O trunfo dos porcos bravos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón

“Fun concebido en medo, nil fun nado / e ao medo estou por sempre condenado. /

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Medo do aquén, do alén, medo de todo”

(A nada destemida, Antón Tovar)

Primeiro apareceron nas rúas das nosas aldeas e, aínda que a ocorrencia non parecía moi natural, non lle demos importancia, porque pensabamos que era simple causalidade. Malia aparentar a actitude de badulaques desnortados, escapando de cans mansos que só finxían perseguilos, non dubidamos en estercar as matogueiras espesas, nas que construíron toqueiras e búnkeres, onde poder agocharse e  procrear, despreocupándonos do seu inzamento e das especies invasoras que medraban con forza, ata engulir os arbustos autóctonos, sempre a piques de fenecer. Despois, cando paseaban e movían o cu pola Rambla de Barcelona, os xornais adornaban as portadas coas súas fotos, tratando de convencernos de que eran xabarís despistados. E, cando comezaron a fozar en todas as cidades –agás na capital do mapa, onde sempre camparon ás súas anchas– os medios falaban deles como se fosen seres inocuos, aos que debiamos acostumarnos.

Mais, a verdade é que sempre foron o que parecían: porcos bravos adestrados polos amos da pasta, para que se incrustasen discretamente no corazón da sociedade, a fin de aprender os comportamentos, os modais e a linguaxe da xente do común, sen que ningún gurú ou líder espiritual se decatase do que realmente estaba acontecendo. Ou, quen sabe, talvez estaban perfectamente informados, mais calaban, porque había que respectar a lei de ‘quen paga manda’. E, claro, aqueles mamíferos salvaxes da familia dos súidos, que paseaban –e cagaban nas rúas, sen que ninguén os multase– axiña aprenderon a andar de pé, valéndose só das patas de atrás, deseguida depilaron as serdas e se vestiron con traxes e gravatas de seda, coma se fosen persoeiros respectábeis.

Despois aprenderon a embobarnos, e mesmo lle permitimos sentarse nos escanos das institucións, sen importarnos as súas doses de arrogancia, chulería e insoportábel intolerancia. E agora, aí os temos, destemidos, ocupando a cúspide da xerarquía de nacións importantes, para poñer millonarios a uns poucos á custa dos que morren de fame, mentres exhiben motoserras de luxo nos telexornais, berrando «Viva la libertad, carajo!», antes de roubarnos a última onza daquela que tanto traballo nos deu conquistala. Aí os temos, arrebolándolle á cara rotuladores negros –tan negros como o futuro que nos depara– aos que non dubidan en apañalos, para tatuar nos nosos pensamentos as reviradas decisións que están convertendo o mundo no salón das súas depravadas e perigosas brincadeiras.    

[Contoume o meu tío Lisardo que, nunha visita a unha escola dun destes paxaros, despois do discurso contra a normalidade, un rapaz preguntoulle: «Excelentísimo Señor, vostede que tanto manda e tanto sabe, podería dicirme cantos dentes ten un porco bravo?» E o outro, sen decatarse que o estaba retratando, mentres mostraba uns cabeiros tan longos coma os brazos, contestoulle, corenta e catro]


Outros Artigos de Antón Jardón :

“A conxura dos teixugos”    

“A Bernardino Graña. Lembranzas do in illo tempore”

“A invernía perdurábel”

“A teimosía da perpetua escuridade”

“A esencia non está na casca”

“O gozo de pasear sen ir cara a ningures”

“Que che trouxeron os Reis?”

“A espantosa realidade das cousas”

“Anatomía do frío que non cesa”

“Recompor a memoria. En galego, claro!”

“Que queremos ser, ‘anduriños’ ou pardaos?”

“As gloriosas fragancias da Gloria”

“O prezo dos servizos municipais (ou cando as comenencias suplantan ás necesidades)”

“Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta”

” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “

“Quiere una bolsita?”

” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “

” Que é un alcalde de tarifa plana? “

” Concellos galegos ou concellos de Galicia “

” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “

” O espello convexo e os carneiros mochos”

Días de intemperie

Que tropa, que tempos…, que ventos!

Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen

É a caligrafía, babeco!

Cando pretendes apalpar os sentires da noite

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “