Manuel Herminio Iglesias
Gobernar cunha maioría absoluta homoxénea deulle a Feijoo unha aurea de gañador. Ise era o seu curriculo: acadar tres maiorías absolutas. E nese espello, os líderes da capital do reino do PP, viron unha táboa de salvación. Apartaron a Casado e recibiron a Feioo cos brazos abertos. E claro, lévarono pra Madrid pensando que no resto da península vovería a repetir o que acontecera neste noroeste que olla o atlántico. Mais ó ignorar que en todo o Estado as cousas camiñan doutra maneira, pasou o que pasou. E Feijoo, aquil moderado que agochaba a súa faciana de concervador duro; que presumía de bo xestor, indo contra o sanchismo pinchou. Pois as maiorías absolutas non se dan con moita frecuencia nesta península na que temos distintas sensibilidades ideolóxicas e formas de ver a política territorial deste noso Estado. Polo que esa visión errada, e tamén que no seu partido hai moitos galos e galiñas que lle sinalaron o camiño, levou ó señor dos Peares a ter o primeiro fracaso serio. E a partires dese momento as cousas trocaron e moito. Abrazar, por ter máis poder, ó franquismo máis recalcitrante pasoulle factura a Alberto. Pois no seu partido hai moito admirador daquela funesta época que hoxe ve con vos ollos o abrazo co Peito de Lobo que anda a incendiar a rúa Ferraz. E faino sen saber que España non é soamente a capital do reino. Craso erro de Alberto non amosar a súa personalidade e frear ós nostálxicos que sempre falan e pontifican vitorias que logo non chegan.
A dereita sábelle moi mal estar sin exercer o poder. Non soporta estar na oposición e axita moitos resortes incluso ós que son corporativos como é parte da xudicatura. Pois pensa que o mando lle pertence dende o principio dos tempos. E agora, poñendo por diante o tema da amnistía di que España racha en añicos. E estes patriotas de puseira e bandeira furada pensan que os temas dos que discrepan no territorrial se arranxan a golpe de sancións, e fora do marco da palabra e da política. Mentres, moitos cidadáns, pensan que ise asunto solvéntase gañandolle ós arredistas nas urnas. Ademais, tanta manía coa amnsitía como si nesta España nunha houbera unha e moi grande. Pois hai que lembrar que Adolfo Suarez aprobou unha no tempo da chamada transición: E nela deixou libre de cargos a moitos que terían que render contas polo seu pasado de torturadores e outros feitos moito máis graves.
A palabra en democracia, e o voto libre e segredo son as mellores armas pra que se impoña a razón e a convivencia. A protesta pacífica sempre debe existir. Mais resulta grave que rapaces moi novos aproveiten esta pra berrar que eles son nazis e lanzar moitos berros e insultos moi personalizados. Polo que eu pregunto: saberán eses rapaces o que foi o nazismo e as atrocidades que cometeu? Saberán como se vivia na porguerra deste pais e en toda a longa noite de pedra? Seguro que non. E se oiron algo sempre foi unha visión de parte, interesada. A sociedade actual camiña cara unha polarización que non augura nada positivo. E nesa situación os lideres políticos teñen que ser moi prudentes. E o primeiro que hai que evitar son as mensaxes de goberno ilexítimo e outras semellantes. Polo que Feijoo debe fuxir de apoiar ises calificativos e coidarse moito deses compañeiros de viaxe. Pois, si a Sanchez lle van as cousas medianamente ben, e a situación amaina, o Sr. dos Peares non pisará a Moncloa e axiña o apearán do mando os populares que hoxe o aplauden.
Gobernar con maiorías absolutas é moi sinxelo. Facelo compartido o poder é moito máis complexo. E a experiencia de Feijoo sempre foi chegar e bicar o santo. Mais agora as cousas sonlle moi distintas. Polo que, ou se libera de moitas e tóxicas compañias, ou non pisará nunca a presidencia de goberno.
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?