
Xulio Dobarro e José Manuel García son colaboradores habituales de Badal Novas.
Xulio leva publicados 93 artigo. O primeiro o 11 de decembro de 2020: De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.
Salvo este primeiro todos os demais van sobre a súa terra, O Irixo. Percorrido por todas as parroquias, toponimia, arte, igrexas etc. Un compendio exhaustivo e variado que axuda a comprender mellor a este pobo e as súas xentes.
José Manuel García Iglesias. Es Catedrático de Historia de Arte Moderna y Contemporánea en la Facultad de Geografía e Historia de la Universidad de Santiago desde 1986

O xeito de ser de cadaquén é froito de moitas viravoltas. No caso de Xulio [na pía bautismal/acta xudicial Julio, no oral Ghulio, Gulio] condicionouno, dalgunha maneira -ben positiva- o ter nacido en Casares do Campo (O Irixo). Tamén, que isto sucedese en 1956, e se criase nunha casa labrega máis, como a dos seus avós. Isto acaeceu, pois, nun lugar do agro galego e nun t empo – na plenitude das décadas franquistas-.
Hónrao, ademais, un modo de ser e unha personalidade sumamente consecuentes co seu pasado e o presente; mesmo fachendoso, con razón, do vivido e do sentido, con amor pola “leira” na que naceu e transitou os anos da infancia, adolescencia e mocidade, algo que transmite por onde vai e tamén no que escribe.
No 2016 xubilouse como catedrático de Lingua e Literatura Galegas no IES do Castro de Vigo, do que foi director, e despois de selo do Ies Politécnico da mesma cidade. No ano 2020 publica o libro titulado O Irixo: Patrimonio Cultural, ao meu entender como un traballo que baseou o coñecemento nunha aproximación moi pormenorizada e rigurosa, de lectura moi recomendable.
Mais aí non concluiu o seu camiño na liña de investigación iniciada. Así, continúa colaborando co xornal dixital carballiñés Badal Novas nestes últimos catro anos cunha serie de artigos que agora se editan aquí na súa maioría. Participa como colaborador na revista Ágora do Orcellón, así como no libro que sobre Antonio Palacios Ramilo (A construción da luz) vén de publicar o Instituto de Estudios Carballiñeses cunha aportación sobre o que foi o artífice do Arco Parabólico da Vera Cruz, Jesús González González, alias “O Santeiro” ou “O Saavedra”.
Coa súa lectura, o autor acércanos a moitos temas nos que, basicamente, O Irixo, -ese recuncho do mundo que, con razón, sente de seu- é, unha vez máis, o escenario no que se move, profundando no seu ser, no seu territorio despregado nun conxunto de parroquias, así como en determinados aspectos do seu patrimonio cultural, en diferentes acontecementos da súa historia e outros relacionados coa súa cultura, con diferentes temáticas, sempre tratadas con rigor e, ademais, ben transmitidas para as persoas do común. A súa formación en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, e o seu contrastado coñecemento da Lingua Galega, teñen tamén a súa debida proxección no que aquí se escribe.
Pero, neste novo libro, asume un risco máis. Porque, Xulio preséntanos unha mostra de carácter teatral -A farsa de Cusanca e Orcellón-, en cuxa estrutura de catro actos adapta como antropónimos estes dous topónimos, Cusanca e Orcellón, tan destas terras e de vedraña memoria, coa fe posta na súa difusión e coñecemento dos mesmos, así como dalgúns costumes, crenzas e tradicións. Ademais dunha aportación documental básica sobre ese pasado, entre histórico e lendario, recollido, de entre outros, do seu admirado p aisano Emilio Duro P eña d o q ue fai súa esta “leyenda” :”Situ admirabilis: antiquitate venerabilis: statu deplorabilis”, que, para Xulio resume de xeito maxistral a situación do patrimonio local neste inicio do século XXI.
Aínda se engaden tres “Contos inocentes” de temática costumista, cos que se pecha un volume ao que, a bon seguro, seguirán outros nos que este esforzado e ilusionado autor continuará profundando nunha parcela que sente moi súa, xa que está na raíz do seu ser e que el manterá viva por moito tempo, porque a ilusión por afondar no coñecemento é algo que está na orixe dunha traxectoria que, como autor, é moi digna de todo eloxio.
José Manuel García Iglesias
—————————————————————————————————
Curriculum Dr José Manuel García Iglesias
José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia del Arte Moderno y Contemporáneo de la Universidad de Santiago, es autor de treinta libros y de más de doscientos artículos publicados en un amplio número de revistas de investigación. Ha dirigido los proyectos expositivos “Galicia no tempo” (1990-1991), “Galaecia Fulget” (1995-1996), “Galicia, Terra Única” (1997), Xacobeo 99 y Xacobeo 2004.
————————————————————————————————–
Otros Articulos de José Manuel García Iglesias :
José Manuel García Iglesias: ” Frutos Fernández presenta su último libro en Leiro”
José Manuel García Iglesias: ” Úbeda en el Gaiás “
José Manuel García Iglesias:” Ya es primavera”
José Manuel García Iglesias:” Manolo Lanchas “
José Manuel García Iglesias: “Compostela, O Carballiño y Palacios”
José Manuel García Iglesias: “Volver a Empezar”
José Manuel García Iglesias: “Un regalo de Navidad”
José Manuel García Iglesias: “Manuel Moleiro”
José Manuel García Iglesias: “Hospitalitas, un gran proyecto expositivo”
José Manuel García Iglesias: “La gran fiesta del Apóstol”
José Manuel García Iglesias: “Marisa Crespo, hija predilecta de la provincia de Ourense”
José Manuel García Iglesias: “Tesoros de Tierra Santa”
José Manuel García Iglesias: “A Vera Cruz de Palacios”
José Manuel García Iglesias: “Estamos en junio “
José Manuel García Iglesias: “HOSPITALITAS”
José Manuel García Iglesias: “Las letras gallegas y los museos”
José Manuel García Iglesias: “Hacia el Xacobeo 2027″
José Manuel García Iglesias: “Pregonando la Semana Santa”
José Manuel García Iglesias: “El futuro Museo Diocesano de Ourense”
José Manuel García Iglesias: “Rueda, Pontón y Gómez Besteiro”
José Manuel García Iglesias: “Inditex y las exposiciones”
José Manuel García Iglesias: “Alfonso Graña en la Historia y la Literatura”
José Manuel García Iglesias; “Tomás María Mosquera, doscientos años despues”
José Manuel García Iglesias: “Mayeya”
José Manuel García Iglesias: “Alarifes do Carballiño”
José Manuel García Iglesias: “Frutos Fernández González y sus Nomes do Ribeiro”
José Manuel García Iglesias: “Pulpeiras do Carballiño”
José Manuel García Iglesias: “Pasó el carnaval”
José Manuel García Iglesias: “Plástica Castrexa”
José Manuel García Iglesias: “Aúpa Arenteiro”
José Manuel García Iglesias: “Manual de Dirección”
José Manuel García Iglesias: “Arenteiro Fotográfico 2022”
José Manuel García Iglesias: ” TOMÁS MARÍA MOSQUERA Y GARCÍA”
José Manuel García Iglesias: ” Una gran colección de grabados “
José Manuel García Iglesias: ” O Carballiño en su Semana Santa “
José Manuel García Iglesias: “Ucranianos en Galicia”
José Manuel García Iglesias: “Os Liborianos 2022”
José Manuel García Iglesias: De Casado a Feijóo
José Manuel García Iglesias: “El éxito de Tanxugueiras”
Emilia Pardo-Bazán y ” O Carballiño “
Chicho Carballido, un lugar, una obra, un artista…
Un modelo urbano: “Carballiño Saudable 2030”
Arenteiro Fotográfico 2020 y Moncho Fuentes
Badalnovas, una inteligente propuesta
EN O CARBALLIÑO. ANTE UNA EXPOSICIÓN COLECTIVA