
Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual
48-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES: Luís González Tosar (Buenos Aires, Arxentina, 1952).
Escritor, tradutor, editor, e colaborador en prensa, é o autor máis laureado das Terras do Carballiño, como vimos recollendo nesta serie, que remata con el a súa primeira entrega, ata unha seguinte entrega para a que agardan numerosos nomes propios.
Desde 2015, académico correspondente da Academia Argentina de Letras, de familia galega, nai asturiana e pai galego, por volta de 1969 regresaron todos a Galicia, completando en Vigo o bacharelato.
Licenciado en 1981 en Filoloxía Hispánica, sección de galego-portugués, pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario dende 1984 ata a súa xubilación.
Fundador e director da revista Dorna e coordinador da colección Dombate de poesía. Moi vencellado ó mundo da emigración, visitou en varias ocasións as sociedades galegas de cidades como A Habana e Buenos Aires, onde impartiu conferencias e cursos.
É presidente do PEN Clube de Galicia desde 1995; promotor e presidente desde 2007, da Fundación Insua dos Poetas no lugar da Esgueva, parroquia de Madarnás, O Carballiño. Tamén director da Fundación Blanco Amor.
A súa obra foi traducida ao catalán, italiano, inglés, francés, alemán e húngaro, entre outras linguas. Como poeta é autor de A caneiro cheo (1986), Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1986), Remol das travesías (1989), Campás de recalada (1992), e Estúrdiga materia (2008), entre outras.
Como editor literario, destacan Polos vieiros da saudade (Ramón Otero Pedrayo, 2001), Fonduxos da memoria: obra poética (1946-1998), de Ramón Somoza Barros, (2002), Poesía brasileira hoxe (2004), Fagamos pola nosa lingua vocación de liberdade / narradores galegos do P.E.N. Let’s call our language voice of freedom / prose writers of Galician P.E.N. (2005), entre moitas outras publicacións.
Igualmente participou nunnha manchea de obras colectivas. Pola súa obra literaria e pola súa traxectoria, foi recoñecido co Premio Esquío de poesía (1985) e Premio Antón Losada Diéguez (1985),. por A caneiro cheo; Premio da Crítica española (1989), por Remol das travesías; Premio Julio Camba de xornalismo (1999); Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2005); Premio da Crítica Galicia de creación literaria (2009), por Estúrdiga materia. [Na gráfica, a súa premiada “A caneiro cheo”, dedicada a Lola e máis a min].




Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXVII) : “Catuxa Cerviño Lastra”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXVI) : “Manuel José Alfonsín Marnotes”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXV) : “José Balboa Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXIV) : “José Gerardo Manrique de Lara”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXII) : “Juan Lois Mosquera “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXI) : “Rafael Melero Granja “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXX) : “Javier Fraiz “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIX) : “Quico Valeiras “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVIII) : “Moncho Iglesias Míguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVII) : “Raquel Piñeiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVI) : “José Manuel García Iglesias “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXV) : “Bautista Goyel Álvarez Domínguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIV) : “José Manuel Vázquez Senra”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIII) : “Serafín Portugal Soto”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “