Por Felipe-Senén
(Historiador da Cultura Galega)
É fácil que neste país que os antigos dicían do río Leteo nos deixemos arrastrar polas súas augas do esquecemento. Con Pepe Paz Rodriguez non debe pasar iso. El, que dende este extremo Occidente retomou camiños cara o máis enxebre Oriente e atou os dous cabos. Non facía nada novo, ben sabía o que filosofaba con teimosía Vicente Risco ao respecto, o que tan brillante pegada deixou na aura de Ourense e no galeguismo de “Nós”.

Pepe Paz, de sinxelo e ben acaído apelido, de tanta humildade, honestidade ou altruísmo . O seu sentir era pousón, contaxioso, alegre, cheo de positividade e esperanza. Fillo de pión camiñeiro, nacido un 12 de abril do 1948, na cerna das que foron medievais Terras de Orcellón, ricas en gandería, na parroquia de Santa María do Desterro da Corna , Piñor de Cea, provincia de Ourense. Lindeiros coas Terras do Deza, xa na provincia de Pontevedra. Bisbarra que tamén foi dos devanceiros paternos de Camilo Jose Cela, sitios nos que o escritor de Iria inspira a súa novela “ Mazurca para dos muertos”. De onde tomaron fardelo mozos para coller camiños da emigración, algúns cara á misión franciscana, como Juan Jacobo Fernández, mártir damasceno, agora nos vieiros da santidade, aínda que esperpetizado polo seu parente Cela en devandita novela e do que moito poderiamos dicir ao ter visitado, varias veces, os seus restos mortais no barrio de San Ananías da capital de Siria, onde Pablo caeu do cabalo.
Paisaxes e Piñor de Cea dende as que se avista a serra da Martiñá, sabendo que baixo dela está o mosteiro de Oseira. Aldea da Corna presidida pola lomba do monte da Madanela, con esa silueta mansa, de can deitado que diría otero Pedrayo, agora crucificada en muíños eólicos. Nun vértice da cima deste monte abrolla fonte cuberta por espesa carballeira. Sitio cristianizado con capela dedicada á íntima amiga de Cristo. Monte aberto en grandiosas minas de ouro de época romana, como as de Loureiro que deixan correr canles ao Arenteiro.
A formación básica de Pepe Paz será na escola da súa parroquia, onde, cedo lee a Tagore, “El naufraxio” regalo de Ana María Nóvoa Gil, que logo será a súa compañeira. A partires de 1963, ano no que morre Risco, pasará a estudar na entón flamante Escola de Maxisterio de Ourense. Rabindranath Tagore quedará moi prendido na raiceira de Pepe Paz, florecendo na árbore da súa formación .Tagore é escritor, educador, músico compositor, pintor, filósofo… ao que se lle concederá o Nobel de Literatura no 1913. Pepe Paz fura polos vieiros dese universo de humanismo hinduísta, de paz e igualdade, do que tanto gustaba o kármico Vicente Risco.
Paz, ourensán prendido nesa aura de luz e sombras de Vicente Risco e que caracterizou a Auria, Ourense. Ansioso de enxergar e peneirar saberes, lector e viaxeiro. No 1972. graduado en pedagoxía na universidade complutense, coa tese de licenciatura sobre a Ciudad de los Muchachos, ideada polo Padre Silva: “ Bemposta: forma Educativa personalizada”. Afondando na raíz galega orientalista, panteísta, céltica, priscilianista que tanto atraía a Risco para afianzar as orixes, a orixinalidade, os herdos indoeuropeos, célticos dos” bos e xenerosos” . Renovación na Galiza modernista da misión de igualdade e paz de Gandhi e sobre todo a través dos versos e do discurso de Tagore. Pepe Paz non soamente tece a súa tese doutoral sobre o poeta bengalí, senón que bebe do seu espírito e, ao longo da vida reúne, como ninguén o fixo, canto se ten escrito sobre o autor, máis de 30.000 títulos. Fronte a ofertas, como o da Casa da India de Valladolid, Paz desexaba que esta biblioteca quedase en Ourense. Consegue para acollela un piso do edificio das Galerías Roma , repartida entre a pequena casa da Corna , entre outras.
Unir o cabo do oriente co do occidente nunha misión de posta en valor da persoa
Entre o 1969 e o 2010 Paz será Director e logo vicedirector da Escola de Maxisterio de Ourense, docente da universidade de Vigo, na Facultade de Educación do Campus de Ourense, profesor titor de Pedagoxía e Didáctica na UNED de Pontevedra. Atento ao acontecer hindú aprende o idioma Bengalí e deixase imbuír do karma, do espírito, fronte ao campante ego do materialismo. Colaborador en aspectos de didáctica coa Visva-Bharati University. En canto a Galiza busca e une eses lóxicos vencellos históricos e culturais con Portugal, con universidades de Tras os Montes e o Minho, facultando encontros pedagóxicos . Impulsor das Xornadas do Ensino en Corcubión, as de Galiza Portugal (1976-2008), creador do Ourense Lúdico (1995-2011) con canto implicaba a pedagoxía do ocio, tan importante na educación. Lembrarei sempre os encontros en Ribeira da Penha co malogrado profesor da universidade de Coimbra, Francisco Botello, vinculado familiarmente e literariamente ás andanzas de Castelo Branco.
Paz ben entendía o que significaba o cine e o audiovisual, os que abrían camiños á actual revolución dos plasmas e o que as novas tecnoloxías supuñan para a pedagoxía. Así que, dende o seu retorno de Madrid, será secretario do Cineclube Padre Feijoo de Ourense, creado no 1970, referente que enchían de luz á una “Longa noite de pedra” prolongada.

Autor de numerosos artigos sobre Tagore, introducido na península por Risco, sen deixar a ética e estética na obra de Castelao, a ansia de informar para formar, o interese das tradicións e do xogo na educación. Docente imprescindible nas revista de pedagoxía , moitas das que creaba potenciaba, como Revista Padres y Maestros / Journal of Parents and Teachers, Agália, Revista de Pedagogía, Perspectiva escolar, Papeles de la India, A Nosa Terra, Boletim da Academia Galega da Lingua Portuguesa, The Visva-Bharati Quarterly: New Series, Leer, Raigame, O Ensino: revista galega de Soci -Pedagoxía e Sócio-Lingüística, Cadernos do Povo. Colaborador de La Región , de Nós Diario, de Portal Galego da Língua, El Correo Gallego, A Peneira, Semanário Minho, Faro de Vigo, Teima, Tempos Novos, Bisbarra… potenciando a parte gráfica, acudindo aos deseños do ourensán Perfeto Estevez…
Paz vai máis alá e pon os seus pes onde os puxo Tagore, vaise á India, ao Ganges, ao Golfo de Bengala, para, dende a súa xubilación no 2010, alternar a súa vida entre o piso ourensán da rúa Ervedelo, con tempadas, do outono á primavera, en Bengala. Colabora coa universidade de Visva-Bharati (“Sabiduría e Solidariedade Universal”) coas escolas infantís de Santiniketan (“Morada de paz”) fundadas por Tagore, as que axuda a rehabilitar e revitalizar, querido e chorado como si fora un santón. Entre aquela espesura vexetal fíxose cunha casiña esencial, con mais de aula escolar que de habitáculo, pintada coas cores da bandeira galega, espazos onde se afortalaba aquelo no que insistiu Risco, o espírito, a igualdade, a Paz, entender a cada persoa como un universo, único, aspiracións de Tagore e de Risco.
Moito temos falado de “orientarse” con Pepe Paz, brillábanlle os ollos, coloreaban as meixelas e arqueábase aquel sorriso inesquecible, farto, agasalleiro. A derradeira vez foi un 6 de outubro do 2020 por mor dunha conferencia miña en Ourense sobre Risco e o orientalismo.
Paz implicou nesa tarefa de renovación didáctica , con base no humanismo, na igualdade, na paz, na filosofía de Tagore, á súa muller e aos seus tres fillos, tamén docentes. Finado en Vigo un 23 de abril do 2021, celebración do santo cabaleiro que vence ao dragón, San Xurxo, prefiguración do céltico Rei Arturo e Día do Libro, a un tempo que a sombra do andazo do coronavirus cubría o mundo.
En pleno de 28 de maio de 2021 a Deputación de Ourense determina entregarlle á viúva de Paz , Ana María e fillos, Jorge, David e Nuria, a Medalla de Ouro da Provincia. Pepe Paz, pión capataz, empedrador de estrelas de Igualdade e Paz na Vía Galáctea que vencella a alborada co solpor. Desexamos que esas ansias e os libros de Paz queden e sigan a iluminar a Ourense.
______________________________________________________________________
—————————————————————————————————
Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”
Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”
Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”
Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”
Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”
Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes