Pablo A. Guillén: “Feliz ano novo: chegaron as choivas”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Despois de catro meses de seca, o Arenteiro volve levar a auga que necesita

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O 1 de outubro, sen uvas, campás ou foguetes, comezou un ano novo. Non o do calendario, senón o ano hidrolóxico, o que usan as confederacións hidrográficas para medir e planificar a auga. Por que en outubro? Porque é cando habitualmente empeza a chover. No outono e no inverno fai frío, evapórase pouca auga e as plantas apenas beben, e é entón cando o río e os acuíferos se enchen. Na primavera e no verán pasa o contrario. Contando de outubro a setembro, a auga que entra e a que se gasta contabilízanse no mesmo ano.

Un ano de extremos

O ano que rematou o 30 de setembro foi de extremos. No inverno, o río levou auga de sobra: só entre xaneiro e marzo por el pasaron case dous terzos de toda a auga do ano. No verán, en cambio, marcou o seu mínimo histórico, 30 litros por segundo, e en total pasou máis dun terzo do ano por debaixo da auga mínima que necesita para manter a súa vida, o chamado caudal ecolóxico.

Caudal medio diario do Arenteiro no Carballiño no ano hidrolóxico 2025-2026, fronte ó caudal ecolóxico de cada estación (en escala logarítmica). Elaboración propia con datos da CHMS.

A estiaxe non remata nunha data fixa: empeza cando o río baixa do seu caudal ecolóxico e non acaba ata que as choivas o devolven por riba, sexa en setembro, en outubro ou, como este ano, en novembro. E cada vez dura máis. Por iso, é frecuente que o calendario, como ocorreu este ano, parta a estiaxe en dous: unha parte conta no ano que rematou e outra no que empeza, coma se fosen dúas secas distintas. Para o río foi unha soa.

Contar de outubro a setembro, como fai o calendario hidrolóxico, serve para facer contas, pero non sempre para entender o río. Non todos os países contan igual. España, Portugal, o Reino Unido ou Suíza empezan o ano hidrolóxico en outubro, pero Alemaña empézao o 1 de novembro e divídeo en dous semestres: o de inverno, de novembro a abril, e o de verán, de maio a outubro. Se miramos o Arenteiro coas contas alemás, o semestre de verán empeza co río baixando sen parar ata entrar en estiaxe a principios de xullo. E dende aí ata o 31 de outubro, toda a seca queda dentro do mesmo semestre; só os últimos días, xa en novembro, pasarían ó ano seguinte. A seca vese practicamente enteira, tal como a viviu o río.

O Arenteiro co calendario alemán: caudal medio diario do 1 de maio ó 14 de novembro de 2026, fronte ó caudal ecolóxico de cada estación. O fondo marca o semestre de verán alemán. Elaboración propia con datos da CHMS.

En Galicia, ademais, isto pesa máis. Como a choiva adoita estar repartida ó longo do ano, nunca se fixeron grandes depósitos para gardar a auga do inverno: no Arenteiro, como vimos no artigo anterior, as presas apenas dan para uns días de consumo. E baixo terra tampouco hai onde gardala: o granito está moi preto da superficie, case non deixa pasar a auga, e os acuíferos son pequenos. Así que o río vive ó día. Por iso, cando a choiva se atrasa, non hai reserva da que tirar, e partir a estiaxe en dous anos agocha xusto o que máis nos importa: canto tempo pasa o río sen a auga que necesita.

Por fin, a choiva

Este ano novo empezou igual ca o vello: co río baixo mínimos. Durante todo outubro e os primeiros días de novembro, o Arenteiro levou uns 100 litros por segundo, cando nesta época debería levar polo menos 610. Nin a quinta parte.

Ata que chegou a choiva. En catro días, do 8 ó 12 de novembro, o río multiplicou o seu caudal case por seis e, por fin, volveu a acadar o caudal ecolóxico. Non o conseguía desde o 6 de xullo: 129 días seguidos, máis de catro meses. O ano pasado chegara a ese punto o 31 de outubro; este ano, case dúas semanas máis tarde.

E non quedou aí: o 13 de novembro o río chegou a pasar dos 2.000 litros por segundo, case catro veces o seu caudal ecolóxico. Agora xa empeza a baixar, pero segue moi por riba. Toca que a choiva continúe, para que se manteña e para que a terra e os acuíferos, que despois de tantos meses de seca beben primeiro, recuperen a auga perdida antes do próximo verán.

Gráfica da evolución do caudal do río na pasada semana (en m³/s; 1 m³/s = 1.000 litros por segundo). Fonte: CHMS.

Canta auga lle pedimos ó río?

A pregunta importante non é canta auga leva o río no ano, senón se dá para o que lle pedimos cando máis o necesitamos. Fóra do verán, o río dá para todo con moita marxe. No verán, non. Este verán, de cada dous litros que baixaban polo Arenteiro, un ía para as billas da vila e o outro quedaba no río. E ese que quedaba no río non chegaba nin á metade do que necesita para manter a súa vida. En agosto, o mes máis duro, foi aínda peor: o subministro quitoulle máis auga da que lle quedou ó río

E que pasaría se o macropolígono industrial xa estivese funcionando? Levaría outros 17 litros por segundo, e nos peores días de agosto ó río só lle quedaría un fío de auga: 13 litros por segundo. E abondaría un verán un pouco máis longo ou máis quente, ou sen as excepcionais choivas de finais de agosto deste ano, para secalo de todo.

A lección: o problema é a seca

Ó Arenteiro non lle falta auga no ano; fáltalle na estiaxe, que xa non remata co verán, xusto cando máis a necesitamos. E, como xa vimos, a que sobra no inverno o río non a pode gardar para despois. Por iso a solución non está en buscar máis auga, senón en coidar mellor a que temos: reducir as perdas, respectar o caudal ecolóxico e non comprometer novas demandas, como a do macropolígono industrial, que o río non pode atender na estiaxe.

Así que feliz ano novo hidrolóxico. Chegou tarde, pero chegou coa choiva. Que veña tamén con decisións que non nos fagan depender dela.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “O río non dá para máis”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (III): Pagar sen saber o que pagamos”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (II): O saneamento, outra materia pendente.”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (I): e agora que?”

Pablo A. Guillén: “As Barcias, un mes después de la Fiesta”

Pablo A. Guillén: “Máis troitas mortas no Arenteiro: detrás escóndese un problema estrutural”

Pablo A. Guillén:”Estamos peor que hai un ano: a “Sopa Verde” volve ao Arenteiro

Pablo A. Guillén:”Utiliza la inteligencia artificial (IA) con inteligencia natural”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: aprende a defenderte do lavado verde”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”

Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”

Pablo A. Guillén: “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”

Pablo A. Guillén: “O patrimonio da infraestructura verde do Carballiño non conta cunha protección real”

Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”

Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”

Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------