Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Desde os tempos máis remotos, os seres humanos tentaron con firme vehemencia coñecer o presente e descifrar o futuro. En moitas relixións, a profecía estaba considerada unha forma de revelación divina onde a divindade comunicaba a súa vontade de transmitila ao pobo a través de mensaxeiros que foran elixidos de forma estritamente selectiva. Os primeiros mensaxeiros que aparecen na historia coa devandita misión son os profetas de Israel, que historicamente precederon á etapa dos reis e que de forma tan fantástica e ecuménica soubo inmortalizar a Biblia. Nese libro sacro os profetas ocupan un lugar central, sobre todo no Antigo Testamento, por ser figuras crave para a fe e a historia do pobo hebreo. A súa función principal era predicir o futuro e transmitir a vontade de Deus guiando ao pobo de Israel cara á Terra prometida.
A palabra profeta procede dun vocábulo grego, derivado de pro (antes) e φημί (dicir). Por iso un προφήτης (prophḗtēs) é alguén que transmite mensaxes divinas aos humanos e que predí acontecementos futuros. Polo xeral, o termo profeta utilízase para describir a unha persoa que transmite a outras unha mensaxe divina. É como o portavoz divino, debido a que a súa función se cingue a anunciar a vontade de Deus ao pobo.
Desde un punto de vista filosófico, a profecía interprétase como unha manifestación do ser humano por atopar sentido e transcender os límites da súa existencia. A capacidade de imaxinar o futuro e de influír nel a través da palabra e da acción é un trazo exclusivo das persoas. Pero a profecía non só se limita á relixión, senón que se estende á política, á ciencia e á cultura, onde as predicións e visións do futuro exercen unha poderosa influencia. A tendencia para profetizar é unha constante na historia humana, pois está necesitada de comprender e de orientar o futuro, ben sexa como revelación divina, ben sexa como expresión da imaxinación ou mesmo como ferramenta social para dar sentido e esperanza ás persoas e ás sociedades.
Cando na linguaxe común se emprega o termo profecía para expresións de carácter político ou sociolóxico, soamente se pretende insinuar a capacidade humana para prever o futuro en situacións moi determinadas. É o caso de organismos sociolóxicos como o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas), onde a palabra profecía é unha metáfora útil para entender a función e as limitacións dos prognósticos electorais en España. Aínda que as enquisas electorais non pretenden ser profecías en sentido literal, si comparten con elas a expectativa social de anticipar o futuro e a necesidade de credibilidade, por moito que os resultados ás veces disten demasiado da realidade como adoita ocorrer, reiteradamente, coas profecías (prognósticos) do CIS. O CIS e outros organismos similares non son profetas infalibles, senón ferramentas imperfectas para tentar comprender un futuro político incerto. Os seus fallos non invalidan a súa utilidade, pero si esixen transparencia e mellora continua nos seus métodos. A verdadeira “profecía” social segue sendo, en todo caso, un reto imposible de cumprir con total certeza.
Hai profecías apocalípticas, como a do boticario francés Nostradamus, quen ganduxando cuartetas poéticas no seu libro As profecías pretendía anticipar o futuro coma se dunha apócema apotecaria se tratase.
Nietzsche, o profeta ateo
Friedrich Nietzsche, o filósofo alemán do século XIX (1844-1900), era moito máis que un pensador provocador, realmente foi profeta dunha nova era espiritual sen deuses. Ao proclamar que “Deus morreu”, Nietzsche non celebraba un triunfo do ateísmo, senón que anunciaba o fin dunha cosmovisión tradicional que sustentara a moral, o sentido e a verdade na cultura occidental. Estaba a profetizar que a crenza en Deus e os valores absolutos desaparecerían deixando tras de si un baleiro moral. A “morte de Deus” era a constatación dun feito cultural e histórico: a perda da fe nos fundamentos metafísicos e morais que durante séculos condicionaran a vida humana no mundo occidental.
En novembro de 1887, Nietzsche escribía: “O que conto aquí é a historia dos próximos dous séculos. Describo o que vén, o que non pode vir doutra maneira: a chegada do nihilismo” (A vontade de poder). Este “profeta ateo” predicaba unha transformación radical da humanidade. En lugar de vivir segundo valores herdados dunha divindade ausente, propoñía que o ser humano debía converterse no creador dos seus propios valores.
