Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


       Las ideas se tienen, pero en las creencias se está (Ortega e Gasset)

Ortega y Gasset explicou que a vida humana sostense sobre crenzas, que non deben entenderse como meras ideas, senón como a base profunda desde a que o individuo pensa e actúa. Mentres as ideas admiten a dúbida e a confrontación, as crenzas constitúen o chan firme desde o que se interpretan e orientan as nosas accións. No caso das relixións, o seu fundamento radica precisamente nas crenzas, que determinan e configuran os seus dogmas. Tales dogmas son inmutables e na súa maioría refírense a entes invisibles ou a estados imposibles de verificar empiricamente, de modo que a fe e a confianza vólvense principios esenciais para os crentes.   

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A confianza é unha crenza -créoche!-, unha especie de fe na persoa a quen se lle cre o que di. A palabra confianza provén do verbo latino “confidāre” ou “confidĕre”, que consta do prefixo “con-” e a raíz “fides”, que significa “fe” ou “fidelidade. Por tanto, etimoloxicamente, confianza significa ter “fe”, e iso implica crer ou ter seguridade absoluta respecto a alguén ou a algo. En moitas sociedades, a historia das crenzas relixiosas foi (e en varios lugares aínda é) unha maneira de pensar e un modo de vida.  

Desde unha perspectiva filosófica, a confianza non é só un acto psicolóxico e epistemolóxico, senón a condición ontolóxica que permite a manifestación auténtica das emocións. A confianza emerxe como condición sine qua non para que unha emoción poida ser demostrada e recoñecida autenticamente. Se non hai confianza, toda emoción vólvese sospeitosa, todo xesto emotivo perde peso e toda palabra afectiva se desintegra antes de chegar ao outro.

Para Kant, a confianza constitúe unha condición eticamente necesaria, pois a súa función é impedir que a expresión das emocións se reduza a unha paixón sen control, orientándoa en cambio cara a unha manifestación moralmente valiosa e só posible dentro de vínculos sustentados no respecto e a credibilidade.  

Sartre, pola súa banda, subliña a responsabilidade inherente ao acto de confiar. Depositar confianza noutro significa recoñecer e apostar pola súa liberdade, aceptando así a apertura que permite vivir e compartir emocións auténticas.

Nietzsche destaca a autoconfianza como forza impulsora da vontade de poder, pero advirte que as emocións -como o amor ou o rexeitamento- adquiren sentido unicamente na confirmación do outro: ser auténtico implica unha coraxe expresiva que se afirma e cobra sentido na mirada e a aceptación alleas.

Heidegger sostén que o comprender é o que abre o poder-ser de cada Dasein (ser humano), e só mediante un comprender mutuo, sustentado na confianza, as emocións poden abrirse plenamente e experimentarse como xenuínas.

A confianza como raíz da amizade

A amizade ten a súa raíz na confianza, ese xesto invisible pero decisivo que sostén toda relación humana. Sen ela, ningún lazo pode perdurar máis aló das aparencias ou do interese. Confiar implica abrirse ao outro, gozar a experiencia da reciprocidade, aínda sabendo que iso conleva o risco da decepción. Só nun ambiente de confianza se pode chorar, rir, confesar ou agradecer abertamente.  

A confianza, semellante a un acto de fe, non xorde de inmediato, senón que se vai tecendo aos poucos mediante a coherencia, a lealdade e a comprensión mutua que a resgardan da sospeita. Ocorre algo similar á fe relixiosa, onde a adhesión se fortalece gradualmente a través dun proceso de aprendizaxe e catequización.

Cando a desconfianza se instala nunha persoa, o diálogo arrefríase, a empatía desvanécese e a amizade vólvese unha forma baleira. Cultivar a confianza é, entón, preservar a amizade mesma. Ambas aliméntanse do respecto e sostéñense na verdade compartida. A auténtica amizade non busca a perfección, senón a sinceridade, é dicir, confiar en que, a pesar dos erros, hai alguén que nunca traizoará a certeza das nosas emocións nin a lealdade das nosas conviccións.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

A confianza queda excluída da ciencia, porque esta soamente recoñece a verificación ou falsación empíricas das súas propostas. O que non se pode demostrar empiricamente carece de valor científico. E iso explica o por que as relixións se sustentan na crenza, na fe, porque as súas propostas e principios son inverificables. En certo sentido, as nosas emocións funcionan de forma similar porque é imposible verificalas empiricamente. Quen pode demostrar de modo experimental ou material o amor que un sente por outra persoa ou o sufrimento que padece pola tortura dun animal? É imposible probar esas emocións por máis que se tente representalas con xemidos, con abrazos, con caras riseiras ou con xestos patógrafos.

