Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Nalgunha ocasión lin que, en Luxemburgo e en Bruxelas, o frío de finais de novembro non é máis que o prólogo da maxia. Hoxe podo confirmalo sen ambaxes.  

Cheguei ao Gran Ducado de Luxemburgo o 21 de novembro, e a cidade deume a benvida con noites de cinco graos baixo cero e días que apenas alcanzaban os seis graos. Ás veces, a neve deixábase caer timidamente, cubrindo de branco os seus amplos parques e engadindo certa dificultade ao bullicioso movemento das súas rúas. Pero, contemplar a cidade iluminada e decorada, levoume a descubrir o seu aire máxico e acolledor. Pasear polas súas rúas en Winterlights, sobre todo de noite, ten o seu encanto e moita maxia. E, precisamente, o mesmo día da miña chegada, Luxemburgo iniciou a súa celebración Winterlights, “as luces de inverno”, unha loita filosófica contra a escuridade invernal. É unha celebración da luz na época máis escura do ano, un símbolo de esperanza que transcende a mera relixión e convértese nun evento cultural universal.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O verdadeiro foco desta celebración está nos mercadillos do Nadal, que constitúen un dos trazos culturais máis arraigados de Centroeuropa. Ao parecer, a súa orixe remóntase á Idade Media, cando as cidades do Sacro Imperio Romano Xermánico organizaban feiras invernais para abastecer á poboación antes do frío máis intenso. Co tempo, esas feiras transformáronse en espazos festivos onde artesáns, comerciantes e veciños celebraban xuntos a chegada do Advento. Hoxe, séculos despois, os mercadillos seguen cumprindo esa función de encontro e continuidade histórica, mesturando tradición, identidade e convivencia social. Convén ter presente que en Luxemburgo, o 50% dos seus habitantes son estranxeiros, cidadáns non nacidos nese país. E na cidade de Luxemburgo, capital do Estado, soamente un 28% son nativos luxemburgueses. O 72% dos seus habitantes son estranxeiros, sendo europeos a maioría destes. Son datos que tomei en directo das autoridades luxemburguesas nun acto social organizado polo concello da capital con motivo da inauguración das festas do Nadal de Advento (Winterlights) ao que fun convidado.

Desde unha perspectiva cultural, os mercadillos do Nadal de Centroeuropa, incluíndo a Luxemburgo e a Bruxelas -que acabo de visitar e de gozar-, adoitan verse como unha celebración cristiá ligada ao Advento e á espera do nacemento de Cristo. En todos eles impera unha incrible e rimbombante aparato presidido por un espectáculo visual de millóns de luces que arrastran á xente cara aos chalés de madeira situados nas prazas máis emblemáticas da cidade. Alí emerxe unha profusa e variada artesanía tradicional acariñada polos aromas de viño quente e acompañada pola degustación de tan variada gastronomía: hamburguesas, Gromperekichelcher (bolos de vento de patacas), sopas, salchichas, gofres, churros, crepes, pretzels (doces de follado glaseados de azucre e améndoas), fricadelles (albóndegas) …-.

En Luxemburgo, o ambiente dos Winterlights (luces de inverno) reflicte á perfección ese espírito cultural. As prazas do centro histórico -Place d’Armes, Place da Constitution, Knuedler (Place Guillaume II), Place de Paris- énchense de luz, madeira e aromas que evocan unha Europa antiga, pero viva e dinámica. O país de Luxemburgo, pequeno e cruzamento de camiños entre culturas xermánicas, románicas e belgas, incorpora nos seus mercados elementos de todas elas: artesanía alsaciana, doces típicos luxemburgueses como o Boxemännchen (doce en forma de homiño), música coral xermánica e propostas gastronómicas globais acordes coa diversidade da súa poboación. O mercadillo convértese así nun espello da identidade nacional: un país extraordinariamente rico, pequeno en extensión, pero culturalmente amplo, que atopa no Nadal un símbolo de unidade.  

