Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Resulta irrefutable que actualmente vivimos mergullados nunha onda constante de información que se crea nos medios de comunicación e, especialmente, nas redes sociais. Neste mundo de distraccións constantes e solucións rápidas, as noticias, as tendencias, as opinións e as realidades virtuais bombardéannos a cada pouco configurando a nosa percepción do mundo e desprazando a nosa experiencia directa da realidade. Con todo, que sucede cando confundimos esta avalancha de información coa realidade mesma? En que medida o que cremos saber non é máis que unha aparencia, unha imaxe distorsionada do que verdadeiramente ocorre?

Vivimos na ditadura do instante, na inmediatez da información coa que cada minuto as redes sociais e os medios dixitais nos asedian en fervenza con miles de titulares que compiten por captar a nosa atención. A inmediatez transformouse nun valor supremo, porque o importante é ser o primeiro en decatarse, en opinar, en compartir. Con todo, esta velocidade sen freada ten un prezo: a incerteza, a dúbida e a inseguridade por falta de criterio. Ante esa turbulencia informativa, a reflexión, a análise profunda e o contacto directo coa realidade quedan relegados a un segundo plano.

Vivimos pendentes das pantallas, reaccionando a estímulos que moitas veces non representan máis que unha pequena fracción da complexidade do mundo. Conformámonos coa superficie, coa aparencia, sen preguntarnos que hai detrás dese torrente de imaxes e palabras.
          Kant, hai xa tres séculos, decatouse da fraxilidade das nosas observacións e da debilidade das comprobacións que utilizamos para entrar na realidade máis profunda e coñecela tal como é. A súa crítica non se centraba exclusivamente no impacto das informacións recibidas nin nas súas fontes, fose o que fose o medio humano de que proviñesen, senón que apuntaba a calquera información que chegase directamente do mundo aos nosos propios sentidos. Foi ante esta forma natural que nos acompaña aos seres humanos de percibir o mundo a forma de establecer a diferenza entre o fenómeno e o noúmeno, entre as nosas informacións e a realidade escondida tras delas.

         O fenómeno é aquilo que aparece ante os nosos sentidos, a nosa información como camuflaxe da realidade. O noúmeno, en cambio, é a “cousa en si”, a realidade profunda que existe independente da nosa percepción e que, segundo Kant, é inaccesible de maneira directa.

Na era dos medios de comunicación e as redes sociais, vivimos atrapados no mundo dos fenómenos: o que vemos, lemos e compartimos na internet non é a realidade, senón unha representación filtrada, editada e, a miúdo, manipulada. A verdadeira realidade, o noúmeno, queda oculta tras capas de interpretación, intereses e algoritmos. Pero quen carece de ferramentas para analizar a información de maneira crítica, adoitan estar predispostas á propagación de noticias falsas.   

         É innegable que a realidade se oculta tras a pantalla, xerando un gran paradoxo: canto máis informados cremos estar, máis afastados podemos atoparnos da realidade. Deixámonos levar por titulares, por imaxes impactantes, por opinións virais, e esquecemos que a vida real transcorre fóra da pantalla, na complexidade dos feitos, nos matices que poucas veces chegan aos trending topics.

A sobreexposición aos medios non só distorsiona a nosa percepción, senón que tamén pode conducirnos á apatía, ao escepticismo ou á polarización. O exceso de información superficial impídenos profundar, dialogar e comprender.

         Fronte a esta onda de aparencias, o desafío é recuperar o contacto coa realidade, buscar o noúmeno detrás do fenómeno. Isto implica desconectarnos, aínda que sexa por momentos, do fluxo constante de noticias e redes, e dedicarnos a observar, escoitar e reflexionar. Significa tamén cuestionar o que vemos e lemos, buscar fontes diversas e, sobre todo, non perder de vista que a realidade é moito máis complexa e rica que calquera tendencia viral. De vivir Kant nestes momentos, estou convencido que nos aconsellaría non conformarnos co fenómeno, senón que aspiremos sempre a albiscar, aínda que sexa parcialmente, o noúmeno que se esconde tras a pantalla.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------