Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (III): Pagar sen saber o que pagamos”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Terceira e última entrega sobre a crise da auga no Carballiño.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nas dúas entregas anteriores vimos que o Arenteiro queda case sen auga no verán, que a rede de abastecemento perde boa parte da que capta e que a de saneamento verte ao río en canto chove con forza. Detrás de todo isto hai un servizo público que, durante os próximos vinte anos, xestiona unha empresa privada: Augas do Arenteiro. Hoxe pechamos a serie cunha pregunta tan sinxela como incómoda: que sabemos os veciños de como se xestiona a auga que pagamos? A resposta, como veremos, é que case nada.

Unha web para recadar, non para informar

A empresa concesionaria da auganon é unha empresa calquera: xestiona un servizo público esencial sobre un ben que é de todos, a auga, e que ademais pagamos todos en cada recibo. E, como con calquera outro servizo, se pagamos pola xestión da auga temos dereito a saber que estamos a pagar. Con todo, abonda con entrar na súa páxina web (www.augasdoarenteiro.es) para comprobar que está pensada para recadar, non para informar. Recíbenos cun revelador «Agora podes facer o teu negocio as 24 horas do día». Posiblemente sexa un descoido, pero di moito: para os veciños non hai negocio que facer; o negocio —vinte anos e sesenta millóns de euros— suponse que o fai a concesionaria.

A web preséntase como unha «Oficina Virtual» na que só se pode pagar e consultar recibos, ver o historial de consumo ou cambiar a domiciliación bancaria: nin unha palabra sobre como se xestiona a auga de todos.

A factura tampouco axuda. Fóra dos importes, nin unha liña sobre a xestión da auga: nin canta auga se capta cada mes do Arenteiro, nin canta se perde polo camiño, nin sobre a calidade da auga que bebemos, nin canto se depura a que devolvemos ao río. Sería moi sinxelo incluílo. Iso si, a cláusula de protección de datos indica que os nosos datos quedan baixo a responsabilidade de Aquadeza, que é a concesionaria da auga en Lalín, o que di moito do coidado cos nosos datos e da forma en que se nos informa.

Os importes, en cambio, non dependen da concesionaria. A tarifa encarece o metro cúbico por bloques, pero ese castigo só afecta os grandes consumos. Para a maioría dos fogares o que manda son as cotas fixas de abastecemento, sumidoiros, depuración e canon: mesmo cun consumo normal, duns 10 m³ ao mes, case tres cuartas partes do recibo son fixas. Un exemplo real: nun periodo sen consumo o recibo foi de 39,40 euros; no seguinte, con 3 m³, de 40,80 euros. Así, aforrar apenas se nota, cando a Directiva Marco da Auga pide tarifas que incentiven un uso eficiente. Estas tarifas apróbaas o concello, agás o canon, que fixa a Xunta. O concello debería revisar o peso das cotas fixas.

O que non sabemos, e temos dereito a saber

Tampouco se pode consultar o contrato que rexe a concesión durante vinte anos, nin como funcionan as depuradoras do Arenteiro e do Carrás e as fosas sépticas dos núcleos rurais, nin cantas veces e durante canto tempo os aliviadoiros verten augas residuais sen depurar ao río.

E non se trata dun favor. Quen xestiona un servizo público relacionado co medio ambiente está obrigado a facilitar a información ambiental que ten no seu poder: así o establece a Lei 27/2006, que inclúe expresamente as empresas privadas que prestan estes servizos. Os caudais captados, o funcionamento das depuradoras ou os vertidos ao río son, precisamente, información ambiental. E as leis de transparencia obrigan as concesionarias a facilitarlle ao concello toda a información que precise.

E hai unha razón aínda máis sinxela. Segundo a Directiva Marco da Auga, o custo do servizo repercútese en quen o usa a través da tarifa: cada veciño é un cliente que paga, e como calquera consumidor ten dereito a unha información completa. Cun agravante: é un monopolio. Se non nos convence a compañía do teléfono ou da luz, podemos cambiar; coa auga, non: somos clientes sen alternativa. Por iso, a información é a única garantía que temos.

O razoable sería que esa información non houbese que pedila. Por iso, o concello, como titular do servizo, debería esixirlle a Augas do Arenteiro transparencia: que publique todos eses datos de forma periódica, xunto cos investimentos comprometidos, e que renda contas cada ano das obras que executa, comezando pola elaboración do Plan Integral de Saneamento que reclamabamos na entrega anterior. Só así saberemos se se corrixen as carencias do ciclo da auga no Carballiño e se o que pagamos está ben empregado.

Esta transparencia, ademais, non depende só da vontade municipal: a nova Directiva europea de augas residuais urbanas, que España debe incorporar antes de agosto de 2027, obrigará a que o público poida consultar en liña como se recollen e se tratan as augas residuais.

Tamén é cousa da oposición

Controlar o goberno municipal é a función da oposición, e nun contrato desta contía e duración ese control non pode ser ocasional nin quedar só en preguntas e mocións no pleno. Se calquera veciño pode dirixirse directamente a Augas do Arenteiro para pedirlle información ambiental, con maior motivo poden facelo os que representan os veciños.

Os grupos da oposición deben pedirlle á concesionaria toda esta información e facer públicas as súas respostas, ou o seu silencio. Ao cabo, a auga non é dun goberno nin dun partido: é de todos.

En definitiva, xestionar a auga de todos esixe render contas a todos. Por iso, é necesario:

  • Transparencia: Que Augas do Arenteiro e o concello publiquen periodicamente a información sobre a xestión da auga, incluídos os vertidos dos aliviadoiros como os acontecidos en datas recentes.
  • Rendición de contas: Que o concello lle esixa a Augas do Arenteiro o calendario das súas obras e un balance anual do seu cumprimento.
  • Tarifas: Que o concello revise a estrutura tarifaria para que o recibo dependa máis do consumo real e premie o aforro.
  • Control municipal: Que a oposición exerza o seu control tamén ante a concesionaria e faga pública a información que obteña.
  • Dereito a saber: Que os veciños coñezan e exerzan o seu dereito de acceso á información ambiental: a concesionaria está obrigada a responder.

Nota: o Arenteiro segue baixo mínimos

Durante todo o verán, o caudal medio diario do Arenteiro non chegou nunca ao caudal ecolóxico de 280 l/s. En agosto marcou un novo mínimo histórico, 30 l/s, que se mantivo máis de 60 horas seguidas, e a finais de setembro volveu baixar a 40 l/s durante tres días. As choivas de outubro deixárono entre 80 e 140 l/s, nin sequera a cuarta parte do caudal ecolóxico que lle corresponde de outubro a decembro, 610 l/. O río segue nunha situación de extrema vulnerabilidade.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (II): O saneamento, outra materia pendente.”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (I): e agora que?”

Pablo A. Guillén: “As Barcias, un mes después de la Fiesta”

Pablo A. Guillén: “Máis troitas mortas no Arenteiro: detrás escóndese un problema estrutural”

Pablo A. Guillén:”Estamos peor que hai un ano: a “Sopa Verde” volve ao Arenteiro

Pablo A. Guillén:”Utiliza la inteligencia artificial (IA) con inteligencia natural”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: aprende a defenderte do lavado verde”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”

Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”

Pablo A. Guillén: “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”

Pablo A. Guillén: “O patrimonio da infraestructura verde do Carballiño non conta cunha protección real”

Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”

Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”

Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------