O seu ideal do Übermensch (superhome) representaba ao individuo capaz de afirmar a vida na ausencia de certezas absolutas. Ese superhome transcendería no futuro as normas morais impostas pola tradición e crearía o seu propio sistema de valores. Esa profecía está a cumprirse tal como el profetizou. Na Vontade de poder afirmaba que, tras a “morte de Deus”, a sociedade experimentaría un profundo nihilismo, é dicir, unha sensación de falta de sentido. Estaba a profetizar que chegaría o superhome, previa a desaparición do “último home”. Quen era o último home para Nietzsche? O individuo que representa a decadencia espiritual e vital da humanidade moderna e que é o resultado da crise dos valores tradicionais e a perda de sentido tras a “morte de Deus”. O último home é unha figura oposta ao “superhome”, é un individuo conformista, carente de auténtica vontade de poder, que non crea os seus propios valores, pero que se somete á comodidade, á seguridade e á mediocridade. O último home simboliza o perigo de que a humanidade renuncie á súa capacidade de superación, de creación e de autodeterminación e se conforme cunha existencia baleira e sen sentido. Non coincide, talvez, este perfil com ese home posmoderno, que habita nunha sociedade líquida, tan ben descrita por Zygmunt Bauman?
Fronte a ese individuo satisfeito e cómodo, Nietzsche presenta ao individuo do futuro, a ese superhome que chegaría nos dous séculos posteriores ao da súa profecía (século XIX). Ese Übermensch moderno podería ser quen se atreva a vivir con autenticidade, sen depender da aprobación social nin de ideoloxías herdadas. É o individuo que se reinventa tras a caída, que transforma o sufrimento en enerxía creativa e que fronte ás dificultades nunca se rende.
Outra profecía deste profeta ateo foi a relación establecida no futuro entre o nihilismo e o xurdimento do socialismo, unha curiosa conclusión á que chegou a través dunha análise histórica-filosófica da decadencia dos valores tradicionais en Occidente. Segundo Nietzsche, o nihilismo era a consecuencia inevitable da depreciación dos valores supremos, especialmente tras a “morte de Deus”, que deixou un baleiro de sentido e unha crise de fundamentos morais. Profetizou que o socialismo sería unha resposta igualitaria e niveladora que, no canto de superar o nihilismo, o prolongaría. Ao negar a diferenza e a xerarquía na sociedade, o socialismo promovía unha moral de rabaño que debilitaba a vontade de poder e a creación de valores individuais. Era, pois, unha manifestación máis do nihilismo que non ofrecía unha verdadeira afirmación da vida, senón unha nova forma de negación e nivelación.
En Humano, demasiado humano, en Así falaba Zaratustra e nos seus fragmentos póstumos aparecen frases como estas: “O socialismo é a ilusión política que pretende distribuír a felicidade equitativamente, o cal é unha mentira perigosa e destrutiva para a cultura superior”. “O socialismo é unha ilusión política e unha nova forma de despotismo, herdeira dos valores cristiáns de igualdade, que favorece a “moral dos escravos” e a submisión ao Estado. É unha mundanización e unha fe no mundo que busca igualar a todos os homes, o que implica unha limitación e unha decadencia por representar o triunfo da mediocridade e a destrución da cultura aristocrática. Que significa iso? Unha corrupción do impulso vital e creativo da humanidade debido a que trata de converter aos seres humanos en meras engrenaxes dunha maquinaria social estatalizada.
Desde un plano filosófico, o nihilismo profetizado por Nietzsche asóciase á decadencia total da cultura occidental, esgotada dos valores que estaban representados na metafísica, no cristianismo e na vella moral. Nos tempos que corren, comprobamos como na nosa sociedade a profecía do ateo Nietzsche se cumpre plenamente. A corrupción da conciencia superou límites inimaxinables, contemplando como a realidade inmoral supera á ficción máis grotesca. A corrupción política é a expresión dunha moralidade decadente na que os ideais que durante séculos sostiveron a sociedade baleiráronse de significado. O último home nietzscheano está en coidados paliativos. Estaría o voceiro de Zaratustra tratando de profetizar a entrada suprema da Intelixencia Artificial (IA) na vida humana ao describir a súa idea do superhome, así como de prever o actual sismo político que aterroriza ao socialismo español? De ser esa a súa pretensión, a profecía dese profeta ateo resultaría indiscutiblemente confirmada.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.