Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Durante o meu paseo matinal, con Zarita -a miña fiel compañeira, a cadeliña máis cariñosa e intelixente que poida imaxinarse-, puiden escoitar a charla de catro transeúntes, dous homes e dúas mulleres, que camiñaban xuntos coma se formasen parella. Unha delas compartía co grupo as súas inquietudes: a incerteza sobre o porvir dos seus dous fillos e, ao mesmo tempo, o temor de que a súa propia vellez acabase nunha residencia. Neses momentos pensei nun dos meus últimos artigos, Despois que pasen cinco anos, onde o futuro aparece xogando unha mala pasada. De aí nace a miña presente reflexión.
A nosa capacidade de anticipar feitos futuros distínguenos como especie do resto de animais. Nós podemos proxectar escenarios futuros e prepararnos para actuar neles. Con todo, esa facultade que os filósofos e científicos recoñeceron como característica esencial pode converterse en fonte de sufrimento cando se transforma en obsesión.
Ao meu parecer, hai unha diferenza crucial entre vivir no futuro e vivir co futuro. O ser humano, como lembraba Aristóteles ao comezo da súa Metafísica, é un ser que desexa coñecer, pero ese desexo non se proxecta só en comprender o que foi, senón tamén en anticipar o que virá. Vivir no futuro é unha das tentacións máis frecuentes da mente humana.
Martin Heidegger, en Ser e tempo, sinalaba que o ser humano é un ser-proxecto, un ente que se abre ao futuro e cuxa existencia sempre está marcada por un “aínda non”. Pero esa apertura pode volverse unha tortura cando as imaxes do futuro devoran a experiencia do presente. Nestes casos xa non se vive co futuro, senón nel, perdendo a precisión do agora.
O filósofo danés Søren Kierkegaard advertía que “a vida só pode ser comprendida cara atrás, pero debe ser vivida cara a adiante”. Nesa tensión sitúase a existencia humana. Quen vive escravizado polo futuro, pódeo facer de dúas formas: desde o medo ou desde a fantasía. Están as persoas que miran cara a adiante con angustia, prevendo soidade, dependencia ou abandono. A incerteza do futuro dos fillos, o temor á vellez e a unha posible entrada nunha residencia, como comentaba a transeúnte esta mañá, actúan como un peso que inmobiliza. Son vidas que se proxectan nun horizonte sombrío, incapaces de saborear o presente porque todo se percibe desde a ameaza do mañá.
Con todo, non só o temor encadea ao porvir, tamén o fai o desexo, ese espellismo da felicidade futura. E así, atopamos a quen soña obsesivamente cun futuro ideal: fillos cunha carreira brillante, con contratos fabulosos, con profesións seguras, con xubilacións propias plenas de viaxes… Pero se eses horizontes se nublan, senten fracaso e vergoña anticipada. Como escribiu Séneca, “atorméntanos máis a imaxinación que a realidade”. O vivir en futuros construídos polo medo rouba serenidade ao presente.
O psicólogo Albert Ellis afirmaba que gran parte da nosa ansiedade se xera por “expectativas irracionais” sobre acontecementos hipotéticos, subliñando que a maior parte dos nosos sufrimentos non veñen dos feitos, senón das ideas ríxidas que construímos sobre os feitos. Obrigar ao futuro para estar conforme ás nosas expectativas xera decepción e frustración permanentes. O problema non está no desexo ou na previsión, senón no desaxuste coa realidade do hoxe, vivindo agora coma se esas hipóteses fosen certezas.

A clave científica do futuro
A neurociencia, a psicoloxía e a neuroloxía mostran que o cerebro humano dedica boa parte da súa enerxía á anticipación, a imaxinar escenarios que aínda non existen. Pero esa capacidade convértese moitas veces en prisión cando se transforma en ansiedade ou en obsesión. A clave está, como dicía Ortega y Gasset, en comprender que “eu son eu e as miñas circunstancias, e se non as salvo a elas non me salvo eu”. O futuro non debe vivirse como imposición, senón como orientación. Non é o mesmo vivir no futuro -encerrados na anticipación- que vivir co futuro, é dicir, orientando o presente cara ao que virá.
O desafío humano non é eliminar a mirada cara ao vindeiro, pois como ensinou Kant, o home é un ser de fins, orientado teleoloxicamente. Renunciar ao futuro sería tanto como renunciar á condición humana. O adecuado é vivir co futuro, e non no futuro. Hai que integrar a dimensión do que virá nas nosas decisións actuais, pero sen quedarnos atrapados nunha idealización ou nun temor paralizante.
Vivir co futuro implica preparar o porvir desde as condicións actuais. Viktor Frankl sinala que o sentido da vida non se atopa en fantasear co que aínda non chega, senón en responder responsablemente ao que xa está fronte a nós.
É evidente que non podemos renunciar ao futuro porque forma parte da nosa esencia como humanos, pero si podemos aprender a convivir con el. Trátase de programar un bo futuro non desde a angustia ou a idealización, senón preparando desde o presente un mañá fecundo e esperanzador. Vivir co futuro significa preparar os medios para que o vindeiro sexa mellor, sen perderse na ansiedade, no temor nin na ilusión.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.