Avelino Muleiro: “O peso do contexto: palabras que feren ou liberan”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Gottlob Frege defendeu, como outros moitos representantes da filosofía da linguaxe, que as palabras non existen nunca illadas. Cada unha cobra sentido nun marco de referencia, que é o da frase que as contén, a voz que as arrastra, o marco social en que se expresan, e mesmo o estado de ánimo do receptor. Sacar unha palabra ou unha frase dese armazón produce distorsións de significado que poden parecer un simple malentendido semántico, pero que con frecuencia derivan en problemas sociais, persoais e psicolóxicos de moita máis envergadura.  

Desde o punto de vista lingüístico, o contexto dá ás palabras o seu sentido preciso. “Gato” non significa o mesmo en “o gato do meu amigo chámase Calixto” que en “cambiei a roda do meu coche cun gato”. No primeiro caso falamos dun animal, no segundo dunha ferramenta. Ao separar a palabra do seu contexto, empobrecemos o seu sentido e convertemos a mensaxe nunha deformación simplificada. É dicir, reducimos a mensaxe a unha caricatura.  

Na vida cotiá, estas perdas de contexto poden converterse en conflitos. Unha frase dita nun ambiente de confianza pode soar ofensiva nun ámbito máis formal. Iso mesmo ocorre cando se cita a alguén, xa que entresacar unha frase dunha conversación para usala noutro debate adoita deformar a intención orixinal do falante. Ese fenómeno explica a facilidade con que as redes sociais acenden polémicas a partir de declaracións truncadas.

A nivel íntimo, a falta de contexto pode minar a confianza persoal e xerar feridas emocionais difíciles de reparar. Unha confesión privada, repetida noutra contorna sen a súa entoación cómplice, pode soar humillante. E quen é obxecto desa repetición pode sentirse xulgado, ridiculizado ou traizoado. En confianza, un recoñecemento afectuoso, pero citado sen empatía noutro espazo, podería soar a burla ou mesmo a infidelidade.

En contextos onde a información fragmentada abunda, as tensións do descontexto amplifícanse. Iso ocorre nas declaracións políticas, recortadas en titulares e con testemuños incompletos en xuízos mediáticos. O afastamento dos marcos de referencia impulsa xuízos precipitados, acentúa a polarización e erosiona a capacidade de diálogo. As palabras non son inocentes cando se desposúen da súa contorna.

Entender que toda afirmación se inscribe nun armazón de circunstancias resulta esencial para favorecer unha convivencia máis xusta, propicia debates públicos sinceros e crea vínculos persoais máis sans.

Imos crear un metaconto ou narración enmarcada, como tamén se denomina literariamente, dentro do conto de Alicia no país das maravillas, para ver como na ficción se reproduce a realidade:

“Alicia camiñaba polos xardíns do País das Marabillas, cando a voz estentórea da Raíña de Corazóns retumbou entre as sebes.

-Que lle corten a cabeza ao Sombrereiro! -ordenou-. Atreveuse chamarche nena ladroa.

O Sombrereiro, coa á do seu chapeu inclinado e unha cunca de té torcida na man, respondeu cunha serenidade extravagante:

-Maxestade, eu non inventei nada. Só deducín o que vostede mesma dixera.

-Que dixen eu? -preguntou airada a Raíña, axitando o seu cetro.

-Dixo que Alicia baixara ao País das marabillas para visitar o tobo do coello “e outras cousas máis”. Nesas “outras cousas máis” estaba implícito xusto o que vostede comentou anteriormente: que Alicia adoitaba roldar aos comerciantes vixiando as súas vendas e que algunha vez lles roubou mazás.     

          Alicia abriu os ollos, sorprendida de ser de súpeto protagonista dun xuízo ilóxico.

-Pero iso non proba que eu sexa ladroa por roubar mazás… -murmurou.

O Sombrereiro, virando sobre si mesmo, engadiu:

-Exactamente. A palabra máis adecuada quizáis non sexa a de roubar, senón a de furtar, Maxestade. Talvez “furtadora” se acomode máis que “ladroa”. Con todo, ao unir as súas frases -que ela merodeaba aos comerciantes e que roubou mazás a un vendedor-, e despois engadir “outras cousas máis” á súa visita ao tobo, a conclusión parecía evidente.

A Raíña de Corazóns detívose, engurrou o cello e farfullou:

-Así que eu mesma fabriquei a acusación coas miñas propias palabras? -Iso mesmo, señora -respondeu o Sombrereiro, inclinándose con esaxerado respecto-. Eu non fixen senón sinalar o fío que unía as súas declaracións. Se alguén debe ser castigado, é a propia dedución… ao concluír as súas propias premisas.

Alicia esbozou un tímido sorriso, aínda que o sombrereiro advertiu que no seu rostro aínda se debuxaba a súa tristeza.

O silencio fíxose no xardín. E por uns instantes, a furibunda Raíña de Corazóns pareceu darse conta de que, no País das Marabillas, a lóxica podía ser aínda máis perigosa que a espada dun verdugo.

Na corte do País das Marabillas, a Raíña de Corazóns levantou a voz: Que lle corten a cabeza ao Sombrereiro! Chamou ladroa a Alicia.

-O Sombrereiro, cun xesto sereno, respondeu:

-Maxestade, o que fixen non é acusar, senón inferir a partir das súas propias palabras. Permítame lembralo paso por paso:

-A Raíña mirouno con desconfianza, pero el proseguiu como quen expón un siloxismo: Primeiro, vostede afirmou que Alicia visitou o tobo do coello e “outras cousas máis”. Segundo, noutra ocasión vostede mesma dixo que Alicia adoitaba roldar aos comerciantes e que mesmo tomou mazás dun deles, feito que vostede describiu.

-E iso que demostra? -rosmou a Raíña.

-Demostra que as “outras cousas máis” ás que se referiu poden incluír aquel episodio. Se aceptamos isto, entón o contido da súa propia frase, no contexto do que antes manifestara, permite deducir que Alicia non só visitou un lugar, senón que tamén cometeu un acto de apropiación indebida.

-Alicia, confusa, obxectou: -Pero ese é un salto demasiado grande!

-O Sombrereiro replicou con moita calma:

Non necesariamente, Alicia. A dedución depende de como entendamos a amplitude do termo “outras cousas máis”. Se o aplicamos a feitos xa sinalados pola Raíña -como o roubar mazás a un vendedor-, entón séguese que nese conxunto de accións existe unha usurpación. Non sosteño que a palabra exacta sexa “ladroa”, quizáis é máis precisa “furtadora”. Pero a conclusión está apoiada na lóxica da linguaxe da Raíña.

-A Raíña de Corazóns entornou os ollos.

-Está a dicir que eu, ao falar, construín a acusación?

-Exactamente -contestou o Sombrereiro-. Non foi un insulto arbitrario: foi a consecuencia lóxica do seu propio discurso. Eu só fixen explícito o que estaba implícito.

-Alicia suspirou.

A lóxica do Sombrereiro tiña máis persuasión que calquera sentenza da Raíña, e no País das Marabillas aquela firmeza era suficiente para defender unha cabeza”.

Ao final, o Coello Branco, a oruga azul, a Lebre de Marzo, o Gato de Cheshire, a Duquesa e o resto de empadroados no País das marabillas acudiron a un ágape servido por Lewis Carrol despois da representación do metarrelato anterior.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------