Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


La verdad es lo que es, y sigue siendo verdad, aunque   

                            se piense al revés (Antonio Machado)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na Grecia clásica, Platón, a través da súa célebre alegoría da Caverna, advertíanos sobre o perigo de confundir as sombras coa realidade. Actualmente, os muros desa caverna son as pantallas da televisión, os móbiles, as tabletas e as redes sociais, onde o poder proxecta sombras estratexicamente deseñadas para os seus propios fins. Para Platón, a política debía estar guiada pola aletheia (a verdade), pero a praxe contemporánea parece preferir a doxa (a opinión) manipulada.  

A situación actual na que nos movemos, política e socialmente, foi presaxiada e fundamentada a finais do pasado século pola filosofía posmoderna. Nesa trincheira atopamos a Jacques Derrida, Michel Foucault, Jean Baudrillard, Jean-François Lyotard e Gianni Vattimo, sinalando que estabamos nunha etapa da historia na que se desconfía dos grandes relatos e se fragmenta a realidade en múltiples e pequenas perspectivas. Un deles, Jean-François Lyotard, no seu libro A condición posmoderna (1979) explica que na sociedade contemporánea xa non cremos nos grandes relatos -metanarracións- que antes daban sentido global á historia e ao coñecemento. Aqueles relatos totalizadores pretendían explicar o rumbo da humanidade (o progreso inevitable da razón ilustrada, a salvación relixiosa como sentido último da historia, o avance ético na sociedade…). A vida pública contemporánea desprazou o seu eixo explicativo do feito ao relato, pasou da achega de probas e argumentos, á submisa adhesión da mensaxe. Non é que os feitos xa non importen, é que foron superados polas emocións que os interpretan.

         Os grandes relatos da historia da humanidade, recoñecidos e impulsados pola Ilustración do século XVIII, foron dinamitados pola posmodernidade e reducidos a fragmentos marxinais e periféricos. A gran verdade rompeuse en mil pedazos, por iso non hai unha soa historia, senón pezas soltas que non encaixan nun todo coherente. Hoxe, o relato é unha construción narrativa deseñada para apelar ás emocións máis que aos datos, e erixiuse como o recurso absoluto e fundamental do debate público.

David Lyon explica no seu libro Posmodernidade que “a cultura de masas desenfocou a distinción entre o real e o imaxinario”. Os posmodernos xulgan que a ciencia se consideraba no pasado como a pedra de toque do coñecemento lexítimo, pero agora perdeu a súa suposta unidade. Os intelectuais xa non lexislan -escribe Zygmunt Bauman-, só interpretan. En conclusión, todo o que queda son “redes flexibles de xogos de linguaxe”. E a idea de que a realidade se está descompoñendo en imaxes leva a Baudrillard a dicir que “a vida se disolve na televisión”. E Vattimo denuncia que o desenvolvemento dos medios de comunicación baseados nas novas tecnoloxías pode fomentar unhas formas de poder moi perigosas. Todas estas ideas, nacidas de filósofos de finais do século XX, conduciron a que hoxe nos cuestionemos de maneira radical a natureza da realidade e o seu significado.

Na era da hipercomunicación, estamos a asistir a un fenómeno paradoxal: mentres máis acceso temos á información, máis esquiva se volve a realidade. A información actual céntrase no relato, unha construción narrativa deseñada estratexicamente para recorrer ás emocións e ocultar os datos. O relato está empoderado e instalouse socialmente como o soberano absoluto do debate público. E non cabe dúbida de que é fillo da política, cuxa finalidade non consiste en interpretar os feitos, senón en modificalos, sometelos e substituílos pola ideoloxía. Só a ignorancia da sociedade pode cuestionar que a política actual, en especial a do novo cesarismo, perfeccionou a arte da posverdade tentando crear unha realidade maleable e alternativa aos feitos empíricos. Se os datos económicos son desfavorables por unha xestión errónea, o relato encárgase de cambiar o marco de referencia cargando o fracaso no adversario político. Se hai un escándalo de corrupción, créase unha narrativa e un relato de persecución institucional.

         A verdade deixou de ser un consenso social baseado en argumentos racionais e en evidencias empíricas para consolidarse nunha bandeira política e nun dogma de lealdade ideolóxica. E iso lévanos a atoparnos con persoas para quen é máis importante pertencer á súa comunidade política que ter argumentos racionais. Para elas, contradicir ao líder do partido baseándose en feitos obxectivos sénteno como unha traizón.