Ningunha emoción nin sentimento pode sosterse sen confianza. A confianza non é só un vínculo previo, senón a condición mesma que fai posible que unha emoción se manifeste e sexa comprendida. Amar, odiar, temer, agradecer, empatizar… son actos que requiren un destinatario que crea na autenticidade de quen os expresa. A confianza é esa ponte invisible que converte o sentir das emocións nun significado real, verdadeiro e auténtico. Só cando confiamos en alguén podemos crer na súa alegría ou na súa dor, na súa tenrura ou no seu odio. Sen esa base, a emoción convértese en aparencia, nun teatro ou nunha parodia. Por iso, demostrar unha emoción non consiste unicamente en declarala, nin moito menos en demostrala racional ou empiricamente, porque é imposible, senón en ofrecer ao outro a seguridade de que non mentimos, de que detrás do sentimento emerxe a verdade.  

Non se pode amar sen confianza, nin odiar sen ela. Incluso o odio require que o outro crea que ese rexeitamento é sincero. A confianza outorga existencia veraz ao acto emocional, dálle consistencia. Alí onde se creba, as emocións baléiranse e tórnanse máscaras. Confiar, entón, non é só un acto racional, é fundamentalmente o chan sobre o que toda emoción atopa a súa expresión xenuína. Se non hai confianza, a expresión dunha emoción queda atrapada no baleiro. Non basta con declarar “ámote” ou “detéstote”, debido a que se o receptor dubida da veracidade de quen o di, esa emoción perde toda a súa capacidade comunicativa. Soamente cando hai confianza se pode establecer a certeza de que unha expresión afectiva non é unha simulación nin un artificio.  

Amar sen confianza é unha contradición, pois o amor é un acto que depende da credibilidade mutua. De igual maneira, o odio, para ser emocionalmente efectivo, require que o outro confíe na sinceridade dese rexeitamento.

Quen non confía non se atreve a mostrarse vulnerable, e quen non se mostra vulnerable renuncia a ser comprendido. Por iso, sen confianza, as emocións transfórmanse en máscaras defensivas, en xestos controlados que buscan protexer e non comunicar. En consecuencia, a confianza non é un mero atributo accesorio, senón a raíz mesma de toda manifestación emocional auténtica. É o medio polo cal o íntimo e o emocional fanse visibles e compartibles. Sen confianza, a emoción non se demostra, senón que se oculta, disólvese, redúcese a un simulacro.

A fidelidade

A fidelidade é unha actitude pola que unha persoa compromete os seus sentimentos, ideas ou obrigacións. A fidelidade consiste en cumprir as promesas feitas, manter a constancia, mesmo ante situacións adversas, e non traizoar ou enganar ao outro. Aplícase en diversas áreas, como nas relacións amorosas, amizades, compromisos sociais e relixiosos, reflectindo un cumprimento honesto e responsable do deber asumido. Ser fiel significa manter a palabra, non enganar nin traizoar á persoa coa que se estableceu unha relación.

A ruptura da fidelidade convértese en infidelidade, palabra frecuentemente aplicada a quen mantén relacións afectivas, emocionais ou sexuais con alguén distinto á parella coa que pactara manter en exclusiva tales relacións. A fidelidade, ou infidelidade, a diferenza da confianza emocional, é verificable. Así se fala da fidelidade/infidelidade matrimonial ou de parella, da fidelidade/infidelidade ideolóxica a un partido político, da fidelidade/infidelidade a unha relixión -os fieis- (e os infieis son os que rompen cunha relixión), en todos estes casos a fidelidade ou infidelidade sinala feitos empíricos de tal conduta. Sempre pode haber testemuñas dos descoidos e cómplices dos compromisos, pois existe unha referencia externa, unha palabra dada, un acordo formulado, que permite medir a coherencia entre o prometido e o realizado.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------