Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Avelino Muleiro García :

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


“Aquela lingua era no desterro un signo de identidade, un fío que me tiña vinculado ao meu país e que me permitía seguir sendo eu” (Xosé Neira Vilas:  Carta a Balbino).

No vertixinoso escenario dunha sociedade que socioloxicamente se define como posmoderna, onde as certezas parecen desvanecerse ante a posverdade e os lazos tradicionais se dilúen na inmediatez dixital, o desarraigamento emerxe desafiante como unha silenciosa constante que nos rodea e nos acosa provocando cambios profundos na nosa identidade. Movémonos entre cidades con condicións e estilos de vida diversos, cambiamos de traballos e de relacións buscando sempre un sentido de pertenza que a miúdo se nos escapa entre o ruído das redes sociais e a conxestión dunha humillante e incesante -normalmente inútil- tormenta informativa. Vivimos conectados ao mundo e a todo o que nel se move, aínda que, paradoxalmente, notamos a distancia das nosas raíces, a distancia das nosas historias e a lontananza do noso lugar no mundo, que todo isto representa o esencial da vida. Ante esta incómoda situación, paréceme importante reflexionar sobre o desarraigamento, esa sensación de estar e non estar, de pertencer e á vez de ser estranxeiro na nosa propia vida.

Que é o desarraigamento?

A palabra desarraigamento provén do latín radix, que significa a acción de arrincar raíces. Etimoloxicamente, é o proceso de quitar ou separar da raíz, tanto en sentido literal (arrincar unha planta) como figurado (separar a unha persoa da súa contorna ou dos seus vínculos). No contexto que aquí nos interesa, podemos entender por desarraigamento a perda ou corrupción das raíces sociais, culturais, políticas e familiares, polo cal a identidade persoal sofre unha expulsión ou perda de sentido vital, cultural e social. Sabemos que o desarraigamento repercute na vida emocional das persoas e dos grupos sociais. É un fenómeno crecente na sociedade contemporánea, que se caracteriza pola perda de vínculos que conectan ao individuo coa súa contorna. Cando unha persoa se afasta desas raíces, comeza a experimentar un illamento que afecta intensamente á súa identidade. Este proceso provén de varias direccións e xorde de diversas circunstancias. Pode aparecer por migracións, desprazamentos forzados, cambios laborais, expulsións políticas, rupturas familiares… A filosofía analiza este fenómeno desde unha perspectiva universal e con fundamentos estritamente esenciais. A este perfil responde a filósofa francesa Simone Weil quen, no seu libro Botar raíces, define o desarraigamento como unha condición case universal resultante da destrución dos vínculos co pasado e coa disolución da comunidade.

            Heidegger interpreta o desarraigamento como a perda do mundo. O desarraigamento xorde, na súa opinión, cando o ser humano perde a súa orientación existencial enfrontándose a unha fractura na súa relación simbólica coa contorna. Isto xera inseguridade e establece debates sobre o acto de habitar. Heidegger denomínao Heimatlosigkeit (falta de fogar) e relaciónao coa alienación derivada da modernidade, coa explotación da natureza e a contaminación da contorna. Por todas esas perversións non dubida en criticar o mundo técnico moderno, onde todo funciona eficientemente, pero á conta dunha desconexión profunda do ser humano co seu ser auténtico e a súa contorna.   

Arthur Schopenhauer, en cambio, considera que o ser humano está alienado e desarraigado tanto de si mesmo como do universo ao vivir nun estado de insatisfacción perpetua. Ese sentimento de desconexión intrínseca pode equipararse ao desarraigamento psicolóxico e existencial. Nese sentido, Schopenhauer describe a vida como un constante conflito entre o desexo e o sufrimento. A vontade, que el considera a esencia do ser, impulsa aos individuos cara a metas que nunca satisfán plenamente ao ser humano, xerando insatisfacción e descontento. Ese ciclo perpetuo pode entenderse como unha forma de desarraigamento existencial, onde o individuo non atopa un lugar estable nin un sentido duradeiro na vida. E así expresa o seu pesimismo afirmando que “o erro innato do home é pensar que naceu para ser feliz”.
            Hannah Arendt, nas Orixes do totalitarismo e na Condición humana, analiza como a perda dun fogar político e social, a falta dun lugar no mundo e a ruptura dos lazos comunitarios conducen ao desarraigamento e á vulnerabilidade dos individuos fronte ás forzas totalitarias. Para Arendt, o desarraigamento é unha condición fundamental da modernidade que ameaza a propia humanidade da persoa.

            Para Albert Camus, o desarraigamento é un tema central nos seus libros, especialmente no Estranxeiro e no Mito de Sísifo. Neles explora a irritante sensación de alienación, a repugnante falta de significado e a desconexión do individuo co mundo e cos demais seres humanos. O sentimento do absurdo xorde precisamente desta confrontación entre a procura humana dun sentido e o silencio absurdo do universo, o que inevitablemente termina xerando unha profunda sensación de desarraigamento existencial. 

Pois ben, no seo deses principios filosóficos e no inmenso océano de tan diferentes opinións sobre a natureza inherente do desarraigamento, xorden voces, apíñanse vivencias e impactan diferentes grupos humanos que mostran a cara visible do desarraigamento metafísico que propón a filosofía. Esa inmensurable multiplicidade de desarraigamentos empíricos pode afiliarse en diferentes categorías a teor da súa específica natureza. Dese modo, podemos catalogar os desarraigamentos en sociais, familiares, culturais, laborais, migratorios, ideolóxicos… todos, con características afíns en canto ás súas lóxicas e nefastas consecuencias. As persoas que se afastan das súas raíces, sexa de forma voluntaria ou por decisión impositiva, acaban tendo dificultade para adaptarse a novas claves culturais, do mesmo xeito que terminarán experimentando sentimentos de tristeza, nostalxia, ansiedade, depresión e soidade. En gran parte destes desarraigamentos adoita aparecer a chamada “síndrome de Ulises”, caracterizada por un estrés crónico múltiple debido á perda de seres queridos, lingua, costumes, contorna, status e grupo de pertenza.

Catálogo histórico de desarraigamentos

A Biblia, a través do Xénese, converte o desarraigamento nun atributo consustancial aos primeiros humanos, Adán e Eva. A súa expulsión do paraíso é un dos episodios máis emblemáticos sobre o desarraigamento na tradición xudeocristiá, xa que se trata dun desarraigamento que non só é físico, senón tamén existencial, ao supoñer que esa ruptura inaugura unha nova etapa para a humanidade marcada pola loita e o sufrimento. 

Existen pobos que levan anexado o desarraigamento nos anais da súa mesma historia. É o caso dalgúns pobos indíxenas da Patagonia e da Pampa, desarraigados dos seus territorios pola colonización europea. Sucede o mesmo co pobo armenio, vítima do xenocidio do Imperio Otomán. E o pobo saharauí, invadido polo exército marroquí, que vive desprazado en campamentos de refuxiados en Alxeria.

Máis afastado queda o desarraigamento do pobo xudeu, que tras a destrución do Templo de Xerusalén polos romanos, no ano 70 d. C., se dispersou por todo o Imperio Romano dando lugar á diáspora xudía.

E nos últimos tempos, está o pobo palestino. A historia de Palestina está ligada profundamente a conflitos históricos e políticos. E así, durante a guerra árabe-israelí, simultánea coa creación do Estado de Israel, en 1948, máis dun millón de palestinos, vendo tras de si unha destrución masiva de vivendas e localidades, embarcouse na Nakba, un éxodo forzoso, desolador e tinguido coa negra cor da traxedia.

Un dos últimos paradigmas do desarraigamento chega en pateras. Miles de persoas, impulsadas pola perda de medios de subsistencia e pola falta de oportunidades nos seus países vense presionadas polas mafias, que empuxan a mozos e familias a buscar un futuro incerto en Europa. Para estas persoas, o verdadeiro desarraigamento comeza ao tocar terra. Tras sobrevivir á travesía, os recentemente chegados enfróntanse á incerteza legal, a un futuro incerto e á separación das súas raíces e familias.

O desarraigamento segue crecendo na actualidade coa guerra de Ucraína; con case dous millóns de venezolanos emigrados a países veciños pola crise política; con máis de seis millóns de sirios refuxiados por mor da guerra civil; con máis de dous millóns de afgáns fuxidos pola violencia talibán; por millóns de desprazados na República Democrática do Congo…

Existen outros desarraigamentos, como o desarraigamento familiar, que posteriormente veremos.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.