Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

É importante vivir o momento presente, gozar de cada experiencia e non ter présas. Esta actitude pode aplicarse en calquera situación, pero resulta indispensable cando se viaxa polo mundo.
Existen cidades ateigadas de tan descomunal riqueza cultural que desbordan os sentidos e convidan a quen as visita cunha embriagadora fusión de deleite dionisíaco e gozo apolíneo.
Viena, París, Tréveris, Ushuaia, Buenos Aires… son algunhas desas urbes fascinantes que tiven o privilexio de percorrer recentemente e que se me revelaron incribles conversando con figuras insubstituíbles como Wittgenstein, Freud, Darwin, Karl Marx…mentres me abrían as portas de museos lendarios como o Louvre, o Palacio Belvedere ou o Palacio Schönbrunn. Esas cidades son fitos indelebles que, a pesar da súa natureza acelerada e fugaz, se fundiron nos meus recordos como breves grolos que a vida me ofrece.
En cambio, hai outras cidades cuxo ritmo invita á pausa, ao tempo lento e á contemplación consciente. Luxemburgo é unha delas. Camiñar polas súas rúas, cruzar as súas pontes, mirar máis alá do bulicio da vida moderna e deterse na memoria das súas pedras é, en si mesmo, unha forma de beber a vida a pequenos grolos. Cada experiencia aquí é unha invitación a vivir segundo a máxima estoica de saborear o presente sen anseiar ilusións de futuros incertos.
Luxemburgo reflicte o seu alto nivel económico non só nos seus sólidos sectores bancario e financeiro, senón tamén na calidade de vida visible no día a día: as terrazas cheas, os vehículos de alta gama e as luxosas vivendas nos seus barrios residenciais evidencian unha prosperidade que transcende os datos macroeconómicos e se arraiga no estilo de vida da súa poboación.
A visita ao Parlamento Europeo é unha cita obrigada que permite sentirse parte da historia viva de Europa. Alí recibes información sobre a historia da UE mentres as voces de múltiples linguas se cruzan nos seus corredores demostrando a evidencia dun mundo globalizado.

Próxima ao Europarlamento ubícase a Biblioteca Nacional. Un magnífico edificio, inaugurado como biblioteca nacional en 1899. Dispón de máis de 1,8 millóns de documentos en diversas linguas e ofrece recursos físicos e dixitais. Conta con amplas salas de lectura, espazos multimedia, zonas para actividades culturais e servizos innovadores. É un referente cultural, así como un importante centro de documentación en Luxemburgo.
Os parques da cidade, promovidos e promocionados a través do programa LUGA (Luxembourg Urban Garden), son santuarios de calma e beleza. Percorrelos significa deixarse abrazar pola vexetación, perderse entre as flores e escoitar o murmurio da auga e do vento coma quen descifra segredos antigos da cidade. Cada momento de contacto coa cidade simboliza un grolo doce e irrepetible da xornada.
Tamén hai grolos amargos, como a visita ao edificio da Gestapo, onde a memoria pesa e os pasos resoan sobre os ecos dun pasado tráxico lembrando a necesidade irremprazable da memoria colectiva. Centos de persoas nese lugar foron vítimas do odio. Camiñar por eses corredores invita á reflexión sobre a gratitude pola liberdade e a fraxilidade da existencia.

Moverse pola cidade é sorprendentemente doado. Luxemburgo percórrese de norte a sur en transporte público completamente gratuíto, un xesto de modernidade e hospitalidade que alixeira a viaxe do visitante e fomenta o descubrimento pausado e reflexivo.
Os xardíns do Gran Ducado e a visita ao edificio oficial ofrecen unha ollada á alma institucional da cidade, tan maxestosa como humilde. Cruzar as moitas pontes que separan o Alto Luxemburgo -Village Haute- do Grund —a parte baixa da cidade— non é só un exercicio de atletismo, senón tamén de xeografía urbana, porque cada paso simboliza a intersección de diferentes mundos, de alturas e perspectivas diversas entre onte e hoxe.
O río Alzette, que nace en Francia e atravesa Luxemburgo, é a arteria fluvial do Grund encargada de transportar o osíxeno da cultura francesa ao país. A súa influencia reflíctese na lingua, pois o francés ocupa un lugar central na administración e na vida intelectual de Luxemburgo, incluso subordinando á lingua luxemburguesa, que foi recoñecida como lingua nacional en 1984.

E, finalmente, están os miradoiros. Achegarse a eles, perdendo a vista no horizonte de tellados de pizarra, de vexetación e néboa, é un recordatorio de que toda a vida, como a mellor copa de viño, merece ser saboreada, inhalada, demorada no momento antes do último grolo.
Luxemburgo, estes días, ensíname precisamente iso: que a existencia é unha suma de momentos, lugares, encontros e descubrimentos. E que a présa é inimiga da plenitude, da reflexión e da sensatez, e que a verdadeira viaxe se fai así, lentamente, celebrando cada descubrimento. Porque a vida, como invita este lugar, debe beberse a pequenos grolos.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.