Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

E se o caos político actual non fose un accidente, senón un destino inevitable? As sombras de Nietzsche e Spengler alónganse sobre o noso presente ao observar que Occidente se dilúe nunha hipertrofia tecnolóxica e nun baleiro absoluto de valores. A nosa civilización parece entrar no seu “inverno” definitivo ao descubrir o retorno dos líderes autoritarios. Por que a democracia está a baleirarse de contido? Aínda queda espazo para esa redención que soñou Toynbee?
“O que conto é a historia dos dous próximos séculos. Describo o que vén, o que xa non pode vir doutra maneira: o ascenso do nihilismo” (Nietzsche).

En 1989, Francis Fukuyama publicou un famoso libro titulado: O fin da Historia? O autor entendía a Historia como unha loita de grandes sistemas opostos -monarquía versus democracia ou capitalismo versus socialismo- e advertía que esa historia chegara ao final porque un bando gañara definitivamente ao outro. Con todo, o final da Historia non significaba que deixarían de ocorrer enfrontamentos, guerras, manifestacións, protestas etc., senón que a humanidade chegaría ao final das ideoloxías.
Antes dese libro apareceran publicacións que, en certo xeito, ratificaban a mensaxe do politólogo estadounidense. Quero centrarme en catro autores, de prestixio intelectual indiscutible, que avalan esa idea de Fukuyama: Nietzsche, Spengler, Toynbee e Huntington.
A Tese de Fukuyama apoiábase na derrota do fascismo (en 1945) e no colapso do comunismo (en 1989), polo cal xa non quedaban alternativas ideolóxicas viables. E así, a Democracia Liberal, sostida en eleccións e dereitos individuais, e o Capitalismo de Libre Mercado, eran o punto final do goberno humano. Segundo Fukuyama, calquera sociedade que quixese ser moderna e próspera tería que adoptar este modelo tarde ou cedo.
Oswald Spengler (1880-1936) publicou en 1918 o primeiro volume da Decadencia de Occidente, e un segundo, en 1923. Nesa obra, o filósofo alemán ofrece unha visión da historia como unha morfoloxía das culturas. Interpreta as culturas como seres vivos, que pasan por fases análogas ás estacións do ano: primavera (nacemento/relixión), verán (mocidade/filosofía), outono (madurez/lucidez) e inverno (vellez/decadencia). E así, o desenvolvemento dunha cultura está sometido a un destino biolóxico inevitable: nace, crece, desenvólvese e morre. Unha cultura, como calquera ser vivo, non pode elixir non envellecer nin morrer.
Spengler fai unha clara distinción entre cultura e civilización. A cultura representa a fase creativa e espiritual do ser humano. Na cultura, a alma dun pobo está viva e exprésase na arte, na relixión, na filosofía e nas formas políticas auténticas. A civilización, en cambio, representa o estado final e a morte dunha cultura. Caracterízase polo materialismo, a urbanización masiva -as megalópolis-, o predominio do diñeiro e a expansión mecánica e técnica que leva a cabo o imperialismo.
Arnold Toynbee (1889-1975), na súa obra Estudo da Historia, utiliza o concepto civilización como o agrupamento cultural máis amplo ao que pertence o ser humano, pero sostén que o núcleo dunha civilización é a súa cultura, e sobre todo a súa relixión. Cando unha civilización perde a súa alma cultural ou espiritual, entra nunha fase do que el denomina “estado universal” (unha etapa na que se demoleu o Imperio Romano), que non é o momento do seu apoxeo, senón o inicio da decadencia.
A gran diferenza entre Toynbee e Spengler está en que este é determinista e Toynbee é voluntarista. Para Spengler, se é inverno, ten que nevar e non hai volta atrás; mentres para Toynbee, aínda que Occidente estea nunha fase de decadencia, nesa etapa que cualifica como “tempo de tribulacións” iniciado tras as Guerras Mundiais, o ser humano ten libre albedrío. E, por iso, se Occidente lograse unha resposta espiritual profunda cun retorno aos valores tradicionais, podería evitar o destino de Roma. Spengler cre no destino e Toynbee cre no pecado e a redención. Toynbee diríanos que a crise actual é o desafío definitivo: ou atopamos unha nova forma de convivencia espiritual e social, ou nos converteremos nun museo vivente.
Samuel P. Huntington (1927-2008) argumenta no seu libro Choque de civilizacións (1996) que, tras o fin da Guerra Fría, o mundo deixou de pelexarse polas ideoloxías (Capitalismo versus Comunismo), o mesmo que afirmara Spengler. Na súa opinión, os conflitos do século XXI non serían entre países ou clases sociais, senón entre civilizacións. Así, os conflitos máis violentos ocorren nos lugares onde dúas civilizacións chocan xeograficamente, como naquel momento sucedía nos Balcáns, onde chocaban a civilización Occidental, a Ortodoxa e a Islámica.
Existen conflitos globais cando nacións como EE.UU. ou China se involucran nas pelexas doutros países para defender aos da súa mesma cultura. Huntington advertía que Occidente, liderado por EE.UU. e Europa, estaba a perder o seu dominio absoluto. Manifestaba que mentres Asia e o Islam están en evidente ascenso, Occidente estáncase.
O autor de Choque de civilizacións proclamaba que os enfrontamentos máis importantes do futuro se producirían nas fronteiras entre Occidente e o mundo islámico, e entre Occidente e China. Aseguraba que os valores occidentais como a democracia liberal e os dereitos humanos non son universais e que tentar impoñelos a outras culturas xera tensións e conflitos. Manifestaba con temor que as civilizacións asiáticas crecen economicamente e que o mundo islámico aumenta demográficamente, e iso desafía a orde mundial actual.
Os prognósticos de Spengler sobre o inverno de Occidente, entendido como esa fase de morte creativa e de destino fatal da Historia, acharon no nihilismo de Nietzsche (1844-1900) un terreo pertinente e extraordinariamente fértil. Eu valoro a Nietzsche como unha ponte perfecta para acceder ao pensamento de Spengler, porque ademais de criticar a democracia como unha forma de decadencia da organización política e de censurar á sociedade por entregarse ao pragmatismo brutal e ao espectáculo sen unha meta espiritual, estaba convencido de que unha vez que a cultura perde o seu centro ante o nihilismo, o único que queda é a vontade de poder no seu estado máis puro e menos idealista. “O que conto é a historia dos dous próximos séculos. Describo o que vén, o que xa non pode vir doutra maneira: o ascenso do nihilismo” (Nietzsche: A vontade de poder). É aquí onde emerxe o César spengleriano, o ditador ou líder autoritario que Nietzsche encarna no “Último Home”, ao que nos presenta no seu libro Así falaba Zaratustra.
O inverno e o cesarismo spengleriano
Spengler predixo no seu libro que ao final da fase da Civilización a democracia e o diñeiro serían desprazados polo Cesarismo. Cando a política se volve puramente técnica e corrupta polo diñeiro, xorden figuras autocráticas e carismáticas (os “Césares”) que gobernan pola forza bruta e a vontade persoal, marcando o fin da creatividade política.
A alma fáustica de Occidente, que Spengler atribúe á nosa cultura, está na etapa do inverno. A era de grandes descubrimentos científicos e de sublimes obras de arte xa pasou, porque agora vivimos nunha época de expansión técnica, de política de masas e de esgotamento espiritual. Estamos nun inverno polo que moitos séculos antes pasaron a alma apolínea de Grecia e de Roma, ou a alma máxica dos xudeus e do cristianismo primitivo, unhas culturas que colapsaron nos fríos dos seus propios invernos.
A aparición dos Césares no Imperio Romano supuxo unha profunda transformación política en Roma ao pasar dunha República dirixida polo Senado a un Imperio autocrático onde o poder residía nun só home. O termo “César” pasou de ser un apelido familiar (o de Xulio César) a converterse nun título que definía a autoridade máxima. O Senado seguía existindo, pero o seu papel non pasaba de ser un mero instrumento consultivo e cerimonial. O César mesmo tiña a última palabra na xustiza e os seus edictos tiñan forza de lei absoluta. A súa vontade era realmente a Constitución. A chegada dos Césares non foi, pois, un simple cambio de mando, senón que representou unha metamorfose radical na estrutura do Estado romano. O que comezou como unha República gobernada polo consenso do Senado, terminou converténdose nun réxime autocrático centrado nunha soa figura. Aínda que a institución do Senado se mantivo en pé, perdeu a súa soberanía real. Deixou de ser o órgano decisor para converterse nun corpo meramente consultivo e cerimonial. E así, Roma pasou a un modelo político onde o Estado era, en esencia, a vontade dun só home.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Dificilmente podemos esquivar a resonancia de tan ilustres pensadores sobre a Historia da Humaninade no escenario actual. Por tal motivo, non podemos castrar a imaxinación para impedirlle proxectar a sombra renacida daqueles Césares nas figuras que hoxe gobernan o mundo.
A actual hipertrofia tecnolóxica que prometía emancipación e liberdade derivou nunha dependencia case biolóxica de dispositivos, algoritmos e redes sociais. A política, cada vez máis sometida ao imperativo personalista e autoritario dos gobernantes, e máis supeditada á imaxe e á inmediatez, parece incapaz de articular proxectos de longo alcance para o benestar da sociedade. E o cidadán, convertido en consumidor de estímulos e datos, móvese entre a saturación informativa e unha crecente sensación de baleiro.
En tempos de Spengler, un dos signos centrais da decadencia era o dominio do diñeiro e das grandes potencias económicas sobre a vida pública. Na súa visión, o parlamentarismo dexeneraba en plutocracia, e a democracia nun teatro onde forzas invisibles decidían o esencial. Hoxe, nun mundo globalizado, o poder dos mercados financeiros, das corporacións tecnolóxicas e de actores non estatais condiciona de forma decisiva as decisións políticas. A soberanía clásica do pobo fragméntase, e os Estados parecen administradores de procedementos que non son capaces de controlar.
Para Toynbee, o “Cesarismo” do século XXI non sería unha anomalía, senón un mecanismo de defensa dunha civilización que esgotou as súas ideas orixinais. En cambio, para Spengler só nos queda observar como o diñeiro se somete á forza e como o Cesarismo xorde cando o diñeiro corrompeu tanto a política e as institucións democráticas ata o punto de que a estrutura institucional se volve irrelevante. As leis e as Constitucións seguen existindo no papel, pero carecen de espírito. A política convértese nunha loita de vontades individuais e partidistas. O César de hoxe non goberna por dereito divino nin por mandato constitucional real, senón pola súa forza persoal e a súa capacidade de mobilizar ás masas.
Os estrategos autoritarios que todos coñecemos só necesitan asolagar o espazo dixital coa súa narrativa para que a verdade sexa o que máis ruído fai. Nunha obra posterior, O home e a técnica, Spengler advertía que a tecnoloxía deixará de ser unha axuda para o ser humano e converterase nunha forza que o escraviza. Os Césares actuais apóianse na superioridade técnica, que exhiben desafiantes nos conflitos bélicos.
A política actual deixa de ser un debate de ideas para converterse nunha cuestión de loxística e propaganda. Cada día comprobamos unha personalización extrema do poder e unha deslexitimación perversa dos parlamentos, tribunais e toda clase de institucións. O líder identifícase co destino nacional. O cesarismo imponse precisamente cando unha sociedade deixa de crer nas súas propias regras. É nese momento cando xorde unha procura de autoridade persoal nun mundo onde as institucións perderon a súa forza simbólica. A democracia baleirouse de contido. A neve do inverno spengleriano xea os músculos institucionais. Só a mensaxe de Toynbee nos pode redimir nestes “tempos de tribulacións” se somos capaces de impedir que o xeo invernal crebe os cimentos da liberdade.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”
Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.
