Consecuencias nefastas da posverdade

A posverdade converteuse nun instrumento habitual do discurso político contemporáneo. E a posverdade non consiste simplemente en mentir, senón en desprazar os feitos para que perdan relevancia fronte ás emocións, os medos ou as identidades colectivas. Cando o sentimento pesa máis que a evidencia, o debate público deixa de ser un espazo de razoamento común e transfórmase nun campo de adhesións viscerais. Pero, os prexuízos sociais neste campo de batalla son profundos.

En primeiro lugar, a posverdade erosiona a confianza. Se todo pode ser reinterpretado segundo conveña, a cidadanía perde as referencias estables para xulgar a realidade, e a desconfianza non afecta só aos políticos, senón tamén á ciencia (negacionistas) e ás institucións. Unha sociedade que dubida sistematicamente dos feitos empíricos compartidos vólvese fráxil e facilmente manipulable.

En segundo lugar, a posverdade conduce á polarización. Os relatos políticos buscan convencer á cidadanía reforzando a identidade do propio grupo fronte á oposición ideolóxica. E así, a verdade deixa de ser un punto de encontro e pasa a ser unha bandeira. Este fenómeno obsérvase en distintos contextos políticos actuais, desde o estilo comunicativo e directo de Donald Trump ata a retórica belicista de Vladimir Putin, onde o relato emocional se impón á verificación obxectiva.

Consecuentemente, a posverdade debilita a responsabilidade e a convivencia democrática, e a súa expansión non é un fenómeno illado, senón o clima cultural que permite o auxe de formas políticas de corte cesarista. Se os feitos son subxectivos, tamén o son as promesas políticas incumpridas, o que implica que a cidadanía se volva máis receptiva a solucións autoritarias que prometen orde no medio da confusión, deixando de avaliar a acción pública polos seus efectos e pasando a facelo pola intensidade do discurso. En certo xeito, este clima lembra o diagnóstico do ocaso cultural que Spengler anunciaba na decadencia de Occidente, o auxe de liderados carismáticos e a primacía da vontade sobre a razón, como reflectín no meu artigo sobre “O retorno dos Césares”. Parece claro que hoxe o relato movilizador se impón á contrastación obxectiva; a doxa platónica vence á aletheia.     

De Sócrates a Habermas

Que necesario é volver aos gregos e reivindicar figuras como Sócrates, o tabán de Atenas, que dedicou a súa vida para cuestionar as certezas subxectivas dos sofistas, aqueles personaxes que xogaban a ser políticos e pretendían sabelo todo. Co seu método maiéutico, o mestre de Platón buscaba desposuír ao discurso sofista dos seus adornos retóricos para chegar á esencia das cousas. O político actual é a antítese daquel ideal socrático, pois non busca que o cidadán pense en por si, senón que acepte o dogma precociñado.  

E se queremos filósofos actuais, que mellor que acudir a Jürgen Habermas que, fronte á expansión da posverdade, ofrece un criterio normativo claro: a lexitimidade democrática nace do diálogo racional e da posibilidade de xustificar publicamente as decisións. Cando o discurso político substitúe os argumentos por apelacións emocionais ou relatos estratéxicos, debilítase a esfera pública e erosiónase o chan común de feitos compartidos. A posverdade, indica Habermas, non é só unha patoloxía da linguaxe política, senón unha ameaza estrutural á democracia, porque “rompe as condicións mesmas que fan posible o entendemento entre cidadáns libres e iguais”.

A súa teoría da “acción comunicativa” explica que comunicarse non é manipular nin persuadir a calquera prezo, senón buscar entendemento. A política da posverdade usa a linguaxe estratexicamente para gañar poder, non para achegarse á verdade. Un goberno é lexítimo se as súas decisións poden ser aceptadas racionalmente polos cidadáns. A posverdade rompe a harmonía social, porque se non hai feitos compartidos, só quedan bandos enfrontados. A filosofía, que na súa etapa posmoderna sementou as dúbidas que deron pé á posverdade do século XXI, é hoxe a única capaz de guiarnos fóra deste labirinto político. Como un novo Teseo, utilizando a razón e os feitos obxectivos como o fío de Ariadna, a filosofía ofrece hoxe o pensamento crítico como a ferramenta indispensable para reconstruír unha sociedade absolutamente democrática.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”

Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”

Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”

Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”

Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”

Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------