Por Felipe-Senén
(Historiador da Cultura Galega)
Hai moito tempo que debera estar publicada e espallada unha biografía do poeta Rafael Melero, tan vencellado ao Carballiño, ao seu “locus amoenus” e onde pousan os seus restos mortais. Tal ausencia de datos motivounos a algo que consideramos prioritario, a súa difusión, a artigos como este, onde a razón e o corazón queren harmonizarse, cousas da poesía e que tanto compren a este tempo tan comercial e deshumanizado.

Cando falaba do Carballiño con aquel profesor e factotum da cultura galega que era Filgueira Valeverde, el sempre sacaba a relucir a calidade poética de Rafael Melero e as súas andanzas de mocidade por Pontevedra. Tamén nun magnífico artigo do amigo de Rafael Otero sobre Jaime Ferreiro Alemparte, o gran estudoso e tradutor de Rilke,o poeta checo en Alemán, tan influínte nos anos do Modernismo, refírese á fonda amizade que este, natural – dos de ida e volta- de Cabanelas, tiña con Rafael Melero: afecto nacido da coincidencia en andanzas de guerra polo fronte máis duro, o de Teruel… alí tamén se encontraron co singular arqueólogo coruñés Luis Monteagudo que sería director do Museo Arqueolóxico da Coruña, co que coincidín e me iniciei en aventuras e desventuras museolóxicas . Escoitando entón asociado ao Carballiño o nome de Rafael Melero como expoñente da mellor poesía dos anos da posguerra. Do mesmo xeito lle escoitei falar a Manuel Chamoso Lamas, veciños, ribeiraos dunha e outra beira do ribeiro do Arenteiro.

E ben que me alegraba saber de Rafael Melero pola fonda amizade coa familia, cos fillos, Sinforiano e coa lembrada María José, ambos os dous do meu tempo. Xa no 1970, cando comezaba a estudar Filosofía e Letras en Compostela o prestixioso departamento de Literatura Española, dirixido polo catedrático Moreno Baez trouxera a un encontro cos alumnos a Damaso Alonso, supervivinte da Xeración do 27, estudoso do galego nos lindeiros con Asturias e León, entón director da Real Academia Española, nas conversas saíu á luz a lembranza do amigo daquel, o malogrado e gran poeta Rafael Melero e que estivera no seu enterro no Carballiño. Nas conversas co poeta Manuel Maria e co pontevedrés Cuña Novás saia moi frecuentemente a loubanza dos poemas de Melero. Cousas así avaliaban a miña crenza na miña terra, na poesía e na amizade.
No 2023, despois dunha longa espera, o Instituto de Estudios Carballiñeses, tan acertadamente atento a rescatar e estudar páxinas esquecidas da historia carballiñesa tivo entre as súas prioridades, coa axuda do Concello, sacar á luz a “Poesía Inédita, Rafael Melero”, tan coidada como esperada edición, coordinada polo profesor carballiñés José Luis García Rodríguez, con biografía realizada por quen mellor a pode facer, por Sinforiano Rafael Melero Peña e Rafael Benito Melero González, con estudo crítico do catedrático compostelán de Lingua e Literatura Castelán Andrés Romarís País e prologada polo profesor de Filosofía e director do Instituto de Estudos Carballiñeses Avelino Muleiro, primeiras páxinas nas que sintetiza perfectamente esa aura ética e estética que escintila dos versos de Melero. Desexada obra, feita con amor e a ansia do deber e do querer cumpridos.

Polo que imos sabendo e xa intuíamos Rafael Melero foi persoa de exquisita sensibilidade existencialista, de entre os grandes poetas do amor, o amor como alicerce, coa normalidade e autenticidade de ser, entre un moi culto e fondo sentido filosófico en devalar metafísico, a busca entre o telúrico, entre a paisaxe e a paisanaxe, o que xurde desa ascese terreal cara ao divino, entre o paso da vida á morte. Humanista pois, polígrafo, articulista, debuxante, afeccionado á fotografía, pintor que busca a alma, anovador do misticismo tradicional hispánico, seguidor da onda de Juan de la Cruz, de tanta luz para tempos grises, os que Celso Emilio Ferreiro chamou a “Longa noite de pedra”.
Saber enxergar o espírito da paisaxe, do ser humano a través do amor: o humanismo
Rafael Melero Granja naceu un 21 de novembro do 1918 en Tomiño do Baixo Miño, terras moi activas nos anos da República, lembramos por alí a acción de Antón Alonso Rios…e conseguintemente a represión franquista. De familia acomodada, fillo primoxénito entre cinco irmáns dun funcionario do Banco de España e dunha tomiñesa. Neto de Sinforiano Melero Guerra, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, concelleiro da mesma cidade entre 1928 e 29. Sendo Pontevedra a vila de formación do rapaz. Eran aqueles anos na “boa vila” de fonda efervescencia cultural, a polifónica, o Museo, a presencia de Castelao, onde se formaban promesas de futuro para tempos convulsos como Sánchez Cantón, Filgueira, Alexandre de la Sota… o mesmo Chamoso case unha década maiores que Melero.

No 1934 a familia de Melero marcha para Palma de Mallorca por traslado do pai como oficial do Banco de España, dous fillos os acompañan, entre eles Rafael, o resto quedan en Tomiño cos avós. Pouco despois, no 1935 o proxenitor permuta praza como interventor en Ourense, onde Rafael remata o bacharelato. Era aquel un Ourense, Auria envolta na singular aura literaria da Xeración Nós. Abrindo a anos da guerra nos que entran en escena a estancia en Partovia, a inseparable amizade co erudito literario e posteriormente profesor en Francfot Jaime Ferreiro Alemparte e co sempre lembrado profesor “o Peta” Jose Antonio Rodriguez Domínguez.
Vida truncada en plena efervescencia creativa, deixando obra inédita, nove libros escritos ao longo dos anos cincuenta, os que agora, de xeito serodio, saen á luz, con esa calidade que os fai ser actuais, intemporais, clásicos.
Pasa a estudar Comercio en Vigo, actividade interrompida pola guerra e ser mobilizado pola Sanidade Militar da Coruña, coincidindo alí con Jaime Ferreiro, para logo ser destinado como sanitario a Daroca, logo ao duro fronte de Teruel… escribe cartas aos seus compañeiros, vive de preto a dor, a morte, a crueldade…. O lapiz, a navalla de afiar, o caderno “diario” serven para evadirse da furia, debuxar paisaxes e matinar. No 1938 recibe aviso da Universidade de Santiago para complementar os seus estudos e ser perito mercantil, Volve ao fronte, vive a crueldade da batalla do Ebro, sendo ferido no costado dereito…pasa ao fronte de Valencia, busca o xeito de zafarse da contenda, xunto con Ferreiro Alemparte, solicita en Granada un curso de Alferez, grado que non consigue polo nulo espírito militar. No 1939 pasa ás oficinas da Plana Mayor e finalmente a Ourense e novamente á Coruña, rematando os estudos, compatibilizando co Servizo Militar no cuartel ourensán de S. Francisco. Oposita ao Corpo Técnico do Banco de España en Madrid, tomando praza na sucursal de Cuenca. Enfermizo pasa ao hospital, onde se atopa cun seminarista veciño de Trasalba, o paul Manuel González Ruiz, amizade para o resto da vida. No 1944 consigue o traslado a Ourense, onde o seu pai era interventor…volven entón as visitas ao Carballiño, onde aquel mozo atractivo, afable, coñece a Josefa Peña Nogueira, Pepita, de familia moi coñecida, do serradoiro da Ponteveiga, casando o 5 de abril de 1945. No 1949, recen nacido o seu primeiro fillo pide traslado a Pontevedra, onde nacerá M. Xosé. Son anos de reencontro cos vellos amigos, cos pintores Pesqueira, Manuel Torres, Ramón González-Alegre… de fonda actividade literaria, colaborador en La Noche, no Diario de Pontevedra…
A finais de 1955, opositando a Secretario do Banco de España, pasando a Salamanca, cidade propensa ás súa colaboracións literarias e á beira dos máis grandes escritores do momento, artigos que mesmo cumpriría compilar.
Na súa querida Ponteveiga escribiría os poemarios Tarde roja” (1958) Voz en el Tiempo (1959) que será premio Marina 1958, presidía aquel xurado Risco… Alba del Viento (1959). E cando xa está na nómina dos grandes poetas da posguerra, escribe Furia de Raíces (1963).

A partires de 1962 a enfermidade ameaza a súa vida, despois de varias consultas médicas, sen perder a esperanza, retorna os espazos familiares e queridos do Carballiño. Escribe poemas, cartas…volve a Madrid a facer terapia experimental…retorna en ambulancia ao Carballiño e un día despois, o 21 de outubro de 1962 falece. O seu restos mortais repousan no panteón familiar de Señorín…o mundo da poesía púxose de loito en sentidas crónicas.
E velaí a sumar a aquela obra os poemas inéditos, que quedaron sobre a mesa…esperando pola man… e non sendo nunca tarde: Panta Rei/ Vigía de la noche/ Eternidad de la tarde/ Tactos profundos/ Cantos de Urencia/ Con la sangre en los labios… con esa aura de beleza, de ética e estética dun mozo poeta verdadeiro para tempos difíciles, tan necesario cando a cousificación e as liturxias se endomingan e sobrepoñen aos valores de espírito.
¡ Cuantos caminos hay en la exisencia /hasta quedarnos solos con el último,/río sin fuente”
______________________________________________________________________
—————————————————————————————————
Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: ” 11 de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “
Felipe Senén: “Pepe Paz, o pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “
Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”
Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”
Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”
Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”
Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”
Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes