Antón Jardón
Curriculum Antón Jardón
«Por pequenos que sexan, os paseos lindos están case sempre inzados de formas e de poemas vivos, de feitizos e de belezas naturais»
(Robert Walser, O Paseo)
De todas as sensacións que somos capaces de percibir e sentir hai unha que carece de esencia, porque despreza as tonalidades grises, porque se conforma coa simpleza dos brancos e negros. Hai unha que extenúa as emocións, que nunca estimula ás neuronas sensoriais para que lle busquen acubillo nalgún recuncho da nosa memoria. É a que lle chamamos sensación térmica. De que vale que o noso coiro distinga o frío da calor, se ao corazón tanto lle ten? Mais, cando nos invade unha emoción, as neuronas a escape lle ordenan aos pelos da pel que se poñan de punta, ata arrepiarnos; ou axiña aguilloan as febras do corazón para que quente o sangue ata facelo referver, para causarnos goces e sufrimentos que, en infinidade de ocasións, fican gravados eternamente no noso álbum dos recordos.
A insolente friaxe das tardes de xaneiro, aínda que o vento se desbrave e o silencio alcance a plenitude, será capaz de deixarnos tesos e converternos nun cacho de xeo, ou de depenar os carballos ata espilos completamente; mais só se conseguimos contemplar como as últimas follas se pousan delicadamente nas puntas das herbas, para acastañar o brancor da densa xeada que engorda na escuridade da noite, entón talvez poidamos notar a sensación de que algo fabuloso rebule na codia dos nosos adentros.
Onte, aí contra o mediodía, cando xa iamos chegando ao bar, decatámonos de que nos avistara Iolanda, malia atoparse case dentro. Agardounos engruñada, coa porta entreaberta, sen facerlle caso aos que lle berraban desde a barra, culpándoa das inclemencias do tempo. Contounos que viña de pasear e canto lle fascina facelo nas mañás de xaneiro, malia as insufríbeis friaxes que conxelan a alma. Sentamos xuntos e, mentres tomabamos o café, narrounos os pormenores da súa doce andaina… a letra pequena das sensacións que, sen decatarse, xa escribiran un delicado poema no libro das súas lembranzas.
Iolanda, cando pasea, non leva reloxo nin móbil, nin nada que se poida entremeter entre o seu corazón e a intemperie reinante: «Paseo sentindo os aloumiños do vento, gozando da sensación de apalpar a terra coa planta dos pés, capaces de trocar o piso dos zapatos nunha tea de seda. Vou facendo filigranas para esquivar as pucharcas e non atoldar a auga que, ás veces, reflicte as cores do ceo. Entusiásmame ir cara a ningures, sen atopar a ninguén, para poder tremelicar coas partituras que os chirlos dos pardaos, ao saír fuxindo das toxeiras, acaban tecendo canda os zunido e os asubíos do vento; para ver como unha manda de pombos que non quixeron marchar foxen voando, mentres as canas dos carballos e as froumas das xestas bailan cun ritmo incomparábel a fabulosa danza do sosego».
[O meu tío Lisardo pensa que, en infinidade de ocasións, devecemos por atopar praceres inexistentes, desprezando as pequenas cousas que nos poden facer gozar ata extasiarnos completamente ]
Outros Artigos de Antón Jardón :
“A espantosa realidade das cousas”
“Anatomía do frío que non cesa”
“Recompor a memoria. En galego, claro!”
“Que queremos ser, ‘anduriños’ ou pardaos?”
“As gloriosas fragancias da Gloria”
“O prezo dos servizos municipais (ou cando as comenencias suplantan ás necesidades)”
“Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta”
” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “
” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “
” Que é un alcalde de tarifa plana? “
” Concellos galegos ou concellos de Galicia “
” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “
” O espello convexo e os carneiros mochos”
Que tropa, que tempos…, que ventos!
Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen
Cando pretendes apalpar os sentires da noite
A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós
A insignificancia das cativezas
Don Alberto e a súa circunstancia
O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan
“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”
“O estado da nación / O estado da ficción”
“A insipidez minguante da esquerda cortesá”
” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “
Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.
” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “
” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “
” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “
” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “
” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “
” O desencanto de don Claudio “
” Vai moito frío en Penalonga “
“Unha ovella na tulla do diñeiro”
” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “
” Contando tardes, sobre todo, tardes “
” A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco) “
“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”
” A codia das ausencias en tempos adversos “
” A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato] “
” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “
” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “
” Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte) “
” Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español “
” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “
” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “
” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”
” Non hai doce sen trece (corolario) “
” Non hai doce sen trece (segunda parte) “
” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”
” Antollo e o xurelo guisado [relato] “
” O can vello, o amo e o patrón [relato] “
” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “
” O corvo e o alcalde [relato] “
” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “
” Unha muller confinada no supermercado “
“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”
” 5 de abril, Domingo de Ramos “