Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

O paso dun ano ao seguinte escenifícase mediante unha auténtica liturxia na que se repiten ritos herdados e se desprega un conxunto de cerimonias, xestos e símbolos de profundo significado. Nese preciso limiar do tempo coinciden por un instante -e só para volver distanciarse de inmediato- o onte e o mañá, o ano que se extingue e o que comeza. Esa fugacidade converte o cambio de ano nunha experiencia solemne e mística, marcada pola importancia do que é irrepetible. O aninovo funciona como un mito secularizado, como unha ficción compartida que permite crer durante un instante que o futuro será distinto sen esixir ao partícipe unha modificación real do presente.
O afán de prosperidade e felicidade para o ano que comeza xorde de forma emotiva e espontánea, despregándose os desexos á familia, aos amigos e a ese círculo máis reducido de persoas próximas. Esa liturxia vén ser unha reprodución do ritual romano das saturnais e da chegada do mes de xaneiro. Para os romanos, a chegada do aninovo era un evento cargado de simbolismo, de rituais e, sobre todo, de bos desexos. A frase máis utilizada para felicitarse era: Annum novum faustum felicem tibi!” (Que teñas un aninovo próspero e feliz!). Esa felicitación adoitaba acompañarse do desexo dun ano saudable (salutarem) e con moita sorte (fortunatum), uns propósitos que adoitamos plaxiar agora nas nosas mensaxes do Nadal.
Cabe lembrar que o calendario orixinal dos romanos se baseaba nas fases lunares e que os anos empezaban no mes de marzo, pero Xulio César, no ano 46 a. C., reformouno colocando o 1 de xaneiro como o inicio oficial do ano. Así naceu o calendario xuliano. O mes de xaneiro (ianuarius) debe o seu nome a Xano, o deus bifronte (de dúas caras) que mira cara ao pasado e cara ao futuro. Os romanos crían que a súa forma de actuar o primeiro día de xaneiro marcaba a súa conduta para o resto do ano (E conste que non é a primeira vez que eu escoitei ese mesmo presaxio en persoas do século XXI!), interpretando que a mirada de Xano nese primeiro día de xaneiro marcaba a pauta para os 365 días restantes.
Os romanos, fieis aos seus agoiros, evitaban as discusións ese primeiro día de xaneiro, esforzándose en ser amables cos amigos e coñecidos para non atraer a mala sorte, realizando simultaneamente actividades simbólicas dos seus traballos diarios para demostrar que traballarían ao longo do ano… E unha das súas tradicións favoritas eran os intercambios de agasallos: dátiles, mel, moedas coa efixie de Xano, ramas de loureiro… E as súas casas decorábanse con luces e coroas de flores.
A escaleta das festas de fin de ano e aninovo cambiou moi pouco desde hai máis de dous milenios. Seguimos repetindo o mesmo deseño de celebración e conservando a súa esencia orixinal.
Herdeiros directos do legado romano, os italianos manteñen vivos rituais cargados de simbolismo para despedir o ano e conxurar a fortuna. Entre os seus costumes máis arraigados destaca o uso de lenzaría vermella en Noitevella para atraer amor e prosperidade, así como a curiosa tradición de recibir un obsequio que debe refugarse ao día seguinte. Pero quizais o xesto máis atávico sexa o de lanzar obxectos pola xanela, unha metáfora visual de desprendemento do negativo do pasado ano. Moitas destas pintorescas tradicións cruzaron fronteiras, integrándose con forza na cultura española durante as celebracións de fin de ano.

