Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

A guerra é unha das aberracións máis antigas da humanidade. Desde tempos prehistóricos, a guerra parece aplicar a mensaxe do comediógrafo latino Plauto, popularizada posteriormente polo filósofo Thomas Hobbes: homo himini lupus, pois os grupos humanos recorreron á violencia organizada para resolver as súas disputas coma se non houbese máis alternativas. As primeiras guerras que se teñen rexistradas non eran entre Estados, que aínda non existían, senón entre tribos ou clans que loitaban por recursos vitais como a auga, as terras fértiles ou os dereitos de caza. Os primeiros exércitos organizados xorden coas primeiras civilizacións en Mesopotamia e Exipto, o que permitiu a algúns grupos impoñer o seu dominio sobre outros por medio de campañas militares. Na antigüidade, a guerra era vista moitas veces como un dereito natural do gobernante para expandir o seu territorio ou a súa gloria persoal. Pero, unha vez que aparecen os Estados, a maneira en que se declara a guerra foi cambiando co tempo. Coa consolidación dos Estados-nación e o auxe da diplomacia, xurdiron formalismos para a declaración de guerra e, máis tarde, organismos internacionais que tentan evitala, aínda que moitas veces sen éxito. As causas principais de guerra foron sempre as mesmas, aínda que con matices propios de cada época.
Hai guerras territoriais -que son a gran maioría, desde Roma ata as guerras do século XXI, como a guerra de Ucraína- cuxa finalidade é conquistar novas terras ou recuperar as que se consideran propias. Hai guerras relixiosas -como as Cruzadas, as guerras relixiosas europeas e mesmo a actual guerra de Israel en Gaza contra o Estado Palestino-, unha mostra de como a fe pode ser usada para xustificar actos violentos en nome dun deus ou dunha doutrina. Hai guerras económicas, que buscan o control dos recursos naturais e dos mercados. Mesmo hai guerras tecnolóxicas que aparecen coas novas tecnoloxías aplicadas ás armas destrutivas.
O absurdo da guerra
A razón marca a diferenza específica que separa aos animais humanos dos non humanos. Dicía o filósofo Jesús Mosterín que racionalidade e humanidade son conceptos interconectados. De ser así, que sentido ten matarse entre si os seres humanos para lograr determinados fins? Non haberá máis alternativas que a guerra para conseguir certas metas ás que se opoñan outros? Por que hai que recrutar a miles de persoas para que no campo de batalla se dediquen a matar -e probablemente a morrer- co obxectivo de conseguir un territorio, a imposición dunha fe ou un mercado económico?
A pesar dos avances na civilización, a guerra persiste como método para resolver disputas entre Estados. Se as razóns últimas da guerra adoitan ser a avaricia, o poder ou a vaidade dos dirixentes, por que non reducilas a un enfrontamento simbólico entre quen as decide? Poñamos unha proposta lúdica fronte ao absurdo da guerra:
Imaxinemos por un momento un mundo onde, en lugar de mobilizar exércitos e destruír cidades, os presidentes e ministros dos países rivais se reunisen para enfrontarse nun torneo de xadrez, dominó ou calquera outro xogo que puxese a proba a súa intelixencia, a súa astucia ou mesmo a súa sorte. O que gañase, obtería un dereito simbólico sobre o asunto en disputa, sen derramar unha soa pinga de sangue. Non sería isto máis xusto -e sobre todo, máis humano- que a destrución e o sufrimento que implica a guerra tradicional? Á fin e ao cabo, quen declaran as guerras, raramente son quen loitan nelas. Ao invertir os papeis, quen xoga coa vida de millóns de soldados veríanse obrigados a arriscar, aínda que sexa un pouco, en primeira persoa.
Mosterín apostaba pola razón en todas as accións humanas. Con todo, a política non parece estar de acordo en seguir os consellos da razón. Fronte á aposta de Mosterín, Javier Muguerza -outro importante filósofo español- escribiu A razón sen esperanza, unha reflexión sobre as limitacións da razón ante os desafíos e conflitos humanos para atopar sentido en situacións de incerteza e de resolucións éticas, como é o caso da guerra.
A guerra de Israel contra Hamás
A guerra é un fracaso colectivo que representa o resultado de non atopar camiños civilizados para resolver as diferenzas. Talvez sexa o momento de preguntarnos se non poderiamos converter os nosos conflitos en algo menos tráxico, inspirándonos na lóxica e na intelixencia, e relegando a violencia aos peores capítulos da historia humana.
A guerra de Israel contra o Estado palestino no campo de batalla de Gaza, é unha guerra territorial, pero tamén relixiosa. A xustificación dese enfrontamento xudeu contra os palestinos está extraída do Pentateuco que, no libro de Deuteronomio, capítulo 20, versículos 16-18, establece que Israel debe “loitar contra o inimigo ata a súa completa aniquilación”. Nesa pasaxe, Moisés establece as leis da guerra para o pobo de Israel.
Hai unha guerra contra as cidades afastadas, ás que se debe ofrecer a paz se os seus habitantes aceptan servir a Israel, e outra guerra contra as cidades próximas que “o Señor lles dá como herdanza”. Neste caso, “prohíbeselles deixar con vida a ningunha persoa que respire”. A razón que se dá é para evitar que os israelitas adopten as “abominacións” e o culto aos deuses destas nacións, pecando así contra Deus. En Deuteronomio 7:1-2, Moisés ordena a Israel non facer pacto nin mostrar misericordia ás nacións que habitan a terra prometida, senón “destruílas por completo”. Esta é a guerra de Israel en Gaza. Unha guerra xustificada por unha crenza relixiosa, na que perden a vida miles de persoas por fame e metralla.
A Mosterín importáballe resaltar que a racionalidade non está nas crenzas, senón no coñecemento, en saber o que hai que facer. E aconsellaba que debemos adoptar como guía de conduta principios como que a xustiza é preferible á inxustiza, que todos os humanos teñen a mesma dignidade ou que a guerra é inadmisible. Así o creo eu tamén.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.