Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Na actualidade, a dinámica familiar está a verse afectada na súa estrutura esencial por moitos e diferentes factores -laborais, económicos, xudiciais, de saúde…-, algúns dos cales provocan certas crises na articulación da convivencia doméstica. Agroma así un desarraigamento familiar, diferente dos desarraigamentos históricos citados no artigo anterior. Este tipo de desarraigamento forma parte da emigración normalizada.
A emigración normalizada
Basta repasar a súa rica historia para entender como en España, igual que noutros moitos países europeos, a emigración foi -e segue sendo- un fenómeno voluntario e normal. Especialmente en Galicia, onde a emigración forma parte da súa identidade e o desarraigamento se transforma en morriña e saudade. Acudir á obra de Rosalía de Castro é máis que suficiente para comprender os complexos recunchos psicolóxicos do emigrante galego. Tanto en Galicia como no resto de España, as grandes etapas de emigración, salvo casos excepcionais, foi voluntaria e, xeralmente, coa finalidade de mellorar económica e culturalmente. Pénsese nos miles de estudantes que actualmente, ano tras ano, cruzan as fronteiras do seu país para a súa formación intelectual e o seu enriquecemento cultural.
Nas antípodas destas migracións está esa cada vez máis normalizada emigración cara ás residencias de maiores, onde o desarraigamento se ceba de forma macabra e traumática nos anciáns. Expúlsaselles do seu propio fogar para penetrar nun territorio totalmente descoñecido, nun espazo alleo onde os rostros que os rodean adoitan estar marcados pola fraxilidade da enfermidade e a sombra silenciosa da melancolía. É un desarraigamento silencioso e devastador que deixa a súa pegada indeleble nas residencias de anciáns, sementando inhumanos estragos na alma de quen alí habitan. A profunda sensación de soidade e a perda de identidade emerxen como sombras persistentes sobre as persoas maiores arrancadas da súa contorna familiar e social. Lonxe dos rostros e lugares que algunha vez lles deron sentido, os residentes permanecen alí, sen esperanza de retorno, agardando na antesala do ocaso onde a vida parece desvanecerse entre recordos e nostalxias. Estes lugares de éxodo impositivo son, con frecuencia, resultado do desarraigamento familiar psicolóxico
Desarraigamento familiar psicolóxico
Na maioría dos casos, non son as persoas maiores as que piden vivir nunha residencia, senón que son os propios fillos quen ditan sentenza dese desterro. Ese desarraigamento, imposto de forma ditatorial, é consecuencia en moitos casos de malos tratos psicolóxicos filiais. A lei entende por malos tratos psicolóxicos as accións -normalmente de carácter verbal- ou as actitudes que provocan ou poden provocar danos psicolóxicos a unha persoa.
Na sociedade actual, cada vez é máis común escoitar historias de pais que sofren o desarraigamento psicolóxico por parte dos seus fillos. Este fenómeno, aínda que silencioso e case sempre sen denunciar, deixa profundas cicatrices emocionais tanto en quen o exerce como en quen o padece.
Dentro do desarraigamento familiar perturba e sobrecolle o desarraigamento paterno-filial. En particular, esa vulnerabilidade emocional coa que algúns fillos afanosamente someten aos seus pais. Fillos que humillan aos seus proxenitores denegándolles o contacto, desatendendo as súas necesidades, desestimando os seus esforzos e, en xeral, despreocupándose da súa vida. Eu chamaríao desarraigamento PEOE (Proxenitores expulsados ao ostracismo emocional). Esa situación adoita causar un profundo sentimento de soidade, angustia, abandono e exclusión, especialmente nesa etapa da vellez, onde o apoio familiar é fundamental. Despois de anos de entrega, sacrificio e amor incondicional aos fillos, a soidade e a angustia deses proxenitores convértese nunha presenza constante, case tanxible.
Ante tal anomalía psicolóxica e social, a sociedade considerou que as vítimas deben defenderse ante os seus agresores e tomou a decisión de lexislar na súa defensa. E así, o Govern da Generalitat propuxo (ano 2022) unha reforma do Código Civil de Catalunya para que os testadores teñan máis facilidades legais á hora de poder desherdar a aqueles fillos ou netos con quen se mantén unha mala ou nula relación familiar. En España -ano 2014- o Tribunal Supremo de España considerou que os malos tratos psicolóxicos aos pais deben interpretarse como motivo para desherdar aos fillos xa que se asimila aos malos tratos de obra e ás inxurias graves de palabra que contempla o Código Civil como xustas causas para excluír da herdanza aos descendentes. En China, onde non existe a figura da “lexítima” que obrigue a deixar unha parte da herdanza aos fillos, o testador ten unha ampla liberdade para decidir a quen deixa os seus bens. Estes desarraigamentos psicolóxicos familiares parecen incompatibles cos deberes de respecto e consideración filial.
Seres desarraigados
Debemos recoñecer que os humanos somos seres ontoloxicamente desarraigados. Chegamos a este planeta sen unha identidade previa, tamquam tabula rasa, pero coa obrigación de ir fabricando o noso eu, aos poucos, nun lugar estraño e absolutamente descoñecido. Dun modo ou doutro, ben sexa por cambios físicos, emocionais ou culturais, a sensación de non pertencer completamente a un lugar ou a unha identidade convídanos a reflexionar sobre a nosa condición humana. Recoñecer ese desarraigamento ábrenos a porta á empatía, ao entendemento e á procura de conexións auténticas que nos permitan reconstruír as nosas raíces, aínda que sexan novas e diferentes.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.