Con todo, a esencia da tradición vese actualmente eclipsada por un consumismo que se disfraza de cultura popular. Por tal motivo, creo que as nosas felicitacións de aninovo non deberían replicar as agresivas campañas publicitarias desta época. Baixo unha aparencia de celebración e creatividade, os medios de comunicación e as plataformas dixitais camuflan tácticas de venda que explotan os nosos propósitos de emenda (dieta mediterránea, darse de alta no ximnasio, máis lectura e maior desconexión dixital…). No fondo, o mercado tenta comercializarnos a nós mesmos para o 2026, empaquetándonos como un produto listo para comprar. Con todo, a maioría destes propósitos mercantilizados do aninovo adoitan morrer antes de febreiro dada a fraxilidade da súa orixe, que non son desexos persoais, senón mandatos camuflados do mercado.
A pesar de todo, o final de 2025 debería ser momento de reflexión para revisar o pasado con honestidade, recoñecer erros e pedir perdón a quen puido sentirse ofendidos. Non debemos negar os nosos erros do pasado para poder liberarnos do resentimento e abrir un tempo novo, máis limpo e reconciliado. A memoria crítica e o perdón sincero son condicións necesarias para unha convivencia máis madura.
E o novo 2026 non debería expresar un mero trámite cronolóxico adornado con humor e lendas fascinantes, xa que, a pesar de tratarse dun cambio de calendario, é tamén unha invitación simbólica á esperanza. O inicio deste novo ano debería permitirnos mirar cara a adiante co desexo de corrixir erros, suturar feridas e transitar por camiños máis xustos e humanos.
Tras un 2025 marcado globalmente por tensións, desencantos e conflitos, a esperanza debería converterse non nunha ilusión inxenua, senón nunha esixencia ética. E así, con vistas ao novo ano, a humanidade en xeral debería tentar cargarse de esperanza e darse unha nova oportunidade de lograr a paz, eliminar a pobreza e erradicar a explotación humana.
Seica, sería ousado aspirar ao cesamento das guerras que non só destrúen cidades e vidas, senón que erosionan a conciencia moral da humanidade? Quen pode opoñerse á proposta de que o aninovo debería traer consigo a vontade real da diplomacia, do diálogo e dos esforzos conxuntos da comunidade internacional fronte á lóxica da forza e a devastación? Quen non desexa lograr que no noso ámbito político, o novo ano propicie un xiro cara a unha política máis pragmática e responsable, centrada en resolver os problemas reais dos cidadáns?
Urxe enterrar na política española a machada da descualificación permanente do adversario, a instrumentalización da corrupción e a xudicialización interesada da vida pública. A política, no sentido platónico, recupera a súa dignidade cando deixa de ser un campo de batalla retórico e se converte nun espazo de servizo, de interlocución e acordos razoables, orientados ao ben común. E a estes desexos debemos contribuír como cidadás e cidadáns responsables, porque a esperanza non é só unha cuestión de grandes escenarios nacionais, internacionais ou institucionais, senón que nos interpela tamén a cada persoa.
Así mesmo, o novo ano debe convidarnos a expor proxectos persoais realistas, con posibilidades efectivas de levarse a cabo no futuro, xa que este non é algo que simplemente sucede, senón algo que creamos coas nosas decisións diarias. Fronte aos propósitos grandilocuentes e efémeros, a esperanza concrétase en metas asumibles, en aprender algo novo, en mellorar os nosos hábitos, en profundar nos vínculos afectivos coa familia e as amizades, en retomar unha vocación postergada ou en coidar mellor da propia saúde. Son estes pequenos proxectos, sostidos no tempo, os que devolven á vida cotiá un sentido de dirección e de confianza.
En calquera caso, nin o ano que se despide nin o que nace ditan o noso destino; son só o teatro onde a nosa vontade sae a escena cada día. Por iso, debemos asumir que o ano que finaliza non é o responsable dos nosos fracasos, das nosas adversidades, das nosas desdichas nin dos nosos éxitos. Pero tampouco será responsable das nosas alegrías, dos nosos proxectos, das nosas frustracións nin dos nosos infortunios o ano 2026 porque, como dicía Arthur Schopenhauer, “O cambio de calendario non fai que a vida sexa distinta”. O tempo é unha construción baleira que nós enchemos coas nosas accións. Nin o pasado que se vai nin o futuro que chega teñen poder sobre nós, salvo o que lles outorgamos.

Para Ortega y Gasset, no aninovo non se trata de desexos máxicos, senón de avaliar a nosa vida e decidir que imos facer con ela no tempo que vén. Oxalá que o 2026 sexa o ano en que o diálogo prevaleza sobre a confrontación, que a diversidade se estableza no mundo garantindo a igualdade de oportunidades, que o desenvolvemento da Intelixencia Artificial se centre en potenciar a creatividade e en resolver problemas tan complexos como a cura de enfermidades incurables ata agora, e que a pobreza quede sometida e eliminada pola xustiza social. De logralo, rescataremos o auténtico espírito do Nadal compartindo a liturxia das badaladas de Noitevella, tomando as uvas dos doce meses e brindando con ilusión polo eterno comezo dun novo ano.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

