Bruxelas, pola súa banda, transforma o seu centro urbano en Plaisirs d’Hiver/Winterpret (pracer de inverno), nun dos mercados máis grandes e cosmopolitas de Europa. A diferenza doutros mercadillos centroeuropeos máis tradicionais, o de Bruxelas mestura a estética clásica cunha dimensión internacional marcada polo carácter da capital europea. Entre postos de madeira, unha gran nora, pistas de patinaxe sobre xeo, espectáculos de luz na Grand-Place (praza Maior) e gastronomías de diversos países, reflíctese a variedade cultural que caracteriza á cidade. Socialmente, o mercado funciona como un gran espazo público inclusivo, onde residentes, traballadores das institucións europeas e visitantes de todo o mundo comparten un territorio simbólico e festivo. Estes mercadillos e festexos sitúanse no centro da cidade, afastados da zona na que están instalados os numerosos e ostentosos edificios das diversas institucións da Comunidade Europea.

Con todo, a min paréceme que toda esa ostentación e pompa dos mercadillos centroeuropeos ocultan e copian ecos moito máis antigos: as Saturnais romanas. Aquelas antigas celebracións de inverno en honra a Saturno eran un auténtico momento de liberación, liberdade e relaxación colectiva. A xente saía á rúa para oír música e cantar nun ambiente de moita alegría. O seu espírito gozoso manifestábase nos festíns compartidos, na preparación de comidas abundantes e no uso de velas de cera como portadoras de luz. Eran días de tregua colectiva previa ao final de ano.

        Tanto en Luxemburgo como en Bruxelas -e xeralmente en toda Centroeuropa- os mercadillos do Nadal non son só unha atracción turística ou unha ocasión comercial, son, sobre todo, espazos de memoria e convivencia, lugares onde o antigo e o contemporáneo dialogan. Conectan ás comunidades coas súas raíces, fortalecen o tecido social e ofrecen, en pleno inverno, un sentimento de cordialidade colectiva que transcende fronteiras e xeracións.

O Nadal centroeuropeo, especialmente o de Luxemburgo e de Bruxelas que coñezo directamente, representa unha fusión de historia, tradición e experiencia comunitaria que convida a unha reflexión filosófica e sociolóxica sobre o sentido do encontro humano no inverno. Dúas cidades receptoras de tan elevada inmigración ven nestas celebracións de Advento unha ocasión impagable para compartir vivencias. Desde esa perspectiva fenomenolóxica, os mercadillos ilustran o principio heideggeriano de “estar-con-outros”, xa que constitúen un espazo preliminar entre o individual e o colectivo, onde os participantes, ao convivir por uns momentos na mesma praza pública, entenden que esta se erixe en símbolo da hospitalidade e do recoñecemento do outro como cohabitante do mesmo mundo. O acto de compartir unha cunca de bebida quente, envolvido nun ambiente íntimo de luces e decoracións, fomenta a convivencia e o diálogo.

Os mercadillos poden ser un refuxio filosófico temporal que nos permiten conectar coa maxia destas celebracións reflexionando sobre a fusión da historia, a tradición, a comunidade e os valores humanos, factores esenciais nun mundo dominado polo efémero, polo dixital e sobre todo pola IA.

Comprobei como en calquera mercadillo destas dúas cidades, onde a individualidade se funde na calor do grupo fronte ao frío do inverno, as linguas e as fisonomías humanas cohabitan multiplicadas sen que ninguén se sorprenda por iso, porque a esencia destas festas é, en última instancia, o encontro humano e a construción sociolóxica de comunidade.

Contrastan, lamentablemente, estas empáticas vivencias coas desagradables noticias que chegan a Luxemburgo desde España: a corrupción política, as sentenzas do Tribunal Supremo, os acosos e deplorables actos machistas contra as mulleres, as secuelas xudiciais da DANA, os suicidios xuvenís… Talvez, unha escapada nestas datas a algún país de Centroeuropa, incluso pagando a alta factura do frío, poida converterse nunha catarse eficaz para quen sente golpeados por semellantes noticias.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------