Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Este artigo vai dedicado ás socias e socios do Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC)   

                   

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ninguén dubida de que nas últimas décadas, o Nadal, nacido como unha celebración profundamente relixiosa vinculada ao nacemento de Xesús, experimentou unha notable transformación, cun claro proceso de secularización que o foi desprazando do ámbito estritamente relixioso a un terreo laico e civil. Ritos que durante séculos marcaron o centro destas datas, como a Misa do Galo, perderon protagonismo social fronte a actos de carácter institucional e mediático como a mensaxe televisada do Rei, convertido actualmente nun dos momentos simbólicos da Noiteboa para millóns de persoas. Estas festas hanse universalizado, desligándose da fe cristiá para converterse nun acontecemento compartido por crentes e non crentes. Pero o Nadal, na súa forma secularizada, aínda conserva un poder, unha maxia e un significado case milagroso a pesar de deixar atrás gran parte do seu núcleo relixioso. Agora, o sacro desprázase dos altares parroquiais ás mesas familiares e ás reunións de amigos. O Nadal funciona, pois, como unha festa híbrida, onde o relixioso, o cultural e o comercial conviven, conservando ese ritual no que se lembra a infancia e o candor do fogar independentemente das crenzas persoais.

Os paradoxos

Nun mundo esaxeradamente capitalista como o noso, fíltrase esa faceta emocional onde o intercambio entre dar e recibir se transforma nunha expresión de fe. Con todo, esa presión social revela un dos paradoxos máis profundos do Nadal: o consumismo desenfreado competindo coa orixe austera da festividade. O nacemento de Xesús na pobreza dun pesebre transformouse en orxía de consumo e malgasto nos centros comerciais.   

Expectantes baixo o escintileo abafador de luces e grilandas, e non menos impresionados pola fascinación dos mercadillos, as panxoliñas repiten como un mantra esas mensaxes de paz sobre a Terra e o anhelo da “volta a casa polo Nadal”. Con todo, á beira deses momentos felices de celebración da concordia e de melodías tradicionais, non son alleas as situacións nas que a miúdo conviven vellas tensións familiares e, fóra das nosas fronteiras, a crueza da guerra continúa azoutando con forza e devorando a miles de persoas en Gaza, Ucraína, Sudán ou o Congo.

         Outro dos paradoxos que nos sorprende notoriamente garda relación coa data do nacemento de Xesús. Os relatos evanxélicos sitúano baixo o reinado de Herodes o Grande, un monarca que, segundo o testemuño de Flavio Xosefo, faleceu no ano 4 a. C. Diso séguese unha aparente contradición: se o cómputo cronolóxico cristián comeza no ano 1 da era cristiá, Xesús nacería varios anos “antes de Cristo”. A explicación deste paradoxo remite ao modo en que se estableceu o calendario cristián.

Foi o monxe Dionisio o Exiguo, no século VI, quen quixo cambiar o calendario Diocleciano, correspondente á etapa dos mártires, por un calendario cristián que comezaba a conta co nacemento de Cristo. Dionisio fixou o sistema de datación que divide o tempo en antes do nacemento de Cristo (a. C.) e despois do nacemento (d. C.). Se se acepta que Herodes aínda vivía no momento do nacemento de Xesús e que propuxo posteriormente a chamada matanza dos inocentes, resulta necesario concluír que o devandito nacemento tivo lugar con anterioridade ao ano 4 a. C. En consecuencia, a maioría das reconstrucións históricas sitúan o nacemento de Xesús nun intervalo aproximado entre os anos 7 e 4 a. C. segundo o propio calendario deseñado por Dionisio.

Nesa mesma liña paradoxal está o día concreto do nacemento. Os primeiros cristiáns celebraban o nacemento de Xesús o día 6 ou 7 de xaneiro. A partir do século IV, a Igrexa traslada a data do 6 de xaneiro ao 25 de decembro, que era a data na que o Imperio Romano celebraba as saturnais (festa rural que duraba sete días) para así eliminar esa festa pagá. Ademais, coincidindo co solsticio do inverno, Roma celebraba a festa do Sol invicto, cando os días empezaban a crecer grazas á presenza do sol.

Actualmente, non todos os cristiáns celebran o Nadal en decembro como se adoita facer en occidente, pois os ortodoxos -fóra da igrexa grega, a búlgara e a romanesa- utilizan o calendario xuliano e fano máis tarde. Os cristiáns ortodoxos celebran a Noiteboa o 6 de xaneiro, o Nadal o 7 e o Aninovo o 14.

Un novo paradoxo aparece ao centrarnos na localización orixinaria na que xorde o Nadal: Xesús nace en Belén de Xudea, territorio no Oriente Próximo, dunha familia pobre, sen poder nin prestixio social. No momento do seu nacemento, Belén de Xudea formaba parte do reino de Herodes o Grande, un monarca xudeu sometido á soberanía do Imperio Romano. Tras a súa morte, quedou baixo unha administración directa romana, o que marcaría o transfondo político de inestabilidade e dominación estranxeira no que xorde o cristianismo. Desde a Antigüidade, esa rexión foi un cruzamento de camiños entre África, Asia e Europa, con Imperios sucesivos de persas, gregos, romanos, musulmáns, xudeus… que se disputaron o control do territorio, polo que nunca foron espazos politicamente estables, senón zonas fronteirizas sometidas a dominacións externas. Aquel Belén onde nace Xesús, está hoxe asociada ao conflito, a precariedade e a exclusión.

Naqueles momentos, Belén e Gaza formaban parte do mesmo espazo histórico do sur de Palestina, aínda que no contexto bíblico Gaza era a cidade de filisteos, tradicionalmente inimiga de Israel, mentres Belén era unha cidade simbólica do xudaísmo. Hoxe, Belén e Gaza seguen sendo un lugar cercado por muros e tensións, por guerras e fame, por exterminio e morte. Iso xustifica a escasa resonancia que ten o Nadal nesas terras nas que se atopa a orixe destas festas.

Paradoxalmente, co paso dos séculos, o Nadal nado nesas terras terminou converténdose nunha gran celebración das sociedades máis ricas do planeta, especialmente en Occidente, onde se desprega como consumo, exceso e espectáculo. As cidades e capitais europeas ilumínanse con luces, mercadillos e campañas publicitarias que invocan a “maxia do Nadal”.

Celébrase con entusiasmo aquilo que naceu como negación do luxo e do poder. O consumismo non se limita a ofrecer produtos, senón que impón unha forma de entender a felicidade. Regalar deixa de ser un xesto gratuíto para converterse nunha obrigación social. O berce de Belén transformouse en escaparate e o calendario litúrxico foi substituído polo calendario comercial. Ninguén diría que asistindo a este espectáculo celebramos un nacemento, senón un ritual de acumulación e consumo. O mercado ocupou o lugar do pesebre. E, polo que parece, este espectáculo increméntase, ano tras ano, por todas as partes do planeta. A cidade de Vigo confírmao.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------