Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


«Me gustas cuando callas porque estás como ausente. / Distante y dolorosa como si hubieras muerto».

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

(Pablo Neruda, Veinte poemas de amor y una canción desesperada)

Constituídas case todas as corporacións locais galegas, elixidas o pasado 28 de maio, sería moi desexábel non deixar de lado, como aconteceu nos últimos mandatos, o debate cada vez máis urxente e necesario sobre as eivas, as maluras e as cuestións esencias que lle competen e incumben aos concellos galegos, para facer aflorar propostas e reivindicacións que deberían atopar acomodo nas páxinas dos boletíns oficiais, a fin de procurar unha mellor calidade de vida para o conxunto da cidadanía galega.

Xa pasaron corenta e pico anos dende a aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia e os nosos concellos seguen embobados cunha lei da administración local de Galicia, que non deixa de ser a fotocopia en branco e negro da lexislación do Estado. A día de hoxe o Parlamento galego aínda non se atreveu a aprobar a primeira lei de facendas locais de Galicia, prevista na anterior, talvez porque ningún grupo político ten o máis mínimo interese en dotar aos municipios galegos dun corpo lexislativo propio.

Maiormente, malia superarmos as 30.000 entidades de poboación –tantas como hai no resto do Estado– e sermos a terceira comunidade máis envellecida e con menos fecundidade, aos alcaldes e alcaldesas galegas trémenlle as pernas á hora de esixirlle ao Goberno central que faga xustiza dunha vez connosco, a fin de que se teñan en conta as circunstancias diferenciais á hora de definir as correspondentes compensacións  na participación dos nosos concellos nos ingresos do Estado.    

A Xunta e o Parlamento deberían esixir –e asumir– a súa condición de ‘institucións autónomas’ e demandar a competencia, para poñer enriba da mesa unha ‘planta local galega’, que dea a luz unha configuración político-administrativa-territorial propia, máis acorde coas características xeográficas galegas, co seu asentamento da poboación e coas nosas sinais identitarias, capaz de prestarlle servizos públicos universais e de maior calidade á veciñanza e afianzar, de paso, os nosos aspectos diferenciais.

Mentres tanto, a curto prazo, é imprescindíbel que os concellos galegos, amais de forzar e acelerar o novo modelo de participación nos ingresos do Estado, lle esixan á administración central e á autonómica que reasuman as súas obrigas, aliviándoos  da sobrecarga de competencias impropias ou financiándollas na medida dos seus custos reais, tal e como esixe a a lexislación estatal e a nosa indolente ‘lei galega de administración local’. E, claro, mentres non se supriman as deputacións, sería saudábel aprobar unha lei que as reduza ao seu mínimo expoñente e que as obrigue a cumprir os fins que lle encomenda a lexislación, para que garantan a solidariedade e equilibrio intermunicipal e aseguren unha prestación integral e acaída dos servizos de competencia municipal na totalidade do territorio provincial. Iso require, como mínimo, simplificar o seu abano competencial e a súa estrutura administrativa, reorientando o destino dos fondos –de todos os fondos– con criterios obxectivos e enfocados cara aos concellos máis pequenos e con menos recursos económicos.  

[O meu tío Lisardo discrepa dos que se empeñan en marear a perdiz, tratando de convencernos de que cómpre reducir os custos dos servizos prestados polas entidades máis pequenas, e para iso sempre nos propoñen as mesmas receitas: aumentar a poboación das entidades locais, mediante a fusións de concellos. Iso si, nunca falan de limitar outros gastos superfluos do Estado ou das autonomías ou da duplicidade ou triplicidade de servizos prestados nas cidades.

Así que non convén distraerse máis da conta, porque serán estes concienciudos pensadores os que acabarán vendéndonos propostas para que se pechen colexios, centros de saúde e hospitais públicos, para suprimir as autonomías e para que todo se privatice, ata deixar aos máis necesitados sen a mínima asistencia, porque os dereitos dos indefensos sempre lle parecerán demasiado caros]


Outros Artigos de Antón Jardón :

” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “

“Quiere una bolsita?”

” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “

” Que é un alcalde de tarifa plana? “

” Concellos galegos ou concellos de Galicia “

” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “

” O espello convexo e os carneiros mochos”

Días de intemperie

Que tropa, que tempos…, que ventos!

Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen

É a caligrafía, babeco!

Cando pretendes apalpar os sentires da noite

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “