Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


O panorama intelectual europeo perdeu en apenas un mes a dous referentes intelectuais de incuestionable prestixio: Xesús Alonso Montero (97 anos) e Jürgen Habermas (96, e a piques de cumprir os 97). A súa ausencia prívanos de dous pensadores para quen a palabra e o diálogo non eran só ferramentas de comunicación, senón o refuxio seguro contra a incultura e a agresión.  

A morte de Jürgen Habermas marca o fin dunha era prestixiosa no pensamento europeo. Herdeiro da Escola de Frankfurt, Habermas dedicou a súa vida para convencernos de que, mentres podamos falar, aínda hai esperanza para a democracia. A diferenza doutros filósofos do século XX, entre os que se atopaban os seus colegas da Escola de Frankfurt -que se perdían no pesimismo sobre o papel da tecnoloxía e o control político-, el cría firmemente na capacidade humana para lograr o entendemento. A súa gran obsesión foi explicarnos como nos comunicamos.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na súa Teoría da Acción Comunicativa diferenciaba dúas formas de actuar: A acción estratéxica, a través da cal buscamos o éxito persoal, manipulando ou coaccionando a outros para conseguir o que queremos, e a acción comunicativa, coa que buscamos o entendemento mutuo. Esta implica un proceso de sentar a falar co obxectivo sincero de chegar a un consenso racional.

         Formaba parte da acción comunicativa o que el denominaba “esfera pública”, ese espazo de debates, prensa, faladoiros e encontros onde os cidadáns discuten problemas comúns e actuais. Para el, unha democracia sa é aquela na que non gañan os berros máis fortes, senón os mellores argumentos. O seu rol social non se reducía ao do clásico filósofo académico, senón ao dun intelectual e un pensador público. Durante máis de medio século interveu en debates sobre Europa, a globalización, a tecnoloxía, a guerra e o futuro da democracia.  

Foi famoso e inesquecible aquel debate de xaneiro de 2004 co entón cardeal Joseph Ratzinger (futuro Bieito XVI), dous intelectuais que proviñan de mundos opostos (o marxismo secular da Escola de Frankfurt fronte á teoloxía dogmática do catolicismo). Ambos aceptaron que os seus respectivos campos necesitaban límites. Ratzinger admitiu que a relixión pode volverse patolóxica e perigosa (chegando ao fanatismo) se non pasa polo filtro da razón, e Habermas aceptou que, se se esquece a ética, a razón pode volverse destrutiva converténdose nun simple cálculo de utilidade e pragmagtismo. Mesmo admitiu que o laicismo non é suficiente para dar sentido á vida das persoas. No que ambos coincidiron foi en que a modernidade está en crise.

A achega máis coñecida á teoría política é a súa concepción da democracia como un proceso de deliberación racional entre cidadáns libres. A sociedade democrática sostense na acción comunicativa, esa capacidade dos individuos para dialogar, argumentar e alcanzar consensos baseados en razóns e non na forza ou a manipulación.

         En tempos dominados pola propaganda, a polarización e a chamada posverdade, o pensamento de Habermas adquire un significado profético. A súa filosofía lémbranos como nunha sociedade desinformada e acrítica, incapaz de debater racionalmente as ideas, a democracia perde o seu fundamento moral. As sociedades democráticas sostéñense sobre o diálogo e a conversación, porque os cidadáns non só votan, tamén argumentan, discuten e corríxense uns a outros. A lexitimidade política nace dese espazo de debate onde as decisións poden xustificarse con razóns. E Habermas era consciente de que na actualidade o ruído substitúe ao argumento e a emoción despraza á razón, e así a democracia está a volverse fráxil.

A súa visión sobre o xudaísmo

Habermas creceu na Alemaña marcada polo nazismo, e desde moi novo asumiu a tarefa intelectual de repensar a democracia para impedir o retorno do autoritarismo. E a filosofía debía contribuír a crear unha cultura política na que a razón pública substituíse para sempre á obediencia cega e á manipulación ideolóxica. Iso explica a súa extensa e rigorosa obra, que se sitúa na tradición dos pensadores que tentaron reconstruír moral e politicamente Europa tras a catástrofe da Segunda Guerra Mundial do século XX. Na súa opinión, a democracia alemá debía sosterse sobre unha memoria crítica e non sobre o esquecemento. Durante décadas sostivo que Alemaña tiña unha responsabilidade histórica especial cara ao pobo xudeu tras o Holocausto. Esta convicción levouno a defender o dereito á existencia e seguridade de Israel como unha cuestión moral para Europa e especialmente para Alemaña.

         A súa actitude ante a actual guerra de Oriente Próximo, tras os ataques de Hamás contra Israel en outubro de 2023, foi unha defensa do dereito de Israel a protexer á súa poboación fronte ao terrorismo. Pero ao mesmo tempo lembrou que mesmo nas guerras existen límites morais que non poden ser ignorados e que a protección da poboación civil constitúe unha esixencia fundamental do dereito internacional.  

A responsabilidade histórica e o dereito de Israel como Estado non debía impedir unha crítica racional das políticas concretas do goberno israelí cando estas entraban en conflito cos principios do dereito internacional ou cos valores democráticos. O compromiso con Israel debía situarse dentro dun marco máis amplo: o respecto universal aos dereitos humanos. Ante o Estado de Israel adoptou unha postura que tentaba combinar dous principios: a defensa do dereito de Israel a existir e protexer á súa poboación, e a esixencia de respectar os límites do dereito internacional e a protección dos civís. Un asunto que nestes momentos de guerra en Oriente próximo cobra indiscutible relevancia.  

Unha sociedade de conflitos

El non concibía os conflitos como choques irreconciliables de identidades, senón como problemas, que debían resolverse mediante procesos de negociación racional e normas xurídicas compartidas. Cando os mísiles son actualmente os medios de impoñer vontades entre culturas distintas e os drons responden a intereses entre recursos económicos diferentes, que importante sería seguir os consellos de Habermas reclamando a palabra como medio de solución; si, a palabra, que ademais é un recurso gratuíto e moito máis accesible a todos os contendentes nos conflitos.

Hoxe, o debate público degrádase en propaganda, as consignas substitúen aos argumentos e a emoción eclipsa á razón, por iso pensamos que a democracia empeza a baleirarse por dentro. Habermas cría firmemente nas palabras e nos argumentos cos que estes se constrúen, e consideraba que as ideas non son un adorno académico, senón un instrumento para soster a convivencia civilizada. Coa súa morte desaparece un dos últimos grandes filósofos europeos que creron seriamente na dignidade do debate público, na democracia e no papel da acción comunicativa.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”

Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”

Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”

Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”

Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”

Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”

Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------