Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


No mundo real todo empeza e todo acaba; con todo, só o que vive morre e por iso os vivos e os mortos son os mesmos.

Nada pode compararse coa morte, porque non admite troco, pero moito menos coa vida, por carecer de prezo, aínda que ambas necesariamente se solapan nunha contradición tráxica e irremediable. Os seres humanos formamos parte desa contradición e “se queremos coñecernos a fondo e saber o que realmente somos, habemos de empezar por aceptarnos como seres vivos e como animais” (Jesús Mosterín: El reino de los animales).

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Moitos animais, ao advertir a presenza da morte á súa porta, afástanse do seu grupo como unha necesidade instintiva de morrer en paz, retirándose a un lugar escondido ou pouco frecuentado. Hai uns días, vivín esa aciaga experiencia. Un dos meus dous agapornis -en realidade son da miña filla Ruth- morreu entre as miñas mans.

Como cada día, revisei e repuxen a súa comida e a súa auga. Con todo, inquieteime ao observar como a agaporni femia se mostraba desconcertada e afastada do compañeiro con quen sempre compartira a súa vida nas alturas da paxareira. Visiblemente desorientada e coma se perdese o seu lugar natural, movíase con torpeza polo fondo da gaiola, un recuncho que raramente frecuentaba. Tentei apresala para comprobar o seu penoso estado, visiblemente anómalo, e sorprendeume que non tratase de picarme como afacía cada vez que eu ateigaba o comedeiro.

Aínda conservo a sensación da calor do seu corpo diminuto, a beleza da súa plumaxe tornasolada e a luz dos seus ollos apagándose aos poucos. Contemplei a súa cabeza que, se poucas horas antes se alzaba con exquisita axilidade, cedía ao peso cruel do transo terminante inclinándose lentamente sobre os meus dedos. O seu pequeno pico se entreabriu coma se buscase un último sopro de aire, e nun amén apenas perceptible foise definitivamente.

E eu, que a coidaba cada día, que lle falaba e saudaba con afecto, quedei co peso da súa ausencia sostendo o seu corpo xa sen latexado.

Reter a un ser vivo no instante preciso en que a súa existencia se apaga, transforma a fría reflexión filosófica en vivencia emocional e converte o metafísico nunha convulsión profunda. O que vin neses instantes non foi só o adeus dunha pequena criatura, foi a angustia silenciosa dun ser vivo que abandona este mundo, unha despedida que se nos impón sen poder comprendela.

Aquela morte diminuta fíxome pensar en todas as outras mortes. Especialmente nas humanas, que chegan tamén así, de golpe ou lentamente, con suspiros finais que se abren como portas cara ao descoñecido. E iso lévanos a reflexionar na dor de quen, impotentes, permanecen e miran ese instante, aferrados a unha man, a unha mirada ou a un xesto.

Ata ese momento do día, a morte non era para min máis que unha palabra ou unha historia allea; pero ao ver estremecerse a cabeza do paxaro entre as miñas mans, ao notar como o seu corpo se tensaba para deixar escapar o último alento, comprendín a vulnerabilidade profunda de todo o vivente.

É verdade que a vida trata de esquecer eses momentos sinistros para poder seguir vivindo, porque o esquecemento, como mecanismo de defensa, non deixa nunca de chegar ao noso rescate.

Recoñezo que a morte da nosa agaporni reavivou en min recelosos segredos naturais e xerado vivencias perturbadoras e rebeldes. Comparto a proposta de Albert Camus que sitúa a rebelión como resposta ao despropósito e ao absurdo da morte.

Observando a conduta do outro agaporni, revoloteando á beira da súa compañeira nun último intento de axuda desesperada, entendo que de modo reflicto afloren emocións conmovedoras e compasivas.

Pero ante a escena que estaba a presenciar, o que verdadeiramente me sorprendeu foi a reacción de Zarita -a miña cadeliña, compañeira fiel e extraordinariamente intelixente-. Os seus queixumes doídos, os seus xemidos espontáneos e sonoros fronte a aquel pequeno corpo sen vida que eu sostiña entre as miñas mans, foron toda unha lección de empatía e de autenticación daquilo que Darwin, observando a conduta dos fueguinos, denominou “a expansión do círculo da compaixón”. Darwin concibía a ampliación do círculo da compaixón como un proceso evolutivo e

moral, segundo o cal a empatía, que nun principio se orienta cara aos familiares e seres máis próximos, esténdese gradualmente a outros integrantes da tribo, a comunidade, a nación, a especie e mesmo a todas as criaturas capaces de padecer, como son os animais.

Constatei probadamente como Zarita mostrou compaixón cara a aquel paxaro que tan ben coñecía e ao que adoitaba achegarse con frecuencia finxindo querer invadir o seu territorio. Era unha escena habitual vela cada día tentando entrar no seu recinto, mentres os agapornis se refuxiaban no seu niño retándoa con cantos que parecían burlóns.

É incuestionable que as relacións de afiliación e reciprocidade permiten establecer vínculos afectivos que ven alterados cando morre un achegado. As condutas de auxilio, a empatía, a interdependencia entre membros do grupo son elementos determinantes para observar afectación e condutas de aflición ante a morte dun dos seus membros.

Jesús Mosterín, seguindo a teoría de Darwin, a moral compasiva debe expandirse en círculos: desde un mesmo e os próximos ata todos os humanos e, en última instancia, a todos os animais vertebrados capaces de sentir dor. Este enfoque busca ampliar a empatía e o coñecemento, sen prexuízos nin fronteiras.

A morte como fracaso

É cruel a morte. Non pola súa inevitable certeza, senón pola forma en que irrompe, sen pedir permiso, arrebatando vidas que amamos e coidamos. Nunha situación emocional de rabia, de rebelión interior e de impotencia rozando o límite, un pensa que ningunha teoría sobre o final da existencia nos convence, porque a morte é un fracaso da creación, un erro da evolución e unha contradición da vida.

Heidegger falaba da morte como “a posibilidade máis propia” do ser humano, como aquilo que ninguén pode vivir por nós. Pero a dor de presenciar a morte dun ser que depende de nós, como pode ser un agaporni, rompe esa fronteira antropolóxica que nos fai vivir unha morte allea coma se fose a nosa. Nese cruzamento comprendemos a radical soidade do morrer e ao mesmo tempo a tráxica unidade de todo ser vivo.

A morte actúa como un esperpento pois deforma e degrada o que foi íntegro e alegre, convertendo o corpo do paxaro nun teatro de convulsións. Vendo o final do noso agaporni,

comprobamos que a morte non se presenta como un paso sereno, senón como unha irrupción grotesca, estraña e violenta, que desfigura a harmonía da vida e provoca en quen a presenza unha indignación radical, un rexeitamento instintivo e volitivo.

Ese rexeitamento á morte non é só intelectual, é tamén visceral; é unha protesta íntima que non acepta que a vida se vexa sometida a semellante esperpento. No momento de soster a morte entre as mans -ver o último movemento da cabeza do agaporni e o seu ademán de respirar que non logra- emerxe unha feroz resistencia, un “non” irredutible ante a destrución arbitraria da existencia. Neses difíciles momentos, gritar non serve, chorar tampouco. Queda o silencio.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------