Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (I): e agora que?”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Primeira de dúas entregas sobre a crise da auga no Carballiño.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aínda que as choivas dos últimos días de agosto nolo  fagan esquecer, a auga é un ben escaso. Tan escaso que deixou de ser un problema exclusivamente medioambiental para converterse nun problema político e social de primeira orde.

Este verán, cando o Arenteiro marcou un novo mínimo histórico de caudal e O Carballiño estaba no seu máximo de poboación, a garantía de subministración de auga de consumo humano puido verse gravemente ameazada. Salvounos a campá: as choivas, que habitualmente non chegan ata mediados ou finais de setembro, adiantáronse este ano. Polo menos, polo momento.

Como se aprecia na figura do comportamento do caudal do río Arenteiro nos dous últimos meses, no pasado mes de agosto volveu bater unha marca histórica: o seu caudal medio diario chegou a situarse en 30 l/s entre os días 22 e 23 -e o río mantívose nesa cifra durante máis de 60 horas seguidas entre o 21 e o 24-, por baixo dos mínimos xa alarmantes de anos anteriores (40 l/s o 28 de agosto de 2022 e 56 l/s o 23 de agosto de 2017).

Cómpre lembrar que a estación de aforos A037 está augas abaixo da captación da Mancomunidade Carballiño-Maside: os 30 l/s dos días 22 e 23 son o que quedaba no río despois de extraer a auga para o abastecemento, mentres que a concesión vixente autoriza captar ata 84,72 l/s e está en trámite unha solicitude para ampliala a 96,86 l/s.

As choivas de finais de mes trouxeron certo alivio: o caudal medio diario chegou aos 270 l/s o día 28, pero nin sequera entón alcanzou o caudal ecolóxico esixible no Arenteiro (280 l/s), e volveu descender rapidamente. De feito, o repunte apenas durou uns días: tras manterse arredor de 100 l/s entre o 3 e o 13 de setembro, o río retomou a senda descendente, e nos últimos días o caudal medio diario rolda de novo o anterior mínimo histórico dos 40 l/s, moi por baixo —unha sétima parte— do caudal ecolóxico esixíble para conservar un río salutífero, que diría Felipe Senén.

O breve respiro que deron as choivas de finais de agosto foi máis una cuestión de sorte que de xestión, e confundilo coa solución dun problema estrutural sería repetir o mesmo erro de sempre. Mentres non se conteña de verdade a presión sobre o Arenteiro, tanto pola extracción de auga como pola calidade das verteduras que se levan a cabo, cada choiva será só un respiro entre secas cada vez máis duras.

Os períodos de seca son, ano tras ano, máis frecuentes e severos. Ademais, este ano entra en xogo o fenómeno natural coñecido como El Niño que, aínda que é independente do cambio climático, actúa sobre un planeta xa sobrequentado pola actividade humana. Segundo a AEMET, a súa influencia sobre o clima da Península é débil e incerta: nos episodios fortes pode favorecer outonos e comezos de inverno máis chuviosos, pero sen garantía ningunha. Confiar niso sería, unha vez máis, apostar pola sorte.

Almacenar máis auga: unha resposta incompleta

Para garantir a subministración á poboación, a opción máis estendida segue sendo a do almacenamento. Uns defenden construír máis depósitos, e máis grandes; outros, levantar un ou varios encoros augas arriba ―nos ríos Arenteiro, Asneiros ou Mirela― que permitan acumular auga durante o inverno para dispoñer dela no verán.

Ambalas propostas teñen un problema de fondo. A primeira choca coa dificultade de contar con auga suficiente para encher os depósitos que se pretenden construír: se non hai recurso, de pouco serve máis capacidade de almacenamento. A segunda esixiría un estudo detallado de viabilidade ―dispoñibilidade real de auga, capacidade do vaso do encoro, afeccións augas abaixo― e supoñería, ademais, un custo ambiental e económico moi elevado, así como unha previsible e forte contestación social.

A terceira vía: deixar de perder a auga que xa temos

Hai quen propón unha terceira vía, e é a que este artigo quere poñer en primeiro plano. Parte dunha constatación incómoda: boa parte da rede de distribución é moi antiga e aínda persisten tramos de tubaxe de fibrocemento. A Xunta cifra en arredor do 28 % a auga que se subministra nas redes municipais galegas e non chega a rexistrarse, case tres de cada dez litros. No Carballiño non constan datos públicos do rendemento real da rede, pero pola idade das infraestruturas, non hai motivos para pensar que as perdas sexan pequeñas.

A conclusión é obrigada: hai que empezar pola renovación da rede de abastecemento, porque é moito menos custosa que as grandes obras hidráulicas e máis eficiente desde o punto de vista medioambiental. A isto súmase que concienciar a poboación sobre o bo uso da auga non debe limitarse a publicar un bando nas épocas de seca, senón constituír un hábito cotián. Ningunha das dúas medidas require esperar a que chegue a próxima seca: poden ―e deben― acometerse xa.

Só unha vez conseguido ese uso eficiente da auga ―rede renovada, perdas reducidas, aforro convertido en hábito― tería sentido volver sobre a idea do almacenamento. Construír un novo depósito podería entón propoñerse como unha medida complementaria, e un encoro, como o último recurso. Pero ningunha das dúas debe ser a primeira resposta: son opcións ás que acudir cando xa se fixo todo o demais, nunca un pretexto para deixar de facelo.

A tendencia de fondo, así e todo, non cambia: todo indica que a frecuencia e a intensidade das secas en Galicia van ir en aumento. As choivas de agosto, como moito, permiten gañar tempo. O perigoso é que ese tempo gañado se emprege para esquecer o problema, non para resolvelo: un problema que non se corrixe non se detén, vai empeorando seca tras seca.

Para remediar esta situación é urxente comezar por catro liñas de actuación concretas:

  • coñecer e publicar o rendemento real da rede e aprobar un plan de renovación con calendario e financiamento, aproveitando as axudas de Augas de Galicia;
  • priorizar a redución das perdas fronte o incremento do almacenaxe;
  • descartar calquera aumento da captación para abastecer un macropolígono industrial de dudosa viabilidade coa auga que non temos;
  • e facer da concienciación cidadá un hábito permanente, non un bando illado en agosto.

A próxima semana, segunda e última entrega sobre a outra gran carencia estrutural do ciclo da auga no Carballiño: «Salvados pola campá (II): O saneamento, outra materia pendente».


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “As Barcias, un mes después de la Fiesta”

Pablo A. Guillén: “Máis troitas mortas no Arenteiro: detrás escóndese un problema estrutural”

Pablo A. Guillén:”Estamos peor que hai un ano: a “Sopa Verde” volve ao Arenteiro

Pablo A. Guillén:”Utiliza la inteligencia artificial (IA) con inteligencia natural”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: aprende a defenderte do lavado verde”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”

Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”

Pablo A. Guillén: “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”

Pablo A. Guillén: “O patrimonio da infraestructura verde do Carballiño non conta cunha protección real”

Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”

Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”

Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------