A fantasía e o consumismo no Nadal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Non hai,  alomenos nesta terra, festa de orixe relixioso  na que arredor dela non estea presente o  comercio, o consumismo e un bo xantar. Chegaría con  dar unha volta polas catro provincias e facer un listado,  seguro que  non collería en varias follas. E en todas estas manifestacións polulares de carácter relixioso  aparece a economía como un factor complementario, e polo tanto  determinante do seu éxito. Mais  na que mellor se manifeta  o  consumismo acrítico  e o dispendio é na celebración  do Nadal.

Dende hai un tempo a fiebre dos alumados e de ver que pon a arbore máis grande  comenza a ser un choteo que xa dá pra moitas chanzas e cachondeos. Na nosa cidade, anos atrás,  os comerciantes, por aquelo de incitar ó consumismo, pagaban o alumado das rúas do centro da urbe. Esto que foi unha realidade mudou, pois algúns alcaldes quixeron facerse notar,   e agora o Concello apeituga con todos os gastos que non son poucos. E o que é peor, todas os concellos entraron  nunha compentencia con outras vilas e  cidades pra ver que pon máis luces e farolea máis de ter o alumado máis chulo. E o que debera ser un Nadal participativo como acontece  nos pequenos pobos e aldeas onde cada veciño decora e pon as luces en cada fachada, pasou a ser unha obriga que en moitoas casos resulta abusivo e molesto pra moitos  cidadáns.

Ben sei que lembrar o pasado sempre ten connotacións que nos levan a pensar que calquera época foi mellor co presente, cando non é así. Os tempos e as modas son diferentes e desta maneira hai que interpretar o noso día a día.

Con todo, o Nadal de hoxe resulta se unha festa moi artificiosa, pois o sentido daquela festa de caracter relixioso  que  facía un balance do ano que morría e plantexaba desexos e esperanzas para o  novo que chegaba, pasou á historia e xa é pasado. Como  tamén son moitas  tradicións que  tiñan o seu aquel coma os  concertos de panxoliñas  no que os coros participaban. Tamén os cantos de Nadal polas casas veciñas onde se interrelacionaba a xente e fortalecía os vincallos de amizade e convivencia.  Xa sei que a día de hoxe, moitas as agrupacións corais da cidade desapareceron. Quedan algúnhas e andan escasas de xente moza que queira participar nelas. Mais estas agrupacións eran escolas de convivencia e de aprendizaxe musical.  As novas tecnoloxías no canto de animar a cantar, semella que animan  soamente a escoitar e  a non participar. Por iso a cantiga que máis se escoita e a de: Oe, oe oe oe oe oe.

Vivimos un tempo no que o individualismo ten a moita xente obsesionada, e por ser unha gran verdade,  a sociedade resíntese en todo o que sexa participación social. Os que andamos mergullados no mundo cultural sabémolo ben. Polo que o problema agudízase cando dende as isntitucións soamente se promociona a diversión e unha especie de seudocultura mesturada coa festa que convirte á xente en masa uniforme sen capacidade critica  e incapaz de discernir o grao da palla, o ético do amoral, e  a calidade do que non a ten.  Polo que tras desa forma de manipular ven, ademais do despilfarro de cartos públicos,  a decadencia en todos  os sentidos da vida  social e comunitaria.

A fantasía  artificial do Nadal inunda as nosas rúas. E como se fóramos  un pouco zombis ollamos o lucerio e esquecemos tantas cousas e aconteceres  que mesmo  arrepia. Esquecemos esas guerras que invaden e desfan países;  que pisan os dereitos das persoas, que machacan a moita xente inocente, que matan e encadean a nenos e maiores.  Mais embaucados polas luces de mil cores, e por un cosumismo voraz ata cremos que somos felices nun Nadal artificioso.

A nosa sociedade, todo o que toca quere sacarlle rendabilidade económica. E,  a día de hoxe,  precisamos un chisco de sentido común, mesura  e moita racionalidade para vivir o presente.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas