan de Pólvora, e fixo labores varias, en particular na hostalería en locais do Carballiño como o Regadas e o Sete Flores e mesmo na compostelá Casa das Crechas.
Como poeta ten publicado … Ó que saben os corpos no que dura unha dársena (OZOCOgz, 2018), O tempo da cireixa (Positivas, 2019), Urda (Chan da Pólvora, 2020, premio Eusebio Lorenzo Baleirón), O Elo (Urutau, 2020), ademais doutras colaboracións.
Como recollía o xornalista Xosé Manoel Rodríguez (La Voz de Galicia, 30/01/2023), Quico Valeiras “é unha persoa agradecida que mestura na súa conversa experiencias e proxectos na mesma medida que recoñecementos aos veciños do Carballiño que o levan axudado nas súas iniciativas, ou aconsellado nas lecturas, e creadores que o teñen orientado.
De Manuel Iglesias Nanín —da libraría Escolma— a Eladino Cabanelas —da tenda de deseño galego OZOCO GZ—, pasando pola poeta ourensá Alba Cid —da que tanto estima os seus consellos— ou Alicia Fernández e Eduard Velasco —que o enrolaron na singradura de Chan de Pólvora—.
E ao seu compadre do Regadas (…)”. Conta o xornalista que Quico non foi un rapaz de lecturas literarias, pois “na casa non había libros de poesía. Si aquelas enciclopedias que lle mercaban á xente que pasaban a vender libros polas casas. Moito lin nela, aínda que había cada cousa —sobre todo de historia— que eran auténticas barbaridades», lembra.

No instituto foise achegando aos autores, tamén aos grupos de rock que se decantaban por empregar a obra dos poetas, e recoñece como figuras claves dos primeiros tempos a Lorca, Lois Pereiro e Baudelaire. Do primeiro cita o Llanto por Ignacio Sánchez Mejías e confesa que a súa estadía en Granada o achegou máis á súa obra e á súa figura.
Ao de Monforte viviuno no seu ano das Letras Galegas e naquela altura gozou do seu achegamento arriscado á escrita e á vida”. Editou o poemario O tempo da cireixa (Positivas, 2019) en economía colaborativa, cunha plataforma, e lémbrao cun agarimo especial e confesa o autor que «foi un libro seminal.
A xente axudoume e Eladino Cabanelas implicouse a fondo para que saíse. Será sempre unha obra especial porque me achegou a coñecer a outros poetas aos que admiraba, e con algúns rematei participando en obras colectivas, e que son referentes na poesía galega actual.
Tamén a figuras como Paco Macías —o editor de Positivas— e a todo o que el leva feito por Galicia». [Escollo para ilustrar, o seu primeiro poemario publicado no Carballiño, que recolle na última páxina cun “obrigado á brigada”, a unha chea de amigos e veciños da vila que o teñen axudado. A foto é de Miguel Villar].



Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVIII) : “Moncho Iglesias Míguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVII) : “Raquel Piñeiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVI) : “José Manuel García Iglesias “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXV) : “Bautista Goyel Álvarez Domínguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIV) : “José Manuel Vázquez Senra”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIII) : “Serafín Portugal Soto”